30/08/2026
🐷🔥 Porquiño á brasa, tradición e festa en Amil
Este fin de semana, Amil volve reunirnos arredor dunha das súas celebracións máis queridas: o Porquiño á Brasa, que chega xa á súa ###III edición.
Unha festa que forma parte da nosa identidade, que mantén vivas as tradicións e que, ano tras ano, converte Amil nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Hoxe domingo continúa a programación, con música, xogos tradicionais, artesanía, xantar popular e, por suposto, o protagonista da festa: o porquiño á brasa.
Desde o BNG de Moraña queremos aproveitar para poñer en valor e apoiar as festas e iniciativas que nacen das nosas parroquias, do traballo das asociacións e da implicación da veciñanza.
Coidemos as nosas tradicións, a nosa cultura e a vida das nosas parroquias.
🎉 Bo Porquiño á Brasa a toda a veciñanza de Amil!