Concello de Marín

Cómo llegar Página web

Concello de Marín Conta oficial do Concello de Marín

🎓 Unha etapa que remata, moitas oportunidades que comezan!Onte celebramos a clausura do Programa Integrado de Emprego do...
24/10/2026

🎓 Unha etapa que remata, moitas oportunidades que comezan!

Onte celebramos a clausura do Programa Integrado de Emprego do Concello de Marín, cun acto no Museo Manuel Torres no que 20 participantes recibiron os seus diplomas conmemorativos.

📊 Un programa que deixa importantes resultados:
✅ 110 persoas atendidas.
✅ 27 participantes en prácticas laborais.
✅ Entre un 35% e un 40% de inserción laboral.
✅ Formación, orientación e acompañamento personalizado.

💙 Grazas a todas as persoas participantes polo seu esforzo, ao equipo técnico polo seu traballo e a Mónica por compartir a súa experiencia como exemplo das oportunidades que poden xurdir destes programas.

Noraboa a todos e todas! O futuro está cheo de posibilidades! 👏

  ⏰🤣  Temos por diante outra fin de semana ata arriba de axenda! Repaso rápido para que non perdas nada de nada de todo ...
22/10/2026

⏰🤣 Temos por diante outra fin de semana ata arriba de axenda! Repaso rápido para que non perdas nada de nada de todo o que se organiza coa colaboración do Concello 👇🏻

🗓️ HOXE, 22 DE OUTUBRO

🎥 Sesión de cine adicada ás curtametraxes
- Hotel Villa de Marín - 20.30h - Organiza: Cineclub Marín
- Entradas: 4€

🗓️ VENRES, 23 DE OUTUBRO

🎷 Obradoiro "A música nos oficios e labouras do noso mar"
- Biblioteca Vidal Pazos - 11.00h - Organiza: Afamo e o Galp Pontevedra

🗓️ SÁBADO, 24 DE OUTUBRO

🎮 Xuntanza Godoteira
- Museo Manuel Torres - 11.30h / Biblioteca Vidal Pazos - 16.00h / Organiza: Godoteires Galicia

🌰 Magosto do Campo
- Casa de Cultura - 17.00h - Organizan: AAVV O Campo e CCMM Sta. Mª do Campo

🗓️ DOMINGO, 25 DE OUTUBRO

🥾 Andaina Solidaria Roteiro dos 5 Miradoiros co Rotary de Pontevedra
- Saída ás 10.00h do exterior do Auditorio - Organiza: Rotary Pontevedra
- Inscricións: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfAejNAxiOFqqb3fJfVKO3vMrkgFNnDUxrXwt4gXl1h26ersg/viewform

🌰 Magosto de Santomé de Piñeiro
- A partir das 17.00h - Casa de Cultura - Organiza: AAVV e Cultural Santomé

🎭 TEATRO IMPRO - Corta el Cable Rojo
- 18.00h - Auditorio Marín
- Últimas 15 entradas!!! Info en auditorio.concellodemarin.es

  🤸‍♀ Moitísmos parabés ao equipo infantil do Club Rítmica InMare, que o pasado sábado proclamáronse Subcampioas Galegas...
21/10/2026

🤸‍♀ Moitísmos parabés ao equipo infantil do Club Rítmica InMare, que o pasado sábado proclamáronse Subcampioas Galegas, obtendo un pase directo ao Campionato de España, que se celebrará o próximo 20 de novembro en Cartagena.

Noraboa e moitos éxitos no estatal 👏👏

  🍄🍂 Hoxe arrancan as Xornadas Micolóxicas do Ateneo Santa Cecilia - Marín, unha oportunidade boísima para g***r dun dos...
21/10/2026

🍄🍂 Hoxe arrancan as Xornadas Micolóxicas do Ateneo Santa Cecilia - Marín, unha oportunidade boísima para g***r dun dos grandes atractivos desta estación!

🗣 Con charlas de María Cabaleiro, Hugo Fernández e Jaime Blanco.
🥾 Saída ao monte o 24/10 pola mañá para g***r do aprendido!

✋❌ Agora si e con dous pases consecutivos... ENTRADAS ESGOTADAS para a premiére de "Marusía. Vientos de honor".📩 As pers...
21/10/2026

✋❌ Agora si e con dous pases consecutivos... ENTRADAS ESGOTADAS para a premiére de "Marusía. Vientos de honor".

📩 As persoas confirmadas recibirán a información por correo.

  📢⚓ As prazas para asistir á premiére de Marusía enchéronse onte en cuestión dunha hora... así que... ABRIMOS SEGUNDO P...
20/10/2026

📢⚓ As prazas para asistir á premiére de Marusía enchéronse onte en cuestión dunha hora... así que... ABRIMOS SEGUNDO PASE! Será ás 21.00h e proxectarase ese primeiro capítulo en primicia (xa sen o elenco da serie).

📩 As persoas que xa vos incribistes, recibiredes un correo con esta información, confirmando a vosa solicitude para esta sesión no caso de interesavos.

➡ Para as que aínda non o fixeran, agora teñen a oportunidade de anotarse mandado un mail a [email protected] con nome e apelidos das persoas asistentes.

✋Inscrición por rigoroso orde de chegada dos mails e ata completar aforo.

🎮 Marín conecta coa comunidade de Godot!O sábado 24 de outubro celebramos unha Xuntanza Godoteira para descubrir videoxo...
20/10/2026

🎮 Marín conecta coa comunidade de Godot!

O sábado 24 de outubro celebramos unha Xuntanza Godoteira para descubrir videoxogos creados con software libre, compartir experiencias e aprender en comunidade.

🕦 11.30 h · Museo Manuel Torres
Mostra de videoxogos desenvolvidos con Godot.

🕓 Desde as 16.00 h · Biblioteca Vidal Pazos
Faladoiros e obradoiros para intercambiar coñecementos e seguir creando lazos.

A actividade foi presentada polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Hugo González, e pola Asociación Godoteiras de Marín.

💚 Videoxogos, creatividade e tamén creación en galego.

  📢🎬⚓ Marín... chega MARUSÍA, VIENTOS DE HONOR! A serie que copará próximamente o prime time de TeleCinco rodada na Esco...
19/10/2026

📢🎬⚓ Marín... chega MARUSÍA, VIENTOS DE HONOR! A serie que copará próximamente o prime time de TeleCinco rodada na Escola Naval Militar e chea de intrigas, misterio e acción chega ao Auditorio de Marín.

➡ Lucía Jiménez, Alfonso Bassave, Álex Medina, Paloma Stewart, Carmen de la Vega e Edith Martínez Val estarán na vila para esta première de serie, na que se proxectará en absoluta primicia o primeiro capítulo!

🗓️ Mércores, 28 de outubro - 19.00h

🤩 QUERES ASISTIR COMO PÚBLICO? Haberá 250 entradas de libre acceso. 🎟Escribe un mail a [email protected] co teu nome completo e reserva a túa!

Dirección

Marín
36900

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Marín publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir