Turismo da Laracha

Cómo llegar Página web

Turismo da Laracha Información turística del Ayuntamiento de A Laracha. Información turística do Concello da Laracha

🌿O pasado sábado celebrouse a presentación do XV Outono en marcha que promove a .a.sendanova. 🚶Descubre todas as andaina...
13/10/2026

🌿O pasado sábado celebrouse a presentación do XV Outono en marcha que promove a .a.sendanova.

🚶Descubre todas as andainas das que podes desfrutar no cartel ou entrando na súa web.

⛪Polo noso municipio pasarán o día 18 de outubro ca andaina da Senda das Capelas.

13/10/2026
O pasado venres o Castro de Montes Claros foi noticia na televisión de Galicia, unha equipa veu ó castro para dar a coñe...
13/10/2026

O pasado venres o Castro de Montes Claros foi noticia na televisión de Galicia, unha equipa veu ó castro para dar a coñecer o avance das excavación que se están levando a cabo estos días.
Pódese ver a reportaxe no seguinte link: https://www.agalega.gal/videos/412891-galicia-noticias-09-10-2026
(dende o minuto 22:28 ó 24:53)
Se queres velo por ti mesmo recorda que comezamos as visitas da man da arqueóloga Puri Soto:
- 14 e 15 de outubro ás12 h: visita ás excavacións.
- 24 de outrubro ás 11 h: visita ó castro e ás excavacións (Prazas limitadas, preciso inscripción).

Castro de Montes Claros

08/10/2026
22/09/2026

O Castro de Montes Claros o lugar no que residiron os primeiros habitantes da Laracha. Un sitio cheo de lendas, pegadas do pasado e animaliños que nos coidan.

Como sempre, moitas grazas aos que participachedes neste programa!

21/09/2026

🎬 PROXECCIÓN DOCUMENTAL | "Ao son da nova regueifa" percorre Galicia para descubrir como a regueifa segue viva, evolucionando e atopando novas formas de expresión sen perder as súas raíces.

📍 Casa da Cultura da Laracha.
📅 Venres 25 de setembro.
🕣 20:30 h.
🎟️ Entrada libre e gratuíta.

A través das voces de regueifeiras e regueifeiros de diferentes xeracións e territorios, a peza achéganos á improvisación, á música e ás historias que rodean unha das expresións máis singulares da tradición oral galega.

Unha oportunidade para coñecer de preto unha tradición que segue creando, sorprendendo e conectando xeracións.

🤝🏼 A iniciativa faise en colaboración con Cultura da Deputación da Coruña dentro do seu programa "Outono das artes".

ℹ +info > https://aculturaeundereito.gal/cpt-evento/ao-son-da-nova-regueifa/

17/09/2026

A LARACHA NO TEMPO⌛️

🌊A historia de Caión hai que contala e da para moito! Unha vila chea de segredos que descubrimos de vagar, lendo entre as pedras cheas de salitre e as historias dos seus habitantes.🐳

De novo, moitas grazas aos participantes por acudir. Quedan as últimas datas:

O 18 de setembro:visita ao Castro, ás 18h❕
O 19 de setembro, ás 12h no Museo de Golmar❕

17/09/2026

⏳ A LARACHA NO TEMPO | Prazas dispoñibles nas últimas dúas citas do programa:

▶ Venres ás 18:00 h: "Os primeiros habitantes da Laracha", visita guiada polo Castro de Montes Claros.
▶ Sábado ás 12:00 h: "O legado dos muíños", visita guiada polo Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

✍🏼 Inscrición gratuíta en 📧[email protected] ou 📞647828510.

Pensades que coñecedes Caión... pero seguramente descoñezcades gran parte da súa interesante historia. Achegádevos mañá ...
11/09/2026

Pensades que coñecedes Caión... pero seguramente descoñezcades gran parte da súa interesante historia. Achegádevos mañá para a que será a última visita da tempada a Vila.

⏳ A LARACHA NO TEMPO | Prazas dispoñibles para "Caión, o nacemento dunha vila baleeira", unha visita guiada pola vila que realizaremos este sábado desde as 12:00 h.

✍🏼 Inscrición gratuíta en 📧[email protected], 📞647828510 ou cubrindo este formulario > https://forms.gle/hyyRYxofcCaW4CvU6

10/09/2026

A LARACHA NO TEMPO⌛️

Qué día o do pasado sábado! Baixo a carballeira de Santa Margarida de Montemaior historia, tradicións e devocións cobraron vida, e tras lavar os nosos males na fonte santa, as ganas de seguir aprendendo sobre o noso patrimonio medraron ainda máis.

Moitas grazas a todos os asistentes por participar e por compartir con nos as distintas tradicións que poblan a gran parroquia de Montemaior.🌾

Non te perdas o roteiro pola Vila de Caión deste sábado 12 de setembro para seguir descubrindo a nosa historia❕

Dirección

Avenida Laracha, Nº 5, Caión
Laracha
15145

Horario de apertura

Lunes 15:30 - 18:00
Martes 09:00 - 14:00
15:30 - 18:00
Miércoles 09:00 - 14:00
15:30 - 18:00
Jueves 09:00 - 14:00
15:30 - 18:00
Viernes 09:00 - 14:00
15:30 - 18:00
Sábado 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Turismo da Laracha publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir