12/06/2026
Con motivo da celebración do Día da Atención Temperá, o vindeiro 16 de xuño, entre as 16:00 e as 18:00 horas, o Servizo de Atención Temperá de Mos abrirá as súas portas para desenvolver unha actividade comunitaria dirixida ás familias usuarias e á veciñanza. Baixo o lema “ _*Transformando espazos: familias que deixan pegada*_ ” , as persoas participantes colaborarán na creación dun mural colectivo no propio centro, unha iniciativa que pretende visibilizar o papel das familias como protagonistas do desenvolvemento infantil e deixar unha pegada simbólica do seu compromiso, esforzo e participación na construción dunha comunidade máis inclusiva.
Desde o SAT de Mos animamos ás familias a participar nesta actividade, que combinará creatividade, convivencia e sensibilización arredor da importancia da Atención Temperá como dereito da infancia e apoio esencial para as familias