Concello de Mañón

Cómo llegar Página web

Concello de Mañón Conta oficial do Concello de Mañón

Canle de información e avisos do Concello de Mañón: envía alta ao número 618161312 para estar ao tanto da programación municipal.

Este xoves na Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón.
09/11/2026

Este xoves na Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón.

OBRADOIRO INFANTIL 25N: 📗🎨

• 👧🏼👦🏻 Idades: Dirixido a nenas e nenos de 5 a 12 anos.
• 🗓 Data: 12 de novembro
• ⏰ Hora: 18:00h
• 📍 Lugar: Biblioteca do Barqueiro

Co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidamos á infancia da nosa bisbarra a participar nun obradoiro arredor do libro
"Soy solo mía", a marabillosa obra de Raquel Díaz Reguera.

A través desta historia, aprenderemos a identificar as relacións sas e a que as persoas non somos propiedade de ninguén.

⚠️ REQUISITO IMPRESCINDIBLE:
A actividade é de balde, pero as prazas son limitadas. Cómpre realizar a inscrición previa antes do luns 11 de novembro.
Formas de inscrición:
• 📩 Correo electrónico:[email protected]
• 📞 Teléfono: 669204529
• 📍 Presencialmente na biblioteca

💡 Unha   no mar das   no século XXI: contornas dixitais, masculinidades e acompañamento consciente.
09/11/2026

💡 Unha no mar das no século XXI: contornas dixitais, masculinidades e acompañamento consciente.

09/11/2026
📆 Axenda semanal da actividade municipal no Concello de Mañón!🎭 Unha semana máis, compartimos información sobre a axenda...
09/11/2026

📆 Axenda semanal da actividade municipal no Concello de Mañón!

🎭 Unha semana máis, compartimos información sobre a axenda da actividade municipal en Mañón. Uns días con múltiples actividades para a poboación máis nova: , literario na Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón e para o CEIP Francisco López Estrada!

👉🏾 Continúan as Xornadas de nas Ribeiras do Sor.

2️⃣5️⃣ Non perdas nada e sigue o fío da programación para o 25N en e comarca!

Contamos contigo‼

De faro a faro leva días en marcha! 💡 Presentamos a programación   da acción "De faro a faro contra as violencias machis...
09/11/2026

De faro a faro leva días en marcha!

💡 Presentamos a programación da acción "De faro a faro contra as violencias machistas" que, un ano máis, promoven os concellos de , , e .

Este é o resultado dun traballo de meses por parte do persoal técnico e político dos concellos, ao que hai que sumar a creación de redes sociais propias con contidos de sensibilización.

Non perdas de vista todas e cada unha das propostas e especialemente, en Mañón, o programa de "Cartografías do medo contra as violencias machistas" que impartirá Tania Merelas durante tres mércores consecutivos, 18 e 25 de novembro e 2 de decembro, de 16:30 a 19:00h. na Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón. Con sevizo de canguraxe baixo reserva previa en [email protected], 981 41 40 02 e 681 14 70 29.

Permanece atent@ á programación local que complementará esta proposta.

Mañá nas Ribeiras!
06/11/2026

Mañá nas Ribeiras!

MAÑÓN CULTURAL 📢

🎶CONCERTO
📆SÁBADO 7 DE NOVEMBRO
🕚18:00H
📍LOCAL SOCIAL SCR LUZ DE RIBEIRAS DO SOR

Enmarcado no programa de actividades sobre migracións que terán lugar do 6 ao 15 de novembro, no local social da SCR Luz de Ribeiras do Sor, Concello de Mañón, presentamos o concerto de BARAZA, pertencente ao programa "Outono das artes" da Cultura da Deputación da Coruña.

O espectáculo, titulado "REMELEXO", non só é música; tamén é historia, é narración oral, é proxección de imaxes en torno á emigración galega ao Brasil a través da figura de Diniña.

Unha ledicia de proxecto ideado por Alberte e Uxía.

CONCERTO DE BARAZA
"Remelexo"
18:00 h
Local social SCR Luz das Ribeiras do Sor.

Entrada libre e de balde.
E de paso, vedes a exposición do Consello Da Cultura Galega exposta no mesmo espazo, titulada: "Galicia Imaxinada nas revistas da emigración.

Agardámosvos!

da Deputación da Coruña Consello Da Cultura Galega

HOXE! Inauguración da exposición "Galicia Imaxinada nas revistas da emigración"!⏰ Ás 18:00h no local social da S.C.R Luz...
06/11/2026

HOXE! Inauguración da exposición "Galicia Imaxinada nas revistas da emigración"!

⏰ Ás 18:00h no local social da S.C.R Luz de Ribeiras do Sor.

Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón
Omix Mañón

Xornadas sobre Emigración no Local social da S.C.R. Luz de Ribeiras do Sor

- EXPOSICIÓN. "GALICIA IMAXINADA NAS REVISTAS DA EMIGRACIÓN".
Exposición itinerante organizada polo Consello Da Cultura Galega, retrata a Galicia dos emigrantes a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxen de Galicia no século XIX. Inauguración o 6 NOVEMBRO ás 18:00h.

- CONCERTO. O dúo BARAZA ofrecerá o seu espectáculo REMELEXO: un proxecto con música, narración oral e proxección de imaxes, que reflexa a emigración galega ao Brasil a través da figura da Diniña. Actividade pertencente ao programa "Outono das artes" de Cultura da Deputación da Coruña. 7 NOVEMBRO ás 18:00 h.

- PRESENTACIÓN DO LIBRO "CHAMÁBANLLE PANCHO VILLA".
Bernard Legonidec é o autor da historia de vida de Servando Blanco, emigrante natural das Ribeiras do Sor. Coa colaboración de Terras do Ortegal, será o 14 NOVEMBRO ás 18:00h.

Agardamos que sexa do voso interese e animámosvos a asistir, pois a entrada a todas as actividades é libre e de balde.

Mulleres que fan rural, mulleres que fan futuro‼️Tiñamos gardadas estas imaxes do pasado 16 de outubro, tarde que compar...
06/11/2026

Mulleres que fan rural, mulleres que fan futuro‼️

Tiñamos gardadas estas imaxes do pasado 16 de outubro, tarde que compartimos arredor do e das de tres mulleres rurais de Mañón: Cristina Trasancos, ; Ilda Gregorio, e Janine Funke, desde para o mundo 🌍!

💜 Moitas grazas ás tres por estar presentes e a todas as persoas que nos acompañaron ese día.

‼️ A campaña municipal polo Día internacional das mulleres rurais do Concello de Mañón contou co apoio de Asociación GDR Seitura22, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España, Deputación da Coruña e CEIP Francisco López Estrada.

📸 Podes ver o álbum completo da campaña nesta ligazón 👇:

201885436@N04/albums/72177720336347078" rel="ugc" target="_blank">https://www.flickr.com/photos/201885436@N04/albums/72177720336347078

05/11/2026

EXPOSICIÓN. "GALICIA IMAXINADA NAS REVISTAS DA EMIGRACIÓN".

Chega a Mañón esta exposición itinerante, organizada polo Consello Da Cultura Galega. Unha actividade que forma parte das desenvolvidas polo Proxecto Migracións Mañón, no 2026.

A mostra retrata a Galicia dos emigrantes a través de vinte paneis, permitindo visualizar a influencia da emigración na creación da imaxen de Galicia no século XIX.

"Galicia Imaxinada" establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras.

Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época.

Non a perdas. Tes dúas fins de semana!

📍NO LOCAL SOCIAL S.C.R. LUZ DE RIBEIRAS DO SOR
📆VENRES 6 NOVEMBRO ás 18:00h: INAUGURACIÓN
🕚📅Horario de visitas:
TARDES DE 18:00 A 20:00H
• VENRES 6 E 13
• SÁBADOS 7 E 14
• DOMINGOS 8 E 15

Consello Da Cultura Galega Cultura de Galicia

Dirección

Praza Do Mesón S/n
Mañón
15337

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Mañón publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Mañón

Ver Todo