Concello de Lousame

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Lousame Páxina oficial do Concello de Lousame

𝗧𝗥𝗔𝗜𝗟 𝗟𝗢𝗨𝗦𝗔𝗠𝗘 𝟮𝟬𝟮𝟲: 𝗠𝗔𝗥𝗔𝗧𝗢́𝗡⁣🏃 O Concello de Lousame presenta un multievento deportivo que terá lugar en decembro e que ...
10/10/2026

𝗧𝗥𝗔𝗜𝗟 𝗟𝗢𝗨𝗦𝗔𝗠𝗘 𝟮𝟬𝟮𝟲: 𝗠𝗔𝗥𝗔𝗧𝗢́𝗡⁣
🏃 O Concello de Lousame presenta un multievento deportivo que terá lugar en decembro e que inclúe , e de Lousame, que este ano incorpora o 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗶𝗼𝗻𝗮𝘁𝗼 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗧𝗿𝗮𝗶𝗹𝗿𝘂𝗻𝗻𝗶𝗻𝗴 𝗠𝗮𝗿𝗮𝘁𝗼́𝗻, 44 km e un desnivel positivo de 2.075 m.
📲 Inscricións en Carreiras Galegas
🗣️ O multievento foi presentado polo alcalde, Esteban Ares Garcia; Julio Torreira López, xefe do Servizo Provincial de Deportes en A Coruña da Xunta de Galicia; Iván Sangiao, vicepresidente da Federación Galega Atletismo; as concelleiras de Deportes e Cultura, Mariel Agrafojo Nieto e Silvia Agrafojo Filgueira; a campioa de España de Trail Running Maratón, María Martínez, como madriña da proba; e o técnico de Deportes, German Romero Iglesias.
👉 Esteban Ares destaca que "Lousame vai ser o epicentro do deporte a nivel autonómico" e que a súa organización "supón un esforzo enorme, non só económico senón tamén de recursos humanos. Pero podemos facelo grazas ao esforzo e traballo de todos os departamentos municipais e ao apoio de Protección Civil, á Rede de Voluntariado e aos patrocinadores".
👉 Julio Torreiro destacou que Lousame "aposta polo territorio e por promover os recursos locais", mentres Ivan Sangiao confirmou que "o circuíto xa está preparado para que, quen queira, poida vir adestrar". Un percorrido que "van disfrutar moito, pois pasa por lugares moi fermosos e iso sempre é un plus", apuntou María Martínez.
🗓 Toma nota:
✅ Sábado 12. 𝗣𝗲𝗾𝘂𝗲𝘁𝗿𝗮𝗶𝗹.
✅ Domingo 13. 𝗔𝗻𝗱𝗮𝗶𝗻𝗮 𝗲 𝗕𝗲𝗹𝗲́𝗻 𝗱𝗲 𝗖𝘂𝗺𝗲𝘀. 14 km.
✅ Domingo 27. 𝗧𝗿𝗮𝗶𝗹 𝗟𝗼𝘂𝘀𝗮𝗺𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟲. 300 prazas en cada modalidade.
🕖 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗶𝗼𝗻𝗮𝘁𝗼 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗧𝗿𝗮𝗶𝗹𝗿𝘂𝗻𝗻𝗶𝗻𝗴 𝗠𝗮𝗿𝗮𝘁𝗼́𝗻. Ademais dos 25 km do Trail Longo, subirán ao Monte Culou, percorrerán o Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia, fervenzas de Toxosoutos, monte Muralla...
🕘 Trail Longo: 25 km, 1.150 m de desnivel.
🕙 Trail Curto: 14 km, 540 m de desnivel.
📲 Inscricións próximamente en: https://www.carreirasgalegas.com/events/campionato-xunta-de-galicia-trail-maratn-lousame-2026/2jWnX196

𝗖𝗜𝗠 𝗠𝗢́𝗕𝗜𝗟 𝗘𝗡 𝗟𝗢𝗨𝗦𝗔𝗠𝗘⁣💜 Unha CIM Móbil da Xunta de Galicia visitou por segunda vez   para desenvolver labores de informa...
10/10/2026

𝗖𝗜𝗠 𝗠𝗢́𝗕𝗜𝗟 𝗘𝗡 𝗟𝗢𝗨𝗦𝗔𝗠𝗘⁣
💜 Unha CIM Móbil da Xunta de Galicia visitou por segunda vez para desenvolver labores de información e sensibilización entre as mulleres que viven no rural e en municipios que non contan cun Centro de Información á Muller.
🟣 A delegada da Xunta na Coruña, Belén Do Campo Piñeiro , e o alcalde do Concello de Lousame, Esteban Ares Garcia, reuníronse coa traballadora social e a psicóloga responsables desta CIM móbil para coñecer de primeira man os recursos e a atención que ofrece ás mulleres. Un acto no que estiveron acompañados polas concelleiras de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo Filgueira, e Deportes, Mariel Agrafojo Nieto, e o concelleiro de Relacións Veciñais, Jose Antonio Ces Barreiro, así como técnicas dos Servizos Sociais Municipais.
🗣️ O alcalde agradeceu a colaboración da Xunta por facilitar o acceso das mulleres que viven no rural a estes recursos, así como os labores de información e concienciacion sobre violencia de xénero que se levan a cabo.

𝗥𝗲𝘂𝗻𝗶𝗼́𝗻 𝗻𝗼 𝗖𝗹𝘂𝗯 𝗱𝗲 𝗫𝘂𝗯𝗶𝗹𝗮𝗱𝗼𝘀🗣 O Equipo de Goberno do Concello de Lousame , encabezado por Esteban Ares Garcia, reuniras...
09/10/2026

𝗥𝗲𝘂𝗻𝗶𝗼́𝗻 𝗻𝗼 𝗖𝗹𝘂𝗯 𝗱𝗲 𝗫𝘂𝗯𝗶𝗹𝗮𝗱𝗼𝘀
🗣 O Equipo de Goberno do Concello de Lousame , encabezado por Esteban Ares Garcia, reunirase este domingo 11 de outubro, ás seis da tarde, coas persoas do Club de Xubilados de Lousame.
👂 Un encontro para escoitar as súas propostas e inquedanzas, ademais de falar dos servizos e actividades que o Concello ofrece aos nosos maiores.
👉 Vémonos no local do club en ❗️

𝗤𝘂𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮𝗿𝗻𝗼𝘀 𝗮 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗩𝗜𝗟𝗔𝗖𝗢𝗕𝗔 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿❓🎤 Tanto se queres contarnos as túas ideas e propostas para a parroquia com...
09/10/2026

𝗤𝘂𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮𝗿𝗻𝗼𝘀 𝗮 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗩𝗜𝗟𝗔𝗖𝗢𝗕𝗔 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿❓
🎤 Tanto se queres contarnos as túas ideas e propostas para a parroquia como se desexas coñecer os proxectos do Concello de Lousame , lembra que o Equipo de Goberno liderado polo alcalde Esteban Ares Garcia estará hoxe venres, a partir das oito da tarde, no local social de Vilacoba. Agardámoste ‼️
👂𝗟𝗼𝘂𝘀𝗮𝗺𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗿𝗼𝗾𝘂𝗶𝗮 𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗿𝗼𝗾𝘂𝗶𝗮 🗣

𝗖𝗜𝗠 𝗠𝗢́𝗕𝗜𝗟 𝗘𝗡 𝗟𝗢𝗨𝗦𝗔𝗠𝗘💜 Lembramos que unha unidade móbil do Centro de Información á Muller da Xunta de Galicia  visitará ...
08/10/2026

𝗖𝗜𝗠 𝗠𝗢́𝗕𝗜𝗟 𝗘𝗡 𝗟𝗢𝗨𝗦𝗔𝗠𝗘
💜 Lembramos que unha unidade móbil do Centro de Información á Muller da Xunta de Galicia visitará mañá venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
🚌 O bus estará emprazado diante do Concello de Lousame para atender, asesorar e acompañar a mulleres. Nel atoparás información sobre recursos dispoñibles, resolver dúbidas, coñecer as vías de apoio existentes, asesoramento xurídico... Todo de forma .

𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗥𝗼𝗾𝘂𝗶ñ𝗼🎉 Lembramos que mañá venres 9 de outubro hai festa en   ( ), pola xornada aprazada polo mal tempo. C...
08/10/2026

𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗥𝗼𝗾𝘂𝗶ñ𝗼
🎉 Lembramos que mañá venres 9 de outubro hai festa en ( ), pola xornada aprazada polo mal tempo. Celebración da Purísima Concepción coas orquestras Orquesta Gran Parada 2023 e Suavecito Orquesta Y Coros
👉 Organiza Comisión de Festas Sanroquiño - Lousame. Colabora: Concello de Lousame.

𝗖𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼 𝗫𝘂𝗿𝗲𝗹𝗼👅 O Concello de Lousame e a Deputación da Coruña / Cultura da Deputación da Coruña propóñenche unha acti...
07/10/2026

𝗖𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼 𝗫𝘂𝗿𝗲𝗹𝗼
👅 O Concello de Lousame e a Deputación da Coruña / Cultura da Deputación da Coruña propóñenche unha actividade para poñer en valor a nosa lingua.
👨‍🍳 Para iso imos mesturar narración, ilustración, música e un pequeno obradoiro de debuxo: "Mario pensaba que o galego non servía para nada".
📌 Será este venres 9 de outubro, a partir das seis da tarde, na Casa da Cultura de
👉 A actuación chega da man do Colectivo Xurelo, con Quique Mauricio como narrador e Tania Solla como ilustradora.

𝗟𝗼𝘂𝘀𝗮𝗺𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗿𝗼𝗾𝘂𝗶𝗮 𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗿𝗼𝗾𝘂𝗶𝗮: 𝗩𝗜𝗟𝗔𝗖𝗢𝗕𝗔👂 Despois da gran experiencia vivida en   (e aproveitamos para agradecerlles tant...
06/10/2026

𝗟𝗼𝘂𝘀𝗮𝗺𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗿𝗼𝗾𝘂𝗶𝗮 𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗿𝗼𝗾𝘂𝗶𝗮: 𝗩𝗜𝗟𝗔𝗖𝗢𝗕𝗔
👂 Despois da gran experiencia vivida en (e aproveitamos para agradecerlles tanto a súa asistencia como as súas interesantes suxestións), o programa 𝗟𝗼𝘂𝘀𝗮𝗺𝗲, 𝗽𝗮𝗿𝗿𝗼𝗾𝘂𝗶𝗮 𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗿𝗼𝗾𝘂𝗶𝗮 continúa o seu periplo polo municipio.
📌 Próxima cita: 𝗩𝗜𝗟𝗔𝗖𝗢𝗕𝗔 este 𝘃𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 𝟵 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼, 𝗮́𝘀 𝟮𝟬:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀 no local social.
🗣 O equipo de Goberno de Lousame, encabezado polo alcalde Esteban Ares Garcia, presentará os proxectos para a parroquia e escoitará as peticións e achegas dos veciños e veciñas. Agardámoste‼️

𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢🎭 O alcalde Esteban Ares Garcia vén de presentar a programación cultural do Concello de Lousame p...
02/10/2026

𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢
🎭 O alcalde Esteban Ares Garcia vén de presentar a programación cultural do Concello de Lousame para este mes de outubro, acompañado pola escritora Lorena Neu Louro e por María Belsol, coordinadora da Cruz Roja en Noia.
🎭 Desfruta de ata sete actividades diferentes e para todos os gustos. Salvo o , todas elas terán lugar na Casa da Cultura e serán de acceso libre e de balde, contando co apoio da Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña
📖 O venres 23, ás 20:30 horas, Lorena Louro presentará e firmará exemplares do seu libro "Una nueva vida", que pese ao título "non é unha autobiografía" senón unha forma de afrontar "uns momentos difíciles nos que toquei fondo, nos que necesitaba saír da miña vida e da miña realidade". Porque para Lorena, escribir "é unha forma de sentirme útil e importante".
🌰👻 E o sábado 31 de outubro, de 17:00 a 20:00 horas, a cita é no polideportivo municipal cunha "divertida fusión do e do Samaín", apunta o noso alcalde: o Magosto Meigo❗Toma nota porque teremos: inchables, xogos tradicionais, obradoiros, pintacaras de , degustación de e , e a música de Ó Son do Pote Grupo Tradicional e Canlebó de Camboño
🧴🧼 Para participar só tes que achegar material de hixiene e limpeza para a Cruz Vermella de e anotarte en: https://bandoticket.com/es/events/magosto-meigo

𝗟𝗢𝗨𝗦𝗔𝗠𝗘 𝗣𝗔𝗥𝗥𝗢𝗤𝗨𝗜𝗔 𝗔 𝗣𝗔𝗥𝗥𝗢𝗤𝗨𝗜𝗔: 𝗦𝗔𝗡 𝗫𝗨𝗦𝗧𝗢👉 Lembramos que hoxe os veciños e veciñas de           e   tendes unha cita ás 1...
02/10/2026

𝗟𝗢𝗨𝗦𝗔𝗠𝗘 𝗣𝗔𝗥𝗥𝗢𝗤𝗨𝗜𝗔 𝗔 𝗣𝗔𝗥𝗥𝗢𝗤𝗨𝗜𝗔: 𝗦𝗔𝗡 𝗫𝗨𝗦𝗧𝗢
👉 Lembramos que hoxe os veciños e veciñas de e tendes unha cita ás 19:30 horas no local social de San Xusto cunha nova edición de Lousame parroquia a parroquia.
🗣️ O Equipo de Goberno do Concello de Lousame, encabezado por Esteban Ares Garcia, compartirá as próximas actuacións que se van levar a cabo na zona e escoitará as propostas e peticións dos veciños e veciñas da parroquia. Agardámoste❗️

Dirección

Praza Teodomiro Hidalgo
Lousame
15214

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Lousame publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Lousame:

Atajos

Compartir

Categoría