23/10/2026
Hoxe no Castelo 😉👇🏼
🎬 OUTONO DAS ARTES | «Ao son da nova regueifa»
📅 Venres 23 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Castelo de Moeche
Dentro do programa Outono das Artes da Área de Cultura da Deputación da Coruña, proxectamos Ao son da nova regueifa, un documental que percorre Galicia para descubrir como a regueifa, unha das expresións máis singulares da nosa tradición oral, segue viva e reinventándose no presente. 🎤✨
A través das voces de regueifeiras e regueifeiros de distintas xeracións e territorios, a película amosa como esta arte da improvisación une tradición e creación contemporánea, e se converte nun espazo de encontro, aprendizaxe e comunidade.
🎥 Dirección e guión: Manolo Maseda e Saúl Rivas
🏷️ Produción: Undodez (2025)
⏱️ 60 minutos | Galego
👥 Público xeral
Entrada de balde ata completar aforo. Vémonos no Castelo! 🏰