Concello da Laracha

Llamar Cómo llegar Página web

Concello da Laracha Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Concello da Laracha, Ayuntamiento, Praza do Concello, s/n, A Laracha.

🌳 A Laracha acolleu unha xornada técnica sobre silvicultura de cuberta continua organizada pola Consellería do Medio Rur...
08/10/2026

🌳 A Laracha acolleu unha xornada técnica sobre silvicultura de cuberta continua organizada pola Consellería do Medio Rural.

Profesionais vinculados á xestión forestal procedentes de diferentes puntos de Galicia participaron nesta xornada divulgativa, centrada na transformación de piñeirais afectados polas enfermidades das bandas en masas mixtas con frondosas autóctonas.

A actividade desenvolveuse en dúas partes: unha primeira sesión teórica na Casa da Cultura, na que se abordaron diferentes aspectos da xestión e transformación das masas forestais, e unha parte práctica no Monte Carboeiro, onde os participantes puideron trasladar os coñecementos ao propio terreo.

Desde o Concello agradecemos á Consellería do Medio Rural que escollese A Laracha para acoller esta xornada e valoramos especialmente a oportunidade de reunir aquí profesionais de toda Galicia e de poñer en valor o noso patrimonio forestal como espazo para o coñecemento, a formación e o intercambio de experiencias

🌿 Desde mañá e durante toda a fin de semana o Festival Internacional de Títeres de Vilaño (FITVI) encherá a parroquia de...
08/10/2026

🌿 Desde mañá e durante toda a fin de semana o Festival Internacional de Títeres de Vilaño (FITVI) encherá a parroquia de espectáculos e actividades para todos os públicos.

🙌🏼 Consulta nas imaxes a programación organizada por Adro de Vilaño.

🏺ESCAVACIÓN NO CASTRO DE MONTES CLAROS | En marcha a sétima intervención arqueolóxica. O alcalde, José Manuel López Vare...
07/10/2026

🏺ESCAVACIÓN NO CASTRO DE MONTES CLAROS | En marcha a sétima intervención arqueolóxica. O alcalde, José Manuel López Varela, e as concelleiras Patricia Bello e Rocío López, visitaron hoxe os traballos e reuníronse coa directora do proxecto, Puri Soto, e co equipo de arqueólogas.

🔎 Nesta ocasión a escavación trasládase á croa do Castro de Montes Claros, onde se investigará a posible torre grande asociada á muralla e o sistema de acceso ao recinto principal. Tamén se continuará estudando o camiño empedrado que conduce ata a parte superior do asentamento.

💶 A campaña conta cun orzamento de 20.000 euros financiados integramente pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, aos que se suman outros 5.500 euros asumidos polo Concello para a redacción do proxecto e a dirección dos traballos.

👣 COÑECE A ESCAVACIÓN DE PRETO | Este é o programa de visitas para todos os públicos que realizará o Concello:

📅 Mércores 14 e xoves 15 de outubro ás 12:00 h: visitas á escavación. Non se require inscrición.

📅 Sábado 24 de outubro ás 11:00 h: visita guiada polo castro e as escavacións da man de Puri Soto. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta en [email protected] ou no 676963062.

🤖 LABORATORIO DE INNOVACIÓN XUVENIL | Está é unha das novidades da programación municipal de actividades para este curso...
07/10/2026

🤖 LABORATORIO DE INNOVACIÓN XUVENIL | Está é unha das novidades da programación municipal de actividades para este curso.

▶ Un espazo dirixido a mozos de 12 a 18 anos de idade para crear, experimentar e converter ideas en proxectos reais.

✅ Desliza as imaxes para ampliar información. Inscrición na web municipal de actividades (link na bio).

🍁📚 OUTONO DE CONTOS | A cita de mañá é "Contos con miga", unha sesión de narración oral e música a cargo de Migallas Tea...
06/10/2026

🍁📚 OUTONO DE CONTOS | A cita de mañá é "Contos con miga", unha sesión de narración oral e música a cargo de Migallas Teatro. A través dos contos e das cancións, aborda cuestións próximas aos máis pequenos como a solidariedade, o consumismo, os xogos e a lingua.

🗓 Mañá mércores | 18:00 h.
📍 Biblioteca de Caión.
🎟 Entrada libre e gratuíta.
👧🏻 Actividade dirixida a maiores de 4 anos.

🤝🏼 Organiza o Concello coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

O alcalde, José Manuel López Varela, en calidade de presidente da CMAT, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío Ló...
06/10/2026

O alcalde, José Manuel López Varela, en calidade de presidente da CMAT, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, participaron onte en Muxía nun taller transnacional sobre papel do axente de desenvolvemento local no territorio.

🔑 TI TES A CHAVE | O Concello desenvolverá durante este mes unha nova campaña informativa e de sensibilización sobre o e...
05/10/2026

🔑 TI TES A CHAVE | O Concello desenvolverá durante este mes unha nova campaña informativa e de sensibilización sobre o emprego do contedor marrón de orgánicos.

🟤 No posto informativo poderás aclarar dúbidas e darte de alta no sistema, recibindo a chave para abrir os contedores (implantados na Laracha, Paiosaco, Caión e urbanización Monte Claro), un cubo ventilado e bolsas compostables.

Estará a túa disposición nestas datas, horarios e localizacións:

📍 Mañá martes: Praza do Concello (10:30 a 13:30 h e 15:30 a 18:30 h).
📍 13 de outubro: Praza O Recreo da Laracha (15:30 a 18:30 h).
📍 20 de outubro: Campo da Feira de Paiosaco (15:30 a 18:30 h).
📍 27 de outubro: Praza Eduardo Vila Fano de Caión (10:30 a 13:30 h e 15:30 a 18:30 h).

♻🚛 PUNTO LIMPO MÓBIL | Desde esta tarde e ata o próximo luns estará en Golmar, no acceso ao Museo dos Muíños.
05/10/2026

♻🚛 PUNTO LIMPO MÓBIL | Desde esta tarde e ata o próximo luns estará en Golmar, no acceso ao Museo dos Muíños.

👩🏻‍⚕️ XORNADAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE | O Concello organiza a 4ª edición deste programa co obxectivo de transmitir á pobo...
03/10/2026

👩🏻‍⚕️ XORNADAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE | O Concello organiza a 4ª edición deste programa co obxectivo de transmitir á poboación coñecementos prácticos sobre saúde.

3️⃣ Sesións relacionadas coa menopausa e premenopausa, novidades en incapacidade temporal e permanente e primeiros auxilios.

✅ Acceso libre e sen necesidade de inscrición previa.

🏫 Unha nova contorna para o CEIP Otero PedrayoO luns ás 14:00 horas rematará o prazo de presentación de ofertas na licit...
02/10/2026

🏫 Unha nova contorna para o CEIP Otero Pedrayo

O luns ás 14:00 horas rematará o prazo de presentación de ofertas na licitación da execución do proxecto de humanización e dotación de infraestruturas na contorna do CEIP Otero Pedrayo. Cun orzamento de 411.000 euros, o proxecto permitirá:

🚌 Crear un novo acceso e aparcamento para autobuses escolares e vehículos particulares.
🚶 Mellorar os itinerarios peonís e a accesibilidade.
🌳 Incorporar unha nova área verde e espazos de uso público.
💡 Renovar o alumeado e mellorar a rede de pluviais.
🚲 Dotar a zona de espazos para bicicletas e motos, ademais de mobiliario urbano.

A actuación permitirá configurar unha contorna máis segura, accesible e funcional para o alumnado, as familias e o persoal do principal colexio do termo municipal.

📄 Toda a documentación da licitación está dispoñible na plataforma Contratos Públicos de Galicia (CPG).

Dirección

Praza Do Concello, S/n
Laracha
15145

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Teléfono

+34981605001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello da Laracha publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría