29/09/2026
📌A partires do Xoves 08 de Outubro volven dar comezo as actividades de inverno🌥️☔️ do programa Envellecemento Activo “Móvete no rural” destinadas únicamente a persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Portomarín🏬.
👉🏼As actividades serán de memoria🧠📝 e ximnasia de mantemento🏃🏻♂️➡️⚾️ e serán impartidas nos locais de sempre (Bagude, O Cruceiro, Recelle e Portomarín) é son de balde💰.
Recordamosvos a importancia de estas actividades:
-Exercitar a memoria📝🎲🧩 non só axuda a manter activa a mente🏋🏻♂️🧠, senón que tamén ofrece unha serie de beneficios que contribúen á saúde cognitiva a través de actividades lúdicas, exercicios de lembranza🎲🧩 e técnicas de estimulación cognitiva📝 no que os asistentes poden mellorar a súa capacidade para recordar información e resolver problemas.
-A ximnasia de mantemento🏃🏻♂️➡️⚾️🏋🏻🧘🏻♀️ é moi recomendable xa que permite manter as habilidades motoras e incluso mellorar algunhas delas. Ten como obxetivo manter a saúde🩺 e a forma física🏋🏻 xeral dunha persoa.
🤗Coidar o corpo e a mente tamén forma parte dunha vida plena💚🤎!!