24/07/2026
🍽️ O vindeiro 25 de xullo de 2026, a Praza do Reloxo volverá ser o punto de encontro para compartir mesa, tradición e festa nun dos actos máis agardados da nosa celebración.
Un menú pensado para desfrutar da nosa gastronomía, acompañado da música de Son do Sil Acústico e da Banda de Gaitas Os Trintas, ademais da II Mostra de Palilleiras de Trives.
Menú: 🥗 Salpicón de marisco 🐙 Polbo á feira 🥟 Empanada 🥩 Tenreira asada 🍰 Bica de Trives
Prezos: • Xeral: 25 € • Menores de 12 anos: 10 € • Maiores de 65 anos: 15 €
🎟️ Puntos de venda: Casa do Concello e Oficina de Turismo.
Vive connosco unha xornada de convivencia, música e tradición no corazón da LIII Festa da Bica de Trives. Agardámoste!