BNG Deputacion de Lugo

Cómo llegar Página web

BNG Deputacion de Lugo Páxina de información sobre o traballo e actividades grupo provincial do BNG

Sumámonos á concentración da Plataforma Galega Vivenda Xa,  que reclamou en Lugo vivendas dignas a prezos asequibles
29/09/2026

Sumámonos á concentración da Plataforma Galega Vivenda Xa, que reclamou en Lugo vivendas dignas a prezos asequibles

29/09/2026

Hoxe no pleno provincial os deputados do Partido Popular votaron en contra de que a Xunta de Galicia transfira á Deputación de Lugo e aos concellos recursos para financiar as súas residencias.

Non ás residencias da Deputación. E non ás residencias municipais de Cervo, Castro de Rei, Sarria, Foz ou Riotorto...

29/09/2026

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou hoxe unha moción do BNG que urxe á Xunta de Galicia a adoptar medidas para compensar os danos provocados pola seca no sector primario.

Dani García Fdez expuxo ás dificultades das ganderías que tiveron que recurrir a reservas de forraxe ou á compra de alimentación pola caída da produción de forraxe e reclamou ao goberno galego unha liña extraordinaria de axudas directas para compensar o aumento dos custos.

Comunidades como Cantabria xa o fixeron. Onde está a Xunta de Galicia?

29/09/2026

Pedimos á Xunta de Galicia que explique os seus criterios para investir na mellora dos centros educativos.

Por que discrimina as alumnas e alumnos dos colexios Vista Alegre de Burela, da Pontenova ou do Vicedo?

29/09/2026

Comeza o pleno provincial.

O BNG Deputacion de Lugo falará de ensino público e da problemática das ganderías ante a seca.

Podes seguilo en directo

https://www.youtube.com/live/Qms9ivjkuAE

18/08/2026

Apoiamos a mobilización da veciñanza dos Ancares que reclamou nas rúas da cidade de Lugo a cobertura das prazas sanitarias nos seus centros de saúde

Os recortes do PP na sanidade pública no rural afondan na desigualdade e privan a veciñanza do dereito a unha atención sanitaria estable e continuada

Sanidade no rural, dereito vital!

28/07/2026

No pleno provincial desta mañá, reiteramos a nosa oposición á ponte do Malecón de

Defendemos a mesma postura en todos os espazos nos que temos representación: no pleno de Monforte, no Parlamento e na Deputación de Lugo

Pedimos unha modificación do convenio entre a Deputación e o Concello de Monforte para que os fondos provinciais se destinen a outras obras no municipio

11/07/2026

O BNG rexeita que a Deputación de Lugo colabore no financiamento da ponte do Malecón de Monforte

O convenio entre a Deputación e o Concello responde a unha decisión unilateral do PSOE

Os deputados provincias do BNG non participaron na tramitación nin na aprobación do convenio

O BNG solicitará unha reunión coa dirección galega e provincial do PSOE para a abordar a merma de confianza que xerou a tramitación desde convenio

07/07/2026

O BNG pedirá no Parlamento que a TVG adquira os dereitos de retransmisión dos partidos de Breogán e Ensino

Os medios públicos teñen que estar á altura do momento histórico que vive o baloncesto galego con seis equipos nas máximas categorías estatais

01/07/2026

O BNG estivo sempre do lado do Museo do Mar de San Cibrao

Cando o PP de Cervo quixo construír un mamotreto de cinco alturas ao seu carón

Cando o PP de Cervo boicoteou o proxecto proposto pola Vicepresidencia da Deputación para ampliar a superficie expositiva en 200 metros cadrados

E agora, pedindo no pleno provincial colaboración do Concello de Cervo e da Xunta de Galicia para facer a ampliación

Dirección

Pazo De San Marcos
Lugo
27001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Deputacion de Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir