Concello de Ourol

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Ourol Concello de Ourol
O Mesón s/n 27865
Tlf: 982 559109 Fax: 982 559002

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA EXPRESSARTE-15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DENDE O PUNTO DE VISTA DA ARTEO...
13/10/2026

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA EXPRESSARTE-15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DENDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE

O Concello de Ourol acolle a exposición “ExpressArte – 15 visións”, unha mostra que nos achega, a través da fotografía e da arte, a diferentes realidades e experiencias vividas por mulleres vítimas de violencia de xénero.

🎨 A exposición reúne o traballo artístico de 15 mulleres, que reinterpretan obras de arte recoñecidas desde unha perspectiva de xénero, ofrecendo novas miradas e convidando á reflexión sobre a igualdade, a liberdade e o respecto.

📅 Do 22 de outubro ao 4 de novembro
📍 Edificio Multiusos de Ourol

Unha proposta que combina arte, compromiso social e igualdade, contribuíndo á sensibilización e á prevención da violencia de xénero desde o ámbito local.

👉 Animámosvos a visitar a mostra e descubrir estas 15 visións a través da arte e da fotografía.

ℹ️ Actividade organizada no marco do Acordo de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a FEGAMP para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

Onte tivemos o curso de elaboración de conservas caseiras e foi todo un éxito: o ketchup,  a marmelada de mazá e limón e...
09/10/2026

Onte tivemos o curso de elaboración de conservas caseiras e foi todo un éxito: o ketchup, a marmelada de mazá e limón e os melocotóns en almíbar estaban riquísimos!!!
Gracias a todos e todas por participar!!!

07/10/2026

Novidades na sección xuvenil!!❤😍

Recién chegado á biblioteca!! Xa dispoñible para préstamo ❤❤❤
06/10/2026

Recién chegado á biblioteca!! Xa dispoñible para préstamo ❤❤❤

COMEZO DO CURSO DE XIMNASIA 🏃‍♀️ A ximnasia para maiores xa está en marcha en Ourol! 💪O pasado 2 de outubro deu comezo n...
06/10/2026

COMEZO DO CURSO DE XIMNASIA

🏃‍♀️ A ximnasia para maiores xa está en marcha en Ourol! 💪
O pasado 2 de outubro deu comezo no Edificio Multiusos do Concello de Ourol a actividade de Ximnasia para Maiores, cunha gran afluencia e participación desde o primeiro día. 👏
A actividade desenvólvese os martes e venres, de outubro a xuño, en horario de 11:30 a 12:15 horas, ofrecendo un espazo para manterse activos, coidar a saúde e compartir momentos de actividade e convivencia. 😊
Esta iniciativa forma parte do Programa de Envellecemento Activo, integrado na programación de actividades dos Servizos Sociais do Concello de Ourol.
🙌 Grazas a todas as persoas participantes pola súa implicación e por facer desta actividade un punto de encontro tan participado!

Empezamos semana con esta novidade!!🍁🍂❤❤❤
05/10/2026

Empezamos semana con esta novidade!!🍁🍂❤❤❤

Xa dispoñible para préstamo na biblioteca de Ourol. Feliz fin de semana de lecturas!❤❤
02/10/2026

Xa dispoñible para préstamo na biblioteca de Ourol.
Feliz fin de semana de lecturas!❤❤

Anímate a participar. Últimas prazas dispoñiblesInscricións no teléfono 982559019
02/10/2026

Anímate a participar. Últimas prazas dispoñibles

Inscricións no teléfono 982559019

OBRADORIO DE TÉCNICAS CASEIRAS DE CONSERVACIÓN DE ALIMENTOSO Concello de Ourol, en colaboración con Terras do Miño, orga...
28/09/2026

OBRADORIO DE TÉCNICAS CASEIRAS DE CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS

O Concello de Ourol, en colaboración con Terras do Miño, organiza un obradoiro práctico sobre técnicas caseiras de conservación de alimentos. Nel aprenderase a elaborar diferentes tipos de conserva e a aplicar métodos seguros de conservación.

Contidos (resumo):
Conservas con azucre.
Conservas agridoces.
Verduras ao natural.
Conservación por calor.
Conservas de alimentos cociñados.

ℹ️ Datos clave
Data: 8 de outubro
Horario: de 16:00 h a 20:00 h
Lugar: Edificio multiusos de Ourol
Destinatarios: todas as persoas interesadas
Prazas limitadas

28/09/2026

AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2025-2026)

BENEFICIARIOS:

Persoas mozas do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.

Quedas excluídos destas axudas aqueles estudantes que puideron ser solicitantes da “Tarxeta Xente Nova” da Xunta de Galicia, durante o Curso 2025-2026.

Aqueles estudantes que, por causa da idade se viran excluídos durante o Curso 2025-2026, do ámbito de aplicación da “Tarxeta Xente Nova”, poderán solicitar estas axudas, polos meses do Curso que se viran excluídos, (considerarase que o Curso vai dente setembro a xullo).

REQUISITOS:

- Estar empadroado no Concello de Ourol
- Figurar matriculado no curso académico 2025-2026 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.

TIPO DE AXUDAS:

Segundo a kilometraxe na que estea incluído (tomarase como punto de partida a sede do Concello de Ourol) con arranxo aso seguintes criterios:
- De 1 Km a 15 Km ........................ 100 €
- De 15 Km a 50 Km .......................150 €
- De 50 Km a 175 Km .....................200 €
- De máis de 175 Km ..................... 250 €

Aqueles estudantes que cumpran os requisitos da base 3ª e cursen estudos fora de Galicia, poderán ser beneficiarios/as dunha axuda única de trescentos euros (300,00 €)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 13 de outubro de 2026

DOCUMENTACION A APORTAR:

- Modelo de solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo/a interesado/a (se é menor de idade, polo seu pai, nai ou titor)
- Fotocopia do DNI do/a solicitante debidamente cotexado co seu orixinal.
- Certificación bancaria da conta corrente do interesado

Xustificación para o cobro da axuda:

1.- Para os alumnos universitarios:
1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.
1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2025-2026.
1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos

2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:
2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2025-2026.

INFORMA:

Bases reguladoras publicadas no BOP nº 221 de data de 26/09/2026

Concello de Ourol en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
O modelo de solicitude atópase a disposición dos interesados/as na sede electronica do concello de Ourol (https://concellodeourol.sedelectronica.es)

Dirección

O Mesón S/n
Lugo
27865

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Teléfono

982559109

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Ourol publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Ourol:

Atajos

Compartir