Deputación de Lugo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Deputación de Lugo San Marcos, 8, Lugo
www.deputacionlugo.gal Páxina oficial da Deputación de Lugo en Facebook. Estamos ao servizo dos 67 concellos que forman a provincia.

💧 O Iberik Hoteles Gran Balneario de   amplía a súa oferta de espazos coa posta en marcha da Casa Club.A deputada de Mul...
15/10/2026

💧 O Iberik Hoteles Gran Balneario de amplía a súa oferta de espazos coa posta en marcha da Casa Club.

A deputada de Muller e Igualdade e alcaldesa deste concello, Marisol Morandeira, asistiu este xoves á presentación do espazo, concibido para acoller reunións de traballo, encontros profesionais ou celebracións.

💪🏻 Unha nova proposta que incorpora máis posibilidades ás instalacións do balneario e reforza a súa capacidade para acoller diferentes tipos de eventos.

15/10/2026

🎙️💬 Compartimos algúns momentos da intervención da deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, hoxe nunha entrevista na Cadena SER con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais.

🚒 Finalizan as probas físicas para acceder ao Consorcio Provincial de Bombeiros con 104 aprobados🏋️‍♂️ 💪 As probas celeb...
15/10/2026

🚒 Finalizan as probas físicas para acceder ao Consorcio Provincial de Bombeiros con 104 aprobados

🏋️‍♂️ 💪 As probas celebráronse os días 14 e 15 de outubro nas instalacións deportivas da Pinguela, en , coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.

🏊‍♂️ As persoas aspirantes realizaron exercicios de forza, carreira, natación, mergullo e simulacro de rescate. Dos 136 candidatos que participaron nesta fase, 104 conseguiron superala.

📍 O proceso selectivo, previsto que finalice a finais deste mes de outubro, ten como obxectivo cubrir 37 prazas de bombeiro-condutor nos parques comarcais de Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos e Chantada.

Máis información 👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/85138

🗣️ Carmela López ensalza os 20 anos de traballo de Fademur Galicia  “para converter dificultades individuais en reivindi...
15/10/2026

🗣️ Carmela López ensalza os 20 anos de traballo de Fademur Galicia “para converter dificultades individuais en reivindicacións colectivas”

👩‍🌾 A presidenta da Deputación de Lugo inaugurou este xoves en Lugo a xornada organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia para celebrar o Día Internacional das Mulleres Rurais, e que contou coa participación de arredor de mil mulleres provintes de toda Galicia

🌾Foi unha xornada de confraternidade que contou coa intervención da Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, e celebrou un coloquio a cargo da xerente de Embutidos Suarna, Mª Carmen Suárez; a sindicalista Montse Cortiñas e a responsable comercial de produtos frescos de Vegalsa-Eroski, Raquel García, todas elas referentes no sector agroalimentario

📜 FADEMUR entregou os Premios María José Arcos, que recoñeceron a impronta de catro mulleres no rural, en concreto, as gandeiras Felisa García Corbal e Elisa Rial Fariña, a regueifeira de Coristanco, Lupe Blanco, e a propia Valedora do Pobo

👉🏻 https://deputacionlugo.gal/gl/node/85136

🏀 Máis de 150 deportistas disputarán os 30º Xogos Autonómicos de Baloncesto co apoio da Deputación de Lugo.🗣️ O deputado...
15/10/2026

🏀 Máis de 150 deportistas disputarán os 30º Xogos Autonómicos de Baloncesto co apoio da Deputación de Lugo.

🗣️ O deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos participou este xoves na presentación desta cita que organiza Special Olympics Galicia para este sábado no Pazo Provincial dos Deportes.

📌 Os participantes pertencen a 13 entidades sociais de Galicia, que estarán acompañados por 35 adestradores e 46 persoas voluntarias, persoal dos servizos de emerxencia e membros da organización.

👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/85132

🏃‍♀️   convértese esta fin de semana nun punto de encontro do atletismo!A I Milla Internacional do Cantábrico é a primei...
14/10/2026

🏃‍♀️ convértese esta fin de semana nun punto de encontro do atletismo!

A I Milla Internacional do Cantábrico é a primeira deste tipo que se celebra na provincia. Reunirá os días 17 e 18 de outubro a máis de 500 atletas profesionais e afeccionados, con deportistas nacionais e internacionais e unha programación que combina elite, carreiras populares, categorías infantís e deporte inclusivo.

Unha cita promovida polo Concello de Viveiro, coa colaboración do CD CAMOVI e o apoio da Deputación de Lugo, que achega o atletismo á cidadanía e sitúa A Mariña no mapa do turismo deportivo.

👉🏻 https://deputacionlugo.gal/gl/node/85127

💬 Pilar García Porto destaca no 30 aniversario de Pazo de Vilane, que o rural “non é só un lugar onde vivir, senón tamén...
14/10/2026

💬 Pilar García Porto destaca no 30 aniversario de Pazo de Vilane, que o rural “non é só un lugar onde vivir, senón tamén onde investir e xerar emprego”.

🥚 A deputada provincial e alcaldesa de Antas de Ulla participou no inicio da conmemoración das tres décadas de Pazo de Vilane, unha empresa familiar que medrou desde 1996 mantendo as súas raíces no territorio.

👏 Con 66 persoas empregadas, 17 granxas galegas e presenza en máis de 2.500 puntos de venda, "Pazo de Vilane é un exemplo de emprendemento, innovación e creación de emprego no rural", sinalou García Porto.

👩‍🌾 O acto incluíu conversas con artesás e mesas redondas sobre o emprendemento feminino e o futuro do rural, nas que participaron empresarias como Ana Corredoira, da Granxa A Cernada; Ilda Gómez, de Diqueixa, e Noelia Solar, de Esencia Viva, xunto con referentes do ámbito empresarial galego como Nuria Varela-Portas, de Pazo de Vilane; Carmen Lence, do Grupo Lence, e Cristina Fernández-Armesto, de Casa Grande de Xanceda.

👉🏻 O inicio da programación comezará mañá, 15 de outubro, coincidindo co Día Internacional das Mulleres Rurais, coa inauguración dunha exposición interactiva sobre a historia da empresa, que permanecerá nas instalacións de Pazo de Vilane ata abril de 2027 e se trasladará á Casa de Galicia en Madrid en maio



Toda a información 👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/85124

🚒 Arrincan as probas físicas para acceder ao Consorcio Provincial de Bombeiros de  🏋️‍♂️ 136 aspirantes participan nos e...
14/10/2026

🚒 Arrincan as probas físicas para acceder ao Consorcio Provincial de Bombeiros de

🏋️‍♂️ 136 aspirantes participan nos exercicios, que se celebran hoxe e mañá nas pistas da Pinguela, en , dentro do proceso selectivo para cubrir 37 prazas de bombeiro-condutor nos seis parques comarcais da provincia.

💪 A convocatoria inclúe 26 prazas de nova creación e 11 vacantes. Tras esta fase, o proceso continuará con novas probas específicas da profesión de bombeiro.

💜 A deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este mércores en Lugo no foro 'Mulleres rurais: motor...
14/10/2026

💜 A deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este mércores en Lugo no foro 'Mulleres rurais: motor de innovación e futuro', organizado polo diario La Voz de Galicia. Edición Lugo.

🗣️ Na súa intervención, destacou a importancia de impulsar o emprendemento feminino, mellorar os servizos de conciliación e garantir oportunidades reais para que as mulleres poidan desenvolver o seu proxecto de vida no rural.

🫡 A Deputación de Lugo acompañou á Garda Civil na celebración da festividade da Virxe do Pilar, patroa do corpo, no cuar...
12/10/2026

🫡 A Deputación de Lugo acompañou á Garda Civil na celebración da festividade da Virxe do Pilar, patroa do corpo, no cuartel de .

🎖️ Os deputados provinciais Miguel Fernández e Pablo Rivera participaron no acto e na entrega de medallas aos membros do corpo.

📸 Imaxes da xornada.

Dirección

San Marcos, 8
Lugo
27001

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Deputación de Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Deputación de Lugo:

Compartir