Cofradía de Pescadores de Laxe

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Cofradía de Pescadores de Laxe Xestión, administración e asesoramento de empresas pesqueiras

Fresco, fresco do día 🎣Da nosa frota de baixura á lonxa. As capturas que se descargan a diario no porto de Laxe son as p...
19/10/2026

Fresco, fresco do día 🎣

Da nosa frota de baixura á lonxa. As capturas que se descargan a diario no porto de Laxe son as protagonistas da subasta ás 17h. Máis fresco, imposible 🌊

—

Fresco, fresco del día 🎣

De nuestra flota de bajura a la lonja. Las capturas que se descargan a diario en el puerto de Laxe son las protagonistas de la subasta a las 17h. Más fresco, imposible 🌊

Hoxe a nosa lonxa volveu encherse de actividade para a subasta do peixe do día 🎣Os compradores levaron xulianas, rodabal...
05/10/2026

Hoxe a nosa lonxa volveu encherse de actividade para a subasta do peixe do día 🎣

Os compradores levaron xulianas, rodaballos, San Martiños, raias e mesmo algún lumbrigante ben xeitoso 🦞

A partir do luns 5 de outubro, a lonxa de Laxe retoma a subasta diaria, que celebraremos como é habitual de luns a venre...
02/10/2026

A partir do luns 5 de outubro, a lonxa de Laxe retoma a subasta diaria, que celebraremos como é habitual de luns a venres ás 17:00h.

Vémonos na lonxa coas capturas do día! 🎣

01/10/2026

Hoxe puxemos o punto final á nosa campaña de promoción do peixe e marisco da lonxa de Laxe cun showcooking moi especial no Parador Costa da Morte.

Miguel Mosteiro e Adrián Mayo puxeron en valor a versatilidade do produto da nosa lonxa a través de catro elaboracións protagonizadas polo longueirón, a merluza, a sardiña e a maragota.

Un encontro para descubrir novas formas de preparar e g***r do noso produto, pero tamén para falar da importancia de achegar o peixe ás novas xeracións, derrubar prexuízos e seguir dando visibilidade ao traballo da pesca artesanal e das pequeñas lonxas.

Grazas a todas as persoas que nos acompañastes ao longo desta campaña e ao GALP Costa da Morte polo seu apoio 💙

🐟 Chega a hora de pechar unha gran campaña!Dende Santiago de Compostela ata Vimianzo e A Coruña, o mellor peixe e marisc...
29/09/2026

🐟 Chega a hora de pechar unha gran campaña!

Dende Santiago de Compostela ata Vimianzo e A Coruña, o mellor peixe e marisco da nosa lonxa conquistou padales por toda a provincia 💙

Agora tócanos pechar por todo o alto. Este xoves celebraremos o acto de clausura desta campaña no Parador Costa da Morte, cun showcooking a cargo de Miguel Mosteiro e do xefe de cociña do parador, Adrián Mayo 👨‍🍳👨‍🍳

Grazas a todos os que nos acompañastes nesta viaxe polo sabor da lonxa de Laxe 🌊

18/09/2026

A nosa degustación de onte en Carballo, protagonista no Telexornal.

Apostando sempre polo produto fresco e de tempada, o peixe da lonxa de Laxe preséntase como unha excelente opción para os menús de outono 🐟🍂

🐟 Este xoves, o peixe de Laxe chega a Carballo!Aproveitando o día de mercado, ven g***r dunha degustación gratuíta de ta...
15/09/2026

🐟 Este xoves, o peixe de Laxe chega a Carballo!

Aproveitando o día de mercado, ven g***r dunha degustación gratuíta de tapas elaboradas con peixe da nosa lonxa, procedente da pesca costeira artesanal 🌊

📅 Xoves 17 de setembro
🕐 12:00h
📍 Praza do Concello, Carballo

Non faltes a esta nova parada da nosa campaña de promoción do peixe de Laxe!

☝️ Esta actividade está organizada pola Confraría de Pescadores de Laxe, co apoio do GALP Costa da Morte e da Concellería de Feiras e Mercados de Carballo.

30/08/2026

Os peixes e mariscos de Laxe degustáronse esta mañá de balde na Praza de Abastos de Noia en tres elaboracións distintas:

🔹Empanada de millo de peixe azul
🔹Sardiña soasada con crema de coliflor, allada e pan especiado
🔹Taco de longueirón con cebola e verduriñas encurtidas, salsa de tomatillo verde e aceite de herbas

Unha oportunidade perfecta para g***r da calidade dos produtos da nosa lonxa, procedentes da pesca costeira artesanal 🎣🌊

O peixe de Laxe chega a Noia! 🐟🧑‍🍳Este domingo, 30 de agosto, ofreceremos unha degustación gratuíta de peixe de Laxe na ...
26/08/2026

O peixe de Laxe chega a Noia! 🐟🧑‍🍳

Este domingo, 30 de agosto, ofreceremos unha degustación gratuíta de peixe de Laxe na Praza de Abastos de Noia 🙌

Miguel Mosteiro será o encargado de elaborar e servir os petiscos de balde que poderedes g***r nun dos postos do mercado. A oportunidade perfecta para saborear os produtos procedentes da nosa pesca costeira artesanal 🎣

📍 Praza de Abastos de Noia
🗓️ Domingo 30, dende as 12h
💙 Organiza: Cofradía de Pescadores de Laxe co apoio do GALP Costa da Morte e a colaboración do Concello de Noia.

Dirección

Paseo Portuario, 6, 1º
Laxe
15117

Teléfono

+34981728100

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cofradía de Pescadores de Laxe publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Cofradía de Pescadores de Laxe:

Atajos

Compartir