Psoe Mondariz

Llamar Cómo llegar Contactar con la organización

Psoe Mondariz Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Psoe Mondariz, Partido político, Grupo Escolar Bajo, Mondariz.

🔴 APROBADA POR MAIORÍA A MOCIÓN CONXUNTA DO PSOE E BNG EN DEFENSA DA SAÚDE MENTAL!No pleno de Mondariz contamos coa pres...
20/10/2026

🔴 APROBADA POR MAIORÍA A MOCIÓN CONXUNTA DO PSOE E BNG EN DEFENSA DA SAÚDE MENTAL!

No pleno de Mondariz contamos coa presenza de membros da Plataforma en Defensa da Sanidade do Condado-Paradanta, que tomaron a palabra para denunciar a situación da atención da saúde mental no comarca e as dificultades que sofren as persoas usuarias.

👏 Agradecemos a súa presenza, a súa voz e o seu compromiso coa sanidade pública.

🌹 Desde o PSOE de Mondariz seguiremos reclamando unha atención á saúde mental digna, próxima e de calidade.

A saúde mental é un dereito, non un privilexio!

🔴 O ALCALDE DE MONDARIZ RECOÑECE QUE AS COUSAS NON SE FIXERON BEN CO PARQUE INFANTIL DO CPIO PSdeG-PSOE de Mondariz cons...
17/10/2026

🔴 O ALCALDE DE MONDARIZ RECOÑECE QUE AS COUSAS NON SE FIXERON BEN CO PARQUE INFANTIL DO CPI

O PSdeG-PSOE de Mondariz consegue a aprobación por maioría dos dous acordos da súa moción para dar unha solución urxente ao parque infantil do CPI.

No último pleno municipal, a portavoz socialista expuxo, punto por punto, como se desenvolveu o expediente de rehabilitación do parque infantil, deixando en evidencia a falta de planificación, coordinación e xestión por parte da Alcaldía.

📌 Os feitos son claros:

➡️ O alcalde comprometeuse a que o parque estaría reformado durante o verán, para que os nenos e nenas puidesen desfrutar del ao comezo do curso escolar en setembro.

➡️ O Concello elaborou un proxecto de 37.691,50 euros, pero solicitou financiamento á Deputación de Pontevedra por unha vía que finalmente foi rexeitada por cuestións competenciais.

➡️ O máis grave é que o propio alcalde xa advertira, nun escrito remitido á Consellería de Educación o 31 de marzo, que as obras podían exceder as competencias municipais de conservación e mantemento.

➡️ Chegou setembro, comezou o curso escolar e o parque seguía sen estar reformado, ata o punto de que o alumnado de Educación Infantil ten que desprazarse ao parque municipal durante o recreo.

❗ Durante o pleno, o propio alcalde asumiu que a xestión non se fixera correctamente.

Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos que este recoñecemento debe ir acompañado de solucións. Porque o problema non foi a falta de tempo nin o descoñecemento do estado das instalacións, senón unha xestión municipal que non conseguiu cumprir os compromisos adquiridos coa comunidade educativa.

✅ A NOSA MOCIÓN FOI APROBADA POR MAIORÍA NOS SEUS DOUS ACORDOS:

1️⃣ Convocar unha reunión coa dirección do CPI, profesorado de Educación Infantil, ANPA e Consellería de Educación para acordar unha solución definitiva.

2️⃣ Instar ao Goberno municipal a comprometerse a realizar as obras con carácter urxente, buscando financiamento ou recorrendo aos fondos municipais, nun prazo de 15 días.

🔴 Dende o PSdeG-PSOE de Mondariz seguiremos vixiantes para que estes acordos non queden en papel mollado.

Os nenos e nenas de Mondariz non teñen por que pagar as consecuencias dunha mala xestión política.

O parque tiña que estar feito en setembro. Estamos en outubro e seguimos esperando.

🌹 PSdeG-PSOE DE MONDARIZ

10/10/2026
🏡 A Escola de Redo volve ter vidaOnte estivemos en Vilar na inauguración da antiga Escola de Redo, recuperada e transfor...
30/09/2026

🏡 A Escola de Redo volve ter vida

Onte estivemos en Vilar na inauguración da antiga Escola de Redo, recuperada e transformada nun novo centro sociocomunitario, acompañando aos veciños e veciñas xunto co subdelegado do Goberno Abel Losada e o resto da corporación municipal.

Unha actuación importante para recuperar o noso patrimonio e, ao mesmo tempo, crear novos espazos de encontro e convivencia para as parroquias de Mondariz.

Esta fase contou cun investimento de 262.896,94 €, dos cales 199.354,75 € proceden de fondos europeos NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Desde o PSOE de Mondariz celebramos que os fondos europeos e as políticas impulsadas desde o Goberno de España se traduzan en investimentos reais que chegan ao rural e permiten recuperar edificios públicos para poñelos ao servizo da veciñanza.

Recuperar patrimonio, investir no rural e crear espazos para a xente é investir no futuro de Mondariz. 🌹

26/09/2026

Os socialistas da comarca do Condado-Paradanta esixen a reapertura do Centro de Saúde Mental de Ponteareas.

Denuncian que moitos municipios carecen de transporte público para poder acudir ás consultas do Hospital Nicolás Peña de Vigo onde foron derivados.

Quitar o servicio non é unha solución.

📍 PRAZA DE ESPAÑA: UNHA MOCIÓN APROBADA, UN GOBERNO QUE NON ACTÚANo Pleno aprobamos por maioría a nosa moción para o aco...
15/09/2026

📍 PRAZA DE ESPAÑA: UNHA MOCIÓN APROBADA, UN GOBERNO QUE NON ACTÚA

No Pleno aprobamos por maioría a nosa moción para o acondicionamento e mellora da Praza de España e da súa contorna.

Pero, meses despois, que fixo o alcalde? Pouco máis que pintar os bancos. O resto das medidas aprobadas seguen sen executarse.

🔵 A zona azul segue sen estar pintada, a pesar de existir un regulamento municipal que debe cumprirse. Durante o anterior mandato BNG-PSOE funcionaba. Se o alcalde non quere aplicala, que a leve ao Pleno e propoña a súa derrogación. Nós estaremos aí para lembrarlle que gobernar tamén é cumprir as normas.

🚸 Os pasos de peóns presentan un evidente deterioro e precisan ser repintados para garantir a seguridade.

🚕 A parada de taxis apenas é visible e nin sequera se le correctamente a súa sinalización.

🗑️ Os contedores soterrados funcionan, pero colocar contedores convencionais enriba deles xera un importante impacto visual e problemas de cheiros nun dos espazos máis céntricos do municipio.

E mentres tanto, a Praza de España e as súas rúas seguen precisando limpeza, mantemento e coidado.

👉 Presentamos propostas.
👉 Foron aprobadas por maioría.
👉 Agora falta que o alcalde as cumpra.

Porque unha moción aprobada non pode quedar nun papel. Gobernar é actuar.

📚❤️ FELIZ VOLTA AO COLEXIO! ❤️📚Hoxe deu comezo a un un novo curso cheo de ilusión, aprendizaxes, novas amizades e moitos...
09/09/2026

📚❤️ FELIZ VOLTA AO COLEXIO! ❤️📚

Hoxe deu comezo a un un novo curso cheo de ilusión, aprendizaxes, novas amizades e moitos momentos para compartir. 🌈

Desde o PSOE de Mondariz queremos desexarlles a todos os nenos e nenas do noso concello unha feliz volta ao cole! 🎒✏️

👧🧒 Moito ánimo a todos os rapaces e rapazas, ás familias e tamén ao profesorado!

Que este novo curso veña cargado de ilusión, oportunidades e moitos sorrisos. ❤️

Feliz volta ao colexio!
Feliz curso 2026/2027! 🎒📚

09/09/2026
02/09/2026

🚨 ESTE É O ESTADO DO CPI DE MONDARIZ A POUCOS DÍAS DO COMEZO DO CURSO

O alcalde prometeu que durante o verán se rehabilitaría o parque infantil do CPI de Mondariz.

📅 O verán está a rematar.
❌ A obra segue sen facerse.

E mentres tanto, esta é a realidade:

🛝 Un parque infantil con elementos deteriorados e reparados de maneira provisional.

🌿 Patios e zonas exteriores completamente invadidos pola maleza, sen a limpeza e o mantemento que debería ter un centro educativo antes de comezar o curso.

🏫 Esta é a “posta a punto” que o Goberno municipal ofrece ás nenas e nenos de Mondariz.

Non estamos falando de grandes investimentos. Estamos falando de mantemento, limpeza, seguridade e cumprir as promesas.

O alcalde tivo todo o verán para actuar.

Prometeu a rehabilitación do parque infantil e non cumpriu.

Desde o PSOE de Mondariz esiximos que se actúe de inmediato, que se limpen e acondicionen os patios e que se execute dunha vez a rehabilitación prometida.

👉 Menos promesas. Máis traballo.

Porque as nenas e nenos de Mondariz merecen unhas instalacións educativas dignas, coidadas e seguras.

🚨 ESTE É O ESTADO DO CPI DE MONDARIZ A POUCOS DÍAS DO COMEZO DO CURSOO alcalde prometeu que durante o verán se rehabilit...
02/09/2026

🚨 ESTE É O ESTADO DO CPI DE MONDARIZ A POUCOS DÍAS DO COMEZO DO CURSO

O alcalde prometeu que durante o verán se rehabilitaría o parque infantil do CPI de Mondariz.

📅 O verán está a rematar.
❌ A obra segue sen facerse.

E mentres tanto, esta é a realidade:

🛝 Un parque infantil con elementos deteriorados e reparados de maneira provisional.

🌿 Patios e zonas exteriores completamente invadidos pola maleza, sen a limpeza e o mantemento que debería ter un centro educativo antes de comezar o curso.

🏫 Esta é a “posta a punto” que o Goberno municipal ofrece ás nenas e nenos de Mondariz.

Non estamos falando de grandes investimentos. Estamos falando de mantemento, limpeza, seguridade e cumprir as promesas.

O alcalde tivo todo o verán para actuar.

Prometeu a rehabilitación do parque infantil e non cumpriu.

Desde o PSOE de Mondariz esiximos que se actúe de inmediato, que se limpen e acondicionen os patios e que se execute dunha vez a rehabilitación prometida.

👉 Menos promesas. Máis traballo.

Porque as nenas e nenos de Mondariz merecen unhas instalacións educativas dignas, coidadas e seguras.

Dirección

Grupo Escolar Bajo
Mondariz
36870

Teléfono

+34621083343

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Psoe Mondariz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Psoe Mondariz:

Atajos

Compartir

Categoría