Teitos de Piornedo

Cómo llegar

Teitos de Piornedo Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Teitos de Piornedo, Lugar destacado e histórico, Piornedo, Lugo.

Unha nova experiencia, se non ves nona podes contar.🌿🏡 **PIORNEDO, MEMORIA VIVA DOS ANCARES** 🎹O vindeiro **14 de novemb...
21/10/2026

Unha nova experiencia, se non ves nona podes contar.

🌿🏡 **PIORNEDO, MEMORIA VIVA DOS ANCARES** 🎹

O vindeiro **14 de novembro** agardámosvos en Piornedo para compartir unha xornada moi especial na que a cultura, a música e o patrimonio se dan a man. 💚

🕖 **Ás 17:00 h — Visita a Piornedo**
Coñeceremos a historia do pobo, as súas pallozas e a forma de vida tradicional que forma parte da nosa identidade.

🎹 **Ás 20:00 h — Polavila con concerto de piano clásico**
Un encontro arredor da música, da cultura e da comunidade.

🧀🍷 **Cata de produtos dos Ancares**
Gozaremos dos sabores da nosa terra para completar esta experiencia cultural.

💚 **A música tamén constrúe patrimonio.**

Esta iniciativa, organizada conxuntamente por **Sons na Palleira e Teitos de Piornedo**, nace do compromiso compartido coa cultura e coa conservación do noso patrimonio.

**Unha parte da recadación destinarase a colaborar cos traballos de conservación e teitado das pallozas de Piornedo**, contribuíndo a manter vivo este legado único dos Ancares para as vindeiras xeracións. 🌾🏡

Porque conservar as pallozas é conservar a nosa historia, a nosa identidade e a memoria viva da nosa terra.

✨ **Vén compartir connosco a nosa cultura e axúdanos a manter vivo o noso patrimonio!**

📍 Piornedo
📅 14 de novembro
🕖 17:00 h — Visita a Piornedo
🎶 20:00 h — Polavila con concerto de piano clásico

**Organizan:** Sons na Palleira e Teitos de Piornedo.

O 31 de outubre temos nova polavila, desta vez contamos cos amigos de TRìADe....
06/10/2026

O 31 de outubre temos nova polavila, desta vez contamos cos amigos de TRìADe....

30/09/2026

O domingo 4 de outubro non temos ruta, porque temos en Piornedo unha super xornada micolóxica, cun profesor de Luxo, Julián Alonso. Veña anotádevos que ainda queda algunha praza

🌾 MALLEGA EN PIORNEDO 🌾Os días 5 e 6 de setembro volvemos celebrar a Mallega de Piornedo, unha fin de semana para recupe...
30/08/2026

🌾 MALLEGA EN PIORNEDO 🌾

Os días 5 e 6 de setembro volvemos celebrar a Mallega de Piornedo, unha fin de semana para recuperar e compartir os labores e costumes tradicionais arredor do centeo 🌾

📅 Sábado 5
🕚 11:00 h — Mallega e escolmado nas liñeiras.

📅 Domingo 6
🕛 12:00 h — Obradoiro de escolmado e obradoiro de brincallos.
🕐 13:00 h — Coloquio: “O traballo do centeo e a conservación das pallozas”.
🕕 18:00 h — Concerto de A Quenlla 🎶

🍔 Haberá tamén hamburguesas de Carqueixa, o sabor dos Ancares.

📲 É necesario anotarse previamente. Inscricións no WhatsApp: 630 411 518.

🌧️ IMPORTANTE: todas as actividades estarán condicionadas pola meteoroloxía, polo que a celebración dependerá de se as condicións permiten realizalas.

Agardámosvos en Piornedo, toda axuda é ben recibida!! 💛🌾

O día cinco se setembro, se non chove, mallamos
26/08/2026

O día cinco se setembro, se non chove, mallamos

Inda vos podeis anotar queda algunha praza libre, chama antes de que se esgoten as entrada, como sempre vai ser un luxo ...
29/06/2026

Inda vos podeis anotar queda algunha praza libre, chama antes de que se esgoten as entrada, como sempre vai ser un luxo de polavila.

Temos polavila o día 11 de xullo...
09/06/2026

Temos polavila o día 11 de xullo...

O próximo sábado 30 de maio, volvemos ter polavila na casa de Perdigón pero pola mañá hai un encontro sobre patrimonio m...
12/05/2026

O próximo sábado 30 de maio, volvemos ter polavila na casa de Perdigón pero pola mañá hai un encontro sobre patrimonio músical e tradicional.

Gracias, por un finde  pro recordo, por vir andar con nós, por acompañarnos na polavila e Airiños da Freba por facelo po...
13/04/2026

Gracias, por un finde pro recordo, por vir andar con nós, por acompañarnos na polavila e Airiños da Freba por facelo posible

11/04/2026

Dirección

Piornedo
Lugo
27667

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Teitos de Piornedo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir