Centro de Interpretación de Caldoval

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Centro de Interpretación de Caldoval Xacemento arqueolóxico 🏺
Un balneum romano adicado á saúde e ao deporte único en Galicia 💦 C. situado no Concello de Mugardos.

O Centro de Interpretación de Caldoval é un xacemento romano do século I d. Trátase dun balneum, un baño doméstico, o único en Galicia que conta cunha palestra adicada á práctica do deporte e ao coidado do corpo.
-----
El Centro de Interpretación de Caldoval es un yacimiento romano del siglo I d.C. situado en el Concello de Mugardos. Se trata de un balneum, un baño doméstico, el único en Galicia que cuenta con una palestra dedicada a la práctica del deporte y al cuidado del cuerpo.

A primeira sesión do club de lectura foi un éxito! Grazas a todas as persoas que participáchedes para que esta idea sexa...
22/10/2026

A primeira sesión do club de lectura foi un éxito! Grazas a todas as persoas que participáchedes para que esta idea sexa unha realidade 👏 e grazas a Pedro Huertas por sorprender ás persoas lectoras coa sus conexión en directo 🫶

É hora de presentar a segunda cita do Club de lectura sobre a antiga Roma de Caldoval 📘☕️, que terá lugar o domingo 29 de novembro ás 11:30 h. A obra sobre a que conversaremos será “Las máscaras de Julia”🎭, de Sandra Parente, publicada o ano pasado pola editorial Desperta Ferro. 🏛️ Unha novela histórica que nos invita a afondar nas costuras familiares da Roma Imperial de Augusto 🗝️ da man de Julila, neta do propio emperador!

Se ti tamén queres participar, contacta no ☎️ 687 072 116 ou escribe a 📮[email protected] E se coñeces a alguén que lle poida interesar, envíalle esta publicación 🚀

13/10/2026

Na VIII Xornada sobre a Mugardos Romana do vindeiro sábado 17 de outubro, contaremos co arqueólogo profesional Roberto Bartolomé 🔍 como relator.

🗺️ Na súa conferencia, “Últimas intervencións en Noville”, Roberto compartirá a súa experiencia como director destas.

Aínda non vos inscribistes na Xornada? Pois podedes facelo a través do correo [email protected] 📩 ou do teléfono 687 072 116 ☎️

10/10/2026

Cicerón foi, sen dúbida, un grande orador 🗣️. Mais… coñeciades a súa faceta máis bromista?

📕 Fonte: Beard, Mary (2022). “La risa en la antigua Roma: sobre contar chistes, hacer cosquillas y reírse a carcarjadas”. Alianza.

O vindeiro sábado 17 vai ser un día moi completo en Caldoval! Logo dunha mañá chea de saberes compartidos 🗣️, pola tarde...
08/10/2026

O vindeiro sábado 17 vai ser un día moi completo en Caldoval! Logo dunha mañá chea de saberes compartidos 🗣️, pola tarde, ás 17:00 h., teremos a inmensa fortuna de contar de novo coa asociación de recreación histórica Caetra Lucensium, que impartirá un obradoiro sobre cuñaxe de moeda romana 🪙, na que aprender á par de vivir a experiencia dunha ceca imperial 🏛️

ℹ️ A actividade contará cunha modalidade para público ADULTO e outra para público INFANTIL, para crianzas a partir de 6 anos acompañadas por unha persoa adulta, polo que pode participar toda a familia! 🧑‍🧑‍🧒‍🧒

⏰ Comezará ás 17 h. e a súa duración aproximada é de 30 minutos, polo que sendo as prazas limitadas, se acadamos o número máximo de asistentes, abriremos unha segunda quenda ás 17:45 h.

🎟️ Podes participar de balde enviando un correo co teu nome, número de persoas e nomes a [email protected] 📩 e tamén no teléfono 687072116 ☎️ Atención en horario de apertura: venres, sábado e domingo de 10:30 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 h.

06/10/2026

A arqueóloga 🪏 participará como relatora na VIII Xornada sobre a Mugardos Romana, o sábado 17 de outubro, no Centro de Interpretación de Caldoval.

⛏️ Na súa conferencia, “Arqueoloxía, patrimonio e territorio: ensaios e reflexións desde o Ortegal”, compartirá connosco algunhas das súas reflexións sobre a xestión patrimonial no eido local como profesional do sector.

Non o pensedes dúas veces e inscribídevos na Xornada!

Outubro 🍁 trouxo consigo un NOVO HORARIO ao Centro de Interpretación de Caldoval!A partir deste mes podedes visitarnos o...
02/10/2026

Outubro 🍁 trouxo consigo un NOVO HORARIO ao Centro de Interpretación de Caldoval!

A partir deste mes podedes visitarnos os venres, sábados e os domingos 🩵, de 10:30 h a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h. Lembrade: a visita libre, a visita guiada e os obradoiros… Son de balde!

📲 Para máis información, non dubiden en consultar www.museocaldoval.gal

Resumo dun setembro no que Caldoval celebrou 9 anos de momentos compartidos arredor dos restos romanos 🎂 E coa ilusión i...
30/09/2026

Resumo dun setembro no que Caldoval celebrou 9 anos de momentos compartidos arredor dos restos romanos 🎂

E coa ilusión intacta para este outubro que trae novo horario, visitas escolares, xornada de conferencias e un novo obradoiro ⚙️, club de lectura 📘 e unha sorpresa final…😜

🤗 Esperámosvos!

🏛️VIII XORNADA SOBRE A MUGARDOS ROMANA🏛️ O vindeiro sábado 17 de outubro de 2026 chega un ano máis a nosa cita para apre...
27/09/2026

🏛️VIII XORNADA SOBRE A MUGARDOS ROMANA🏛️

O vindeiro sábado 17 de outubro de 2026 chega un ano máis a nosa cita para aprender sobre o pasado galaico-romano en Mugardos 📍

🗣️ Da man de tres especialistas no tema, as charlas centraranse este ano na arqueoloxía da nosa contorna e na gastronomía romana 🏺🐟 Cos xacementos romanos de Caldoval e Noville como pano de fondo teremos o gusto de ter como invitadas á arqueóloga Vanesa Trevín coa conferencia titulada “Arqueoloxía, patrimonio e territorio: ensaios e reflexións desde o Ortegal”, María José Peitieiros, da Asociación Caetra Lucensium, con “De Apicio á mesa: a nosa experiencia culinaria”, e o arqueólogo Roberto Bartolomé, con “Últimas intervencións en Noville”, sobre a campaña de 2025.

🤔 Ide pensando as preguntas que lles quereres facer na mesa redonda coa que remataremos.

🪙 Este ano, a maiores, teremos un obradoiro didáctico impartido pola asociación de recreación histórica Caetra Lucensium ás 17:00 h. ⏰ de cuñaxe de moeda romana no que poderán participar persoas adultas e tamén haberá unha modalidade para familias con crianzas a partir de 6 anos.

✍️ As persoas interesadas en asistir poden anotarse a través do correo electrónico [email protected] ou do teléfono 687 072 116, xa que o aforo é limitado.

Non superamos a observación astronómica que vivimos o sábado en Caldoval ✨🥹 E por iso compartimos estas imaxes, aínda qu...
25/09/2026

Non superamos a observación astronómica que vivimos o sábado en Caldoval ✨🥹

E por iso compartimos estas imaxes, aínda que non lle fan xustiza á espectacular noite na que aprendimos tanto🤩 con Borja Tosar 🔭👏

🌌 O ceo despexado permitiu contemplar multitude de estrelas, constelacións, o planeta Saturno e ata obxectos do ceo profundo, moitas das cales aluden á mitoloxía grecolatina⚡️, polo que afondamos nesas historias que seguen a fascinarnos máis de 2000 anos despois de que unha persoa galaico romana puidera contemplar este mesmo ceo…

Dirección

Rúa Camiño Do Cemiterio
Mugardos
15620

Horario de apertura

Viernes 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Sábado 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Domingo 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Centro de Interpretación de Caldoval publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Centro de Interpretación de Caldoval:

Atajos

Compartir