21/10/2026
🥇🏆 Dous novos éxitos para o Club Alakrám Vermelho no Campionato Galego de Grappling!
O pasado 10 de outubro, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleu o Campionato Galego de Grappling 2026, puntuable para o Campionato de España, no que o Club Alakrám Vermelho acadou excelentes resultados por segundo ano consecutivo. 💪
🥇 Héctor Puentes Fernández, pontareán afincado en Mondariz, proclamouse novamente campión galego e medalla de ouro na categoría Máster A de 84 kg.
🥉 Alan Portas conseguiu a medalla de bronce na categoría sénior de 62 kg.
O club, dirixido por David Pichel e Héctor Puentes, conta cunha ducia de deportistas da nosa contorna e continúa medrando grazas ao esforzo, á dedicación e ao compromiso dos seus integrantes.
🥋 Un deporte que fomenta valores como a disciplina, o respecto, o compañeirismo e a superación persoal.
💚 Dende o Concello de Mondariz queremos felicitar os medallistas e todo o equipo do Club Alakrám Vermelho polos resultados acadados. Parabéns e moitos éxitos nos próximos campionatos!