06/10/2026
Aprender facendo. Mirar ao futuro. Crear oportunidades.
O alumnado de 1º CS de Márketing e Publicidade viviron en primeira persoa os Ecommerce Days en Pontevedra, organizados por Marketing4Ecommerce , unha experiencia para conectar o aprendido na aula coa realidade do mundo dixital e empresarial:
- IA e eCommerce
- Marcas que perduran
- Procesos e experiencias de compra
- Innovación, estratexia e negocio
E, sobre todo, aprender da experiencia de empresas e profesionais que están a transformar o mercado: La Crisálida, Decántalo, Torre de Núñez, Vegalsa-Eroski, entre outras.
Porque o márketing non se aprende só nos libros: apréndese observando, preguntando, experimentando e conectando coa empresa real.
Hoxe son estudantes, mañá serán quen cree as marcas, as estratexias e os proxectos que transformarán o mercado.
O futuro do márketing tamén se está a construír desde as aulas e nós estamos alí para vivilo.