Concello de Muxía

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Muxía Muxía é un concello da provincia da Coruña, situado na Costa da Morte.

🎭 Este sábado arranca a programación de Outono en Escena en Muxía, e facémolo cunha boa dose de humor da man de Malasomb...
14/10/2026

🎭 Este sábado arranca a programación de Outono en Escena en Muxía, e facémolo cunha boa dose de humor da man de Malasombra Producións!

A compañía chega con «D.E.P. (Descanse en paz)», unha comedia na que dous irmáns sacan o seu lado máis egoísta ante a repartición dunha herdanza. O problema? Que a súa nai aínda está viva! 😂

Mentiras, enganos e disputas familiares dan forma a unha historia tan disparatada como recoñecible, protagonizada por Jouse García e Xoque Carbajal e dirixida por Marcos Orsi.

🏆 Un espectáculo recoñecido co Premio Vigocultura 2019 e co Premio do Público da Mostra de Teatro de Malpica 2018.

📅 Sábado, 17 de outubro
⏱️ Duración: 75 minutos
👥 Recomendada a partir de 14 anos

Unha boa oportunidade para desfrutar do teatro e comezar esta nova programación cultural. Agardámosvos!

💜 As mulleres son unha parte fundamental da vida no rural, do seu desenvolvemento e da conservación das nosas tradicións...
14/10/2026

💜 As mulleres son unha parte fundamental da vida no rural, do seu desenvolvemento e da conservación das nosas tradicións.

Con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais, que se celebra o 15 de outubro, desde o Concello de Muxía organizamos un encontro para dar voz e recoñecer publicamente a aquelas mulleres que, co seu traballo e dedicación, contribúen a manter vivo o noso rural.

A través dunha conversa compartiremos experiencias de mulleres que coidan, traballan ou traballaron no rural, poñendo en valor a súa contribución á economía do sector primario e á vida das nosas comunidades.

📅 Mércores, 14 de outubro
📍 Escola de Quintáns

Un espazo para escoitar, compartir e recoñecer o papel das mulleres que forman parte da historia e do futuro das nosas parroquias.

🎬 Este xoves, 15 de outubro, Muxía acollerá a proxección do documental «L’archéologue» (O arqueólogo), dirixido por Antó...
13/10/2026

🎬 Este xoves, 15 de outubro, Muxía acollerá a proxección do documental «L’archéologue» (O arqueólogo), dirixido por Antón Taboada.

O filme achéganos á historia de Emile Gireau, un escultor que transforma restos do petroleiro Mar Exeo, recuperados do litoral coruñés, en creacións artísticas que nos convidan a reflexionar sobre a memoria do mar, os naufraxios e a pegada que deixan no territorio.

🌊 Unha proposta especialmente vinculada á historia de Muxía, onde o mar, a memoria das catástrofes marítimas e a solidariedade forman parte da nosa identidade colectiva.

Tras a proxección haberá un coloquio para afondar nos temas que aborda o documental.

📅 Xoves, 15 de outubro
🕜 13:30 h
📍 Edificio de Servizos Múltiples de Muxía
⏱️ Duración aproximada: 60 minutos (proxección e coloquio)
🤝 Actividade financiada pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Muxía.

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en MUXÍA.📆 Cando? o vindeiro martes, 13 de outubro🕘 En que horario...
07/10/2026

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en MUXÍA.

📆 Cando? o vindeiro martes, 13 de outubro
🕘 En que horario? de 9 a 14 horas
📍 Onde? Praza Cabo Vila

🤔 Para garantir a túa atención pide cita na seguinte ligazón 👉🏼 https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna/oficina-movil-cita-previa

Queres saber que servizos presta?

🔹 Asesoramento sobre programas de apoio ao retorno
🔹 Asistencia en trámites administrativos incluíndo xestións de temas relacionados coa sanidade, educación e seguridade social
🔹 Información tributaria
🔹 Orientación laboral, axudando na busca de emprego en Galicia e validación de títulos obtidos no estranxeiro
🔹 Información sobre opcións de vivenda

Achégate!

🤝 O Concello de Muxía celebrou o III Grupo de Traballo de Educación e Cultura da Mesa Local de Coordinación Interinstitu...
07/10/2026

🤝 O Concello de Muxía celebrou o III Grupo de Traballo de Educación e Cultura da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, centrado na coordinación do traballo que se desenvolve desde o ámbito educativo.

Durante o encontro abordáronse as próximas accións de sensibilización e prevención en igualdade, a coordinación da campaña do 25N e a identificación de novas necesidades e posibles melloras no protocolo de actuación nos centros educativos.

Na reunión participaron representantes do Concello, do CIM, do IES Ramón Caamaño e dos CEIP do municipio, reforzando o traballo conxunto para compartir criterios e avanzar na prevención, detección e intervención fronte á violencia machista.

💜 Seguimos traballando de maneira coordinada para promover a igualdade e a prevención desde as primeiras etapas educativas.

📢 Aviso urxenteDebido a unha avaría na rede de abastecemento de auga, será necesario realizar un corte temporal do submi...
07/10/2026

📢 Aviso urxente

Debido a unha avaría na rede de abastecemento de auga, será necesario realizar un corte temporal do subministro que afectará ás seguintes zonas:

• Sinagoga
• Mintirans
• Caberta

Os equipos están a traballar para resolver a incidencia e restablecer o servizo o antes posible.

💧 Desculpade as molestias e grazas pola vosa comprensión.

🌊 O vindeiro sábado, 10 de outubro, Mar de Fábula organiza unha nova xornada de limpeza colaborativa, desta vez na praia...
06/10/2026

🌊 O vindeiro sábado, 10 de outubro, Mar de Fábula organiza unha nova xornada de limpeza colaborativa, desta vez na praia e contorna de Espiñeirido.

Desde o Concello de Muxía colaboramos con esta iniciativa e animamos á veciñanza a participar nesta xornada de voluntariado para contribuír ao coidado da nosa costa e á retirada de residuos do medio mariño. 💙

📅 Sábado, 10 de outubro
🕚 11:00 h
📍 Praia de Espiñeirido

Para participar é necesario inscribirse previamente, por cuestións de cobertura do seguro, indicando nome, apelidos e DNI:

📧 [email protected]
📞 660 242 118

A Asociación Mar de Fábula facilitará todo o material necesario para realizar a limpeza.

Grazas por impulsar iniciativas que nos axudan a coidar e protexer a nosa contorna!

📢 Aviso urxenteDebido a unha avaría na rede de abastecemento de auga, será necesario realizar un corte temporal do submi...
05/10/2026

📢 Aviso urxente

Debido a unha avaría na rede de abastecemento de auga, será necesario realizar un corte temporal do subministro que afectará ás seguintes zonas:

• Xanzón
• Serantes
• Castelos
• Risamonde
• Condomiña

Os equipos están a traballar para resolver a incidencia e restablecer o servizo o antes posible.

💧 Desculpade as molestias e grazas pola vosa comprensión.

🟣 A exposición «Sinaladas» xa se pode visitar na Sala Gervasio Sar de Muxía.Onte tivo lugar a inauguración da mostra, pr...
02/10/2026

🟣 A exposición «Sinaladas» xa se pode visitar na Sala Gervasio Sar de Muxía.

Onte tivo lugar a inauguración da mostra, promovida pola Deputación da Coruña, coa participación do alcalde, Javier Sar; a deputada provincial de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, Sol Agra; e a concelleira de Igualdade, Aurelia Picallo.

Esta mañá, a súa autora, a investigadora Montse Fajardo, achegou o proxecto ao alumnado do IES Ramón Caamaño e ao público asistente a través dunha charla arredor das historias de mulleres vítimas da represión e da violencia que recupera «Sinaladas».

📍 A mostra permanecerá aberta do 5 ao 9 de outubro:
🕙 De 10:00 a 12:00 h
🕓 Martes 6 e xoves 8, tamén de 16:00 a 18:30 h

Animámosvos a achegarvos e coñecer estas historias que forman parte da nosa memoria.

🟣 A Galería Mulleres do Concello de Muxía dedica o mes de outubro a Shirin Neshat, artista e activista iraniana cunha ex...
02/10/2026

🟣 A Galería Mulleres do Concello de Muxía dedica o mes de outubro a Shirin Neshat, artista e activista iraniana cunha extensa traxectoria na fotografía e no audiovisual.

A través da súa obra, Neshat explora cuestións como a identidade, a liberdade individual e a situación das mulleres na cultura islámica, empregando recursos moi característicos como a fotografía en branco e negro, o vídeo e a escritura persa.

Entre os seus traballos máis coñecidos atópase a serie fotográfica «Mulleres de Alá». A súa videoinstalación «Turbulent» foi premiada na Bienal de Venecia de 1999 e, anos máis tarde, recibiu o León de Prata á mellor dirección no Festival de Cinema de Venecia de 2009 por «Mulleres sen homes».

📚 Cada mes, a Galería Mulleres achéganos a figura dunha muller destacada para coñecer a súa traxectoria e contribuír a visibilizar o seu legado. Este outubro convidámosvos a descubrir a obra e a historia de Shirin Neshat.

Dirección

Rúa Real, 35
Mugia
15124

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30
Sábado 00:00 - 00:15

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Muxía publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Muxía:

Atajos

Compartir

Categoría