BNG Monforte

Cómo llegar

BNG Monforte Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de BNG Monforte, Partido político, Monforte de Lemos.

Galiza merece máis. E imos defendela con máis forza ca nunca! ✊💙Presentamos as catro cabezas de lista do BNG ás elección...
25/10/2026

Galiza merece máis. E imos defendela con máis forza ca nunca! ✊💙

Presentamos as catro cabezas de lista do BNG ás eleccións xerais do 29 de novembro: persoas comprometidas co país, cos dereitos da maioría social e coa defensa dos intereses de Galiza en Madrid.

Con Olalla Rodil, Noa Presas, Carme da Silva e Néstor Rego, imos a por todas. Canto máis forte sexa o BNG, máis forza terá Galiza para gañar dereitos, defender o noso e construír un futuro digno para todas e todos.

O 29-N, en Galiza, BNG! 💙

🏦 No vindeiro pleno, desde o BNG presentaremos unha moción para que o Concello priorice as súas relacións económicas coa...
23/10/2026

🏦 No vindeiro pleno, desde o BNG presentaremos unha moción para que o Concello priorice as súas relacións económicas coas entidades bancarias que manteñan oficinas abertas e garantan atención presencial en Monforte.

⚠️ O peche de oficinas e a redución da atención persoal dificultan o acceso aos servizos financeiros, especialmente para as persoas maiores, as persoas con discapacidade e quen non dispón dos medios ou coñecementos necesarios para realizar xestións dixitais.

As entidades bancarias teñen unha responsabilidade cos territorios nos que operan. E as administracións públicas tamén poden influír nas súas decisións a través da xestión dos seus propios recursos económicos, contribuíndo así á defensa dos servizos de proximidade.

👉 Por iso, propoñemos que, dentro do marco legal vixente, o Concello priorice as relacións coas entidades comprometidas coa atención presencial.

A dixitalización non pode deixar a ninguén atrás. A atención presencial tamén é esencial.

A TVG volve coa súa campaña de desinformación contra o BNG. Menos propaganda e máis información veraz!
23/10/2026

A TVG volve coa súa campaña de desinformación contra o BNG. Menos propaganda e máis información veraz!

A TVG volve ciscar o seu lixo desinformativo sobre o BNG.

Non fan información: fan propaganda partidista ao servizo do PP.

A sociedade galega merece uns medios públicos dignos, que informen con rigor e respecten o dereito da cidadanía a recibir unha información veraz.

📚 CULTURA, RURAL E REFLEXIÓNHoxe asistimos no Ateneo de Monforte á presentación do libro Rumiando. As ovellas fixéronme ...
21/10/2026

📚 CULTURA, RURAL E REFLEXIÓN

Hoxe asistimos no Ateneo de Monforte á presentación do libro Rumiando. As ovellas fixéronme pastora, de Josebe Blanco Álvarez.

Unha obra que nos convida a reflexionar sobre a vida no rural, a soberanía alimentaria, o ecoloxismo e a necesidade de construír un modelo de sociedade máis xusto, sostible e respectuoso co territorio.

🌱 Defender o rural é tamén defender o noso futuro, os nosos recursos e outras formas de vivir e relacionarnos coa natureza.

Grazas á autora e ás persoas organizadoras por achegarnos este espazo de cultura e reflexión.

🌹 Ricardo Rodicio, sempre na nosa memoria.A Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón levará para sempre o nome de ...
21/10/2026

🌹 Ricardo Rodicio, sempre na nosa memoria.

A Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón levará para sempre o nome de Ricardo nunha das súas aulas.

Un recoñecemento merecido a quen dedicou tantos anos ao compromiso co país, coa cultura e coa nosa música tradicional.

Porque hai persoas que deixan unha pegada que nunca se borra.

✊ Grazas por tanto, compañeiro. Sempre connosco!

🚨 PP+VOX, o pacto antigalego.O   parémoslles os pés!
20/10/2026

🚨 PP+VOX, o pacto antigalego.
O parémoslles os pés!

🟦 POR QUE É IMPORTANTE TER UN BNG FORTE EN MADRID?📊 O PP ten 13 deputados galegos no Congreso, o PSOE 7 e o BNG só 1.Mai...
18/10/2026

🟦 POR QUE É IMPORTANTE TER UN BNG FORTE EN MADRID?

📊 O PP ten 13 deputados galegos no Congreso, o PSOE 7 e o BNG só 1.

Mais cando falamos de defender os intereses de Galiza, a diferenza está á vista!

Un único deputado do BNG, Néstor Rego, impulsou máis iniciativas que os 20 deputados galegos do PP e do PSOE xuntos, segundo os datos recollidos nesta gráfica.

💪 Porque non se trata de cantos escanos se teñen, senón de para que se utilizan.

Galiza precisa unha voz propia, que non reciba ordes de Madrid e que defenda os intereses do noso país.

🍀 Canto máis forte sexa o BNG, máis forte será a voz de Galiza!

📌 Fonte da gráfica: Newtral.es

Dirección

Monforte De Lemos
27400

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Monforte publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría