Colexio Fingoi

Cómo llegar Página web

Colexio Fingoi COLEXIO FINGOI, UNHA PREPARACIÓN PARA A VIDA. UNHA EDUCACIÓN LAICA. A tradición en innovación.

O Colexio Fingoi fundado no ano 1950 por Antonio Fernández López, acolléndose á Lei de Centros Experimentais que permitía poñer en marcha unha serie de reformas de tipo pedagóxico. Nos Estatutos deixa deseñado un Modelo Pedagóxico centrado nos Ciclos da Natureza, científico, de coeducación, de ensino globalizado e personalizado, natural, experimental e experiencial que require dun profesorado implicado e comprometido coa reflexión sobre a práctica para ir dando resposta ás diferenzas individuais e ás novas necesidades e retos educativos de cada momento con afán innovador. O Colexio formaba parte dun proxecto cultural máis amplo, o denominado "Centro de Estudos Fingoi", onde se concedían bolsas para investigación e estudo da Cultura Galega. Para dignificar a Cultura Galega e introducila na Escola, desde os años corenta organizou Cursos de Formación para Mestres/as Rurais. Hoxe conta tamén cunha ampla oferta de Actividades para unha educación alternativa, que dentro dun ensino democrático respecta todas as culturas e manifestacións artísticas, coma a Granxa- Escola de Barreiros, coma un proxecto de educación ambiental cunha ampla experiencia e o Centro de Música Fingoi, cun proxecto alternativo, para todas as idades, que fai que os nosos alumnos aprendan, se desenvolvan a través de música, vivíndoa, disfrutándoa e participación continua en concertos, audicións, etc.

O alumnado de 1.º e 2.º de Bacharelato de Artes visitou a exposición TRADI, situada na Delegación Territorial da Xunta e...
23/10/2026

O alumnado de 1.º e 2.º de Bacharelato de Artes visitou a exposición TRADI, situada na Delegación Territorial da Xunta en Lugo (Ronda da Muralla) 🎞️

A mostra reúne fotografías realizadas por Esther López, antiga alumna de prácticas do centro, relacionadas co folclore galego. A organización, as xestións e a produción da exposición van da man do noso compañeiro Iago Eireos 🫂📷

Unha proposta moi vinculada ao Camiño de Santiago, un dos fíos condutores deste curso 2026-2027, que nos permite achegarnos á cultura e ás tradicións galegas a través da fotografía. 🌱

Desde a área de Lingua Galega, o alumnado de 5 de Educación Primaria traballou os elementos do cartel publicitario, crea...
22/10/2026

Desde a área de Lingua Galega, o alumnado de 5 de Educación Primaria traballou os elementos do cartel publicitario, creando logotipos inspirados no San Froilán.

Despois, deseñaron as súas propias camisetas, cosendo, debuxando ou pintando as súas creacións 🪡🧵

Unha maneira de combinar lingua, creatividade e tradición, aprendendo facendo!

O alumnado de 1.º e 2.º de Educación Primaria visitou a exposición “Comedy Wildlife” de Afundación. 🐻📸🐾A través de diver...
16/10/2026

O alumnado de 1.º e 2.º de Educación Primaria visitou a exposición “Comedy Wildlife” de Afundación. 🐻📸🐾

A través de divertidas fotografías de animais, descubriron o lado máis sorprendente e simpático da natureza.

Unha experiencia para aprender e reflexionar sobre a importancia de coidar e protexer o medio ambiente. 🌏🌱🤍

E en 4º de Primaria tamén houbo moita creatividade!Seguindo co traballo arredor do cartel publicitario desde a área de L...
16/10/2026

E en 4º de Primaria tamén houbo moita creatividade!

Seguindo co traballo arredor do cartel publicitario desde a área de Lingua Galega, o alumnado achegouse aos seus elementos máis básicos e deseñou as súas propias bolsas de tea inspirándose nos símbolos e nas tradicións do San Froilán. 🎡✨

En 5º de Educación Primaria, traballaron os elementos do cartel publicitario e crearon os seus propios logotipos inspira...
16/10/2026

En 5º de Educación Primaria, traballaron os elementos do cartel publicitario e crearon os seus propios logotipos inspirados no San Froilán. Algúns mesmo se animaron a coselos nas súas camisetas, mentres que outros optaron por debuxalos e pintalos. 🧵🪡🎨

Unha maneira orixinal de combinar lingua, comunicación, creatividade e tradición!🙌🏼💚

O San Froilán tamén se viviu nas nosas aulas!Desde a área de Lingua Galega, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Prima...
16/10/2026

O San Froilán tamén se viviu nas nosas aulas!

Desde a área de Lingua Galega, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria achegouse ao mundo da publicidade a través do cartel publicitario, descubrindo os seus elementos, os logotipos, os lemas e as diferentes maneiras de transmitir unha mensaxe. Todo isto mediante propostas adaptadas aos distintos niveis e ritmos de aprendizaxe.

En 6.º de Primaria deseñaron as súas propias bolsas de tea a partir de carteis publicitarios inspirados no San Froilán. 🎡✨🙌🏼

Mostrámosvos as actividades extraescolares para o curso 2026-27! 🎶⚽️🏀🇩🇪🎨🥋🏹🏸Lembrade que están abertas tamén para público...
25/09/2026

Mostrámosvos as actividades extraescolares para o curso 2026-27! 🎶⚽️🏀🇩🇪🎨🥋🏹🏸

Lembrade que están abertas tamén para público externo ao colexio.

As inscricións comezan en SETEMBRO e as actividades en OUTUBRO! ⏳✨

10/07/2026

💦 Hoxe rematou a terceira e derradeira semana desta nova edición do Verán Fingoi, un ano dedicado ao universo e o espazo co gallo do eclipse solar que viviremos este verán en Galicia !

💦 Foi unha semana chea de emocións e diversión, a pesar das altas temperaturas: experimentos no patio e no laboratorio de física e química; excursións e saídas pola contorna; piscina e xogos de auga; ioga e bosque; obradoiros temáticos sobre astronomía e astroloxía cos profes do cole; talleres propios de pulseiras; comida rica; xogos; risas...

💦 Un ano máis remata e un ano máis despedímonos con moito agradecemento ás familias que confiaron en nós para este inicio de verán.

💦 Felices vacacións e vémonos o ano que vén !!!

07/07/2026

Compartimos con vós o quinto testemuño da serie , un conxunto de vídeos moi especiais que fomos recabando grazas á colaboración dalgúns exalumnos e exalumnas que, tan amable e cariñosamente, quixeron enviar as súas lembranzas.

Grazas de corazón, Adela, por compartir as túas memorias no cole e as túas sabias palabras.

Estes vídeos forman parte da exposición “Fingoi: 75 anos educando para a vida”, mostra que protagonizou a celebración do noso 75º aniversario o pasado 30 de maio.

Mostrámosvos as actividades extraescolares para o curso 2026-27! 🎶⚽️🏀🇩🇪🎨🥋🏹🏸Lembrade que tamén están abertas para público...
06/07/2026

Mostrámosvos as actividades extraescolares para o curso 2026-27! 🎶⚽️🏀🇩🇪🎨🥋🏹🏸

Lembrade que tamén están abertas para público externo ao colexio.
As inscricións comezan en setembro e as actividades en outubro.

Dirección

Aviación Española Nº 37
Lugo
27002

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colexio Fingoi publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir