Concello de Monterroso

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Monterroso Páxina oficial do Concello de Monterroso (Lugo).

🏫 Festa da Terceira Idade de Monterroso.👵🧓 Preto de 300 persoas van participar mañá venres na Festa da Terceira Idade qu...
15/10/2026

🏫 Festa da Terceira Idade de Monterroso.

👵🧓 Preto de 300 persoas van participar mañá venres na Festa da Terceira Idade que o Concello de Monterroso organiza na Cúpula. A participación é de balde para todas as persoas xubiladas empadroadas no municipio.

⛪ A xornada comezará cunha misa ás 12:00 horas na igrexa parroquial. Ás 13:00 horas actuará a Banda EGS e, despois do xantar, será a quenda do Dúo Trasnos.

🗣 O Goberno local agarda que sexa un día para o reencontro, para pasalo ben e no que poder homenaxear aos nosos maiores en sinal de agradecemento por todo o seu traballo e esforzos.

🏫 Presentación do Obradoiro de Emprego.👩‍🌾🧑‍🌾 Monterroso, Palas de Rei e Portomarín comparten un novo obradoiro de empre...
15/10/2026

🏫 Presentación do Obradoiro de Emprego.

👩‍🌾🧑‍🌾 Monterroso, Palas de Rei e Portomarín comparten un novo obradoiro de emprego coa colaboración da Xunta de Galicia que formará a 20 persoas desempregadas. O alumnado recibirá coñecementos nos módulos de xardinería e turismo ao longo de nove meses.

🗣️ O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, participou hoxe no acto de presentación do obradoiro.

🏫 Inspección Técnica de Agrícolas en Monterroso.🚜 Do 2 ao 13 de novembro realizaranse en Monterroso as inspeccións técni...
15/10/2026

🏫 Inspección Técnica de Agrícolas en Monterroso.

🚜 Do 2 ao 13 de novembro realizaranse en Monterroso as inspeccións técnicas de agrícolas, no Mercado Gandeiro.

🕘 O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Os días 6 e 13 de novembro o servizo prestarase só en horario de mañá.

📞 Para solicitar cita previa: 981 928 080 ou a través da web www.syctiv.com.

🏫 Campaña 2026 de vacinación da gripe e da covid-19.💉 Pide cita na app do Sergas ou no teu centro de saúde.
15/10/2026

🏫 Campaña 2026 de vacinación da gripe e da covid-19.

💉 Pide cita na app do Sergas ou no teu centro de saúde.

🏫 Novidades na Biblioteca Pública Municipal.📚 A Biblioteca Pública Municipal de   engade novos títulos á súa colección d...
14/10/2026

🏫 Novidades na Biblioteca Pública Municipal.

📚 A Biblioteca Pública Municipal de engade novos títulos á súa colección de galego.

⏰ Podedes facer uso das instalacións e retirar os vosos préstamos de 15:30 a 19:30 horas de luns a venres.

🏫 Monterroso acolle a presentación dos resultados do Campus Rural 2026.🤝 Hoxe,  ás 17:00 horas, terá lugar a presentació...
14/10/2026

🏫 Monterroso acolle a presentación dos resultados do Campus Rural 2026.

🤝 Hoxe, ás 17:00 horas, terá lugar a presentación dos resultados do traballo desenvolvido por alumnado da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, dentro do programa de Aprendizaxe e Servizo.

📚 A iniciativa, centrada na comarca da Ulloa, estuda a creación dunha cooperativa multidisciplinar de dinamización social.

☕ O encontro celebrarase baixo o título "Un café camiño da cooperativa", no restaurante Pacior.

🏫 Consellos 112.🍄
14/10/2026

🏫 Consellos 112.🍄

🏫 Charla sobre o dano cerebral adquirido en Monterroso.🧠 O vindeiro 22 de outubro, o Salón de Actos do Centro Sociocultu...
13/10/2026

🏫 Charla sobre o dano cerebral adquirido en Monterroso.

🧠 O vindeiro 22 de outubro, o Salón de Actos do Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade acollerá a charla "Aproximación ao dano cerebral adquirido", de 17:00 a 18:30 horas.

ℹ️ Durante a sesión abordaranse as causas, como o ictus e os traumatismos cranioencefálicos, así como as secuelas e os recursos de atención.

📝 Inscrición e máis información no Concello de Monterroso, no teléfono 982 377 814 ou a través do QR do cartel.

🤝 Organiza Dano Cerebral Galicia e colabora o Concello de Monterroso. Financia a Xunta de Galicia e o Grupo Tragsa.

🏫 Curso de introdución á lingua e á cultura galegas en Monterroso.📚 Do 26 ao 30 de outubro celebrarase no Espazo Cultura...
13/10/2026

🏫 Curso de introdución á lingua e á cultura galegas en Monterroso.

📚 Do 26 ao 30 de outubro celebrarase no Espazo Cultural Lorenzo Varela un curso dirixido a persoas maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego.

🕘 A formación terá lugar de 9:30 a 13:30 horas, cun total de 20 horas lectivas. Ao rematar entregarase un diploma.

📝 As inscricións poden realizarse no Concello de Monterroso, a través da educadora familiar (Cristina).

🏫 Festa da Terceira Idade de Monterroso.📝 Hoxe remata o prazo de inscrición para a Festa da Terceira Idade, que o Concel...
13/10/2026

🏫 Festa da Terceira Idade de Monterroso.

📝 Hoxe remata o prazo de inscrición para a Festa da Terceira Idade, que o Concello de Monterroso celebrará este venres 16 de outubro na Cúpula.

👵🧓 As persoas interesadas poden anotarse nas oficinas municipais ou a través dos pedáneos e alcaldes de barrio das distintas parroquias. A participación é de balde para as persoas xubiladas empadroadas no municipio.

⛪ A xornada comezará cunha misa ás 12:00 horas na igrexa parroquial. Ás 13:00 horas actuará a Banda EGS e, despois do xantar, será a quenda do Dúo Trasnos.

Dirección

Monterroso

Teléfono

+34982377001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Monterroso publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Monterroso:

Atajos

Compartir