24/10/2026
Monterroso gaña voz!
Dende o BNG de Monterroso queremos trasladarlle os nosos parabéns á nosa compañeira Inma, que ocupará o terceiro posto na candidatura do BNG ao Congreso dos Deputados.
É un orgullo que unha compañeira do noso equipo dea este paso para defender os intereses de Lugo e de Galicia, os servizos públicos, a igualdade e os dereitos da maioría social.
Estamos convencidos de que o seu compromiso coa terra e a súa capacidade de traballar polo territorio serán un gran valor para esta candidatura.
Moitos parabéns, Inma! Todo o noso apoio. A seguir construíndo un país con máis voz, máis forza e máis futuro! 💙✊
Moita forza tamén a Olalla e a Iago, a buscar o noso sitio en Madrid!
“Queremos máis forza en Madrid para defender Galiza e unha vida digna para a xente deste País”, proclama Ana Pontón no Consello Nacional