10/10/2026
🚜 Esta semana actuaMOS en distintos puntos do concello:
🧹 En limpeza viaria, os traballos realizáronse nas parroquias de Louredo, Mos, Sanguiñeda, Tameiga e Petelos.
🌺 En ADOA, realizáronse labores de rego, poda, desbroce e limpeza en diferentes zonas verdes do municipio. Entre as actuacións desta semana destacan a poda das tuias na estrada de Guizán, a recollida de ourizos e a limpeza no parque de Cantín, os traballos no Pazo de Mos e no Cristo da Carretera, a limpeza de enredadeiras en Puxeiros e a poda nesta mesma zona.
Tamén se actuou na rotondas dos Bois e da Feira, na mediana de Puxeiros e en San Eleuterio.
🌳 En parques e xardíns, realizáronse tarefas de limpeza na antiga casa reitoral de Petelos, nos Muíños da Porteliña e na súa contorna, no parque da Porteliña e na Biblioteca.
🌿 En medio ambiente, continuouse coa limpeza de parcelas mediante execución subsidiaria en Sanguiñeda, Tameiga e Petelos. Tamén se realizaron traballos de limpeza na contorna do parque da Pesqueira e en Santa Eulalia de Mos.
💪 Seguimos traballando para manter en boas condicións os espazos públicos e as zonas verdes de todo o concello.