BNG Begonte

Cómo llegar Página web

BNG Begonte Páxina oficial do BNG de Begonte

08/10/2026
08/10/2026

Maricarmen foi símbolo dunha emerxencia: o acceso á vivenda. O seu desafiuzamento ergueu un clamor social. Facemos parte del e dicimos basta de inacción e de escusas. A vivenda é un dereito e os poderes públicos deben garantilo.

Foto: EuropaPress.

08/10/2026

O BNG lamenta profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG, de quen foi voceiro nacional e portavoz no Parlamento de Galiza durante dúas décadas.

Queremos trasladar o noso cariño e o noso pesar á súa familia, amizades e persoas próximas. A súa voz, o seu pensamento político e económico e o seu compromiso con Galiza forman parte xa do patrimonio e da memoria colectiva do noso país.

Que a terra lle sexa leve.

30/09/2026

A Deputación aprobou, cos votos en contra do PP, unha moción socialista para pedir máis mestres e reforzos de Pedagoxía Terapéutica, mentres Olalla Rodil reclama no Parlamento unha terceira unidade de Infantil

29/09/2026

Rodil criticou o Goberno de Rueda por desatender as demandas das familias mentres as ameaza por mobilizarse polos dereitos das súas crianzas  A deputada...

18/09/2026
Hoxe queremos pór en valor a firmeza e a dignidade das nais e pais do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte. A súa mobilizaci...
12/09/2026

Hoxe queremos pór en valor a firmeza e a dignidade das nais e pais do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte. A súa mobilización e o baleirado das aulas foron un exemplo de manual: cando o rural se planta en defensa das súas nenas e nenos, a Xunta non ten máis remedio que rectificar.
A falta de persoal e a negativa inicial da Consellaría de Educación a conceder as unidades de Educación Infantil que por lei nos corresponden non eran máis ca outro ataque ao futuro do noso concello.

Pero isto non queda aquí. Desde o BNG de Begonte temos claro que os dereitos non se negocian, deféndense. Por iso, a nosa deputada Olalla Rodil levou esta xusta reclamación directamente ao Parlamento Galego. Esixiremos que a Xunta dote ao centro de xeito das 3 unidades de Infantil necesarias e de todos os recursos de apoio que garantan unha atención digna e de calidade.
Non pedimos máis que ninguén, pero tampouco imos pasar por menos do que as nosas fillas e fillos merecen. Fronte aos recortes do PP no rural, máis educación pública!
Galiza precisa futuro, e o futuro empeza nas escolas dos nosos pobos.

11/09/2026

Olalla Rodil: “Está incumprindo a súa propia normativa e prexudicando especialmente o alumnado con necesidades educativas especiais”

02/09/2026

O Bloque Nacionalista Galego de Begonte non participará nesta concentración polas seguintes razóns fundamentadas nos nosos principios políticos:

Rexeitamento do nacionalismo españolista:
Esta convocatoria instrumentaliza os concellos galegos para secundar unha axenda de exaltación nacionalista española coa que non nos identificamos. O BNG defende a soberanía de Galiza e a soberanía dos pobos, non os proxectos de afirmación estatal centralista.

Prioridade aos problemas locais de Galiza:
Como forza nacionalista, a nosa prioridade absoluta son as veciñas e veciños dos nosos concellos. Consideramos unha hipocrisía que o goberno local se mobilice por consignas externas mentres desatende as demandas urxentes do noso propio territorio, como a falta de servizos públicos ou o impacto dos macroproxectos eólicos no rural.

Solidariedade internacionalista, non aliñamento estatal:
A nosa solidariedade exprésase desde o respecto á autodeterminación e aos dereitos humanos de todos os pobos, fuxindo de actos institucionais que buscan a confrontación xeopolítica ou o rédito electoral a nivel estatal.

Por estes motivos, non secundaremos un acto que non responde aos intereses nin á realidade da cidadanía galega.

Dirección

Begonte
Lugo
27373

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Begonte publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir