27/10/2026
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convoca unha manifestación o día 4 de novembro en Vigo, para reclamar máis recursos para a Área Sanitaria de Vigo, na que se enmarca a nosa vila.
Desde a Mesa Local da Sanidade acordouse apoiar esta convocatoria e facer un chamamento á veciñanza para que participemos, porque precisamos que nos devolvan as urxencias, que se cubran as vacantes do persoal no noso centro de saúde e porque se reforce a atención hospitalaria, porque é necesario reducir as listas de agarda e mellorar a atención de todas as persoas.
Podes anotarte para o transporte directo chamando aos teléfonos indicados no cartel !