15/06/2026
María Besteiros (Vigo, 1979) é doutora en Filoloxía Galega cunha tese sobre as representacións da maternidade en autoras galegas contemporáneas (2015). Tamén é auxiliar técnica veterinaria. No ano 2003 conseguiu o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro con zoonose. Publicou en obras colectivas e autoeditou o libro-obxecto Nin pombas nin flores (2015). En 2022 publicou o poemario A lista da compra. Na actualidade dedícase á corrección e creación de contido para distintas empresas. Con Ítaca (Xerais, 2025), a súa primeira novela, logrou ser finalista do XLI Premio Xerais de Novela.
Nesta obra, Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusión e preparativos para recibir o novo membro da familia, ante a aparente indiferenza de Ulises, os prexuízos sociais e o estrito seguimento médico. Cun estilo lírico pero contundente, enfrontámonos á desesperación dunha nai que vive por inercia e que se sente incapaz de actuar e decidir. Neste caso é ela, Penélope, quen emprende unha viaxe para atopar os fíos invisibles que tecen a súa propia identidade e transformar a súa vida cun único obxectivo: sobrevivir.
ela.