09/10/2026
🚜 Mellora das comunicacións en Cives
O Concello de Mazaricos vén de completar o asfaltado dun tramo de pista en Cives, unha actuación que contribúe a mellorar a seguridade, a comodidade dos desprazamentos e o estado da rede viaria municipal.
Nun concello de gran extensión territorial como o noso, cun intenso uso diario das vías por parte da veciñanza e da actividade agraria, o mantemento e mellora dos camiños e pistas é unha tarefa constante e fundamental. Estas intervencións permiten facilitar os desprazamentos, apoiar a actividade económica do rural e seguir gañando en calidade dos servizos públicos.
Continuamos traballando para manter en boas condicións as infraestruturas que conectan os nosos lugares e parroquias.