AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA

Cómo llegar Página web

AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA Servizo de emerxencias e rescate 🛟,🚒🚨, Protección Civil Muxía.

A Agrupación Local de Protección Civil leva traballando no municipio dende 1992 en casos de risco grave, catástrofe pública ou emerxencias de todo tipo, actualmente conta con 52 voluntarios.

Na xornada de hoxe, sobre as 08:25 H da maña, o equipo de garda foi mobilizado polo 112 Galicia por mor dun incendio que...
09/10/2026

Na xornada de hoxe, sobre as 08:25 H da maña, o equipo de garda foi mobilizado polo 112 Galicia por mor dun incendio que afectou a varios remolques tipo caravana nas instalacións do Camping de Leis, no concello de Muxía.
Ata o lugar desprazouse o equipo de garda co vehículo BUL🚒.
Á súa chegada, os compañeiros do ADC Bombeiros Costa da Morte xa se atopaban realizando as labores de extinción, colaborando o noso persoal nas tarefas do operativo.
Nun primeiro momento, foron os propios usuarios do cámping e veciños da zona os que trataron de sufocar o incendio, empregando os medios dos que dispoñían.
Porén, debido á presenza de materiais altamente inflamables, que favoreceron a rápida propagación das lapas e incrementaron a intensidade do lume, os seus esforzos resultaron insuficientes, facendo imposible controlar e extinguir o incendio cos medios dispoñibles.
✅ Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, rexistrándose unicamente danos materiais.
🔥 Á rápida intervención, conseguiu evitar que as lapas se propagasen a outros remolques e instalacions que se atopaban nas inmediacións, impedindo así que o incendio adquirise maiores dimensións.
Efectivos intervenientes;
✅ADC BOMBEIROS COSTA DA MORTE.
✅GARDA CIVIL.
✅AVPC PROTECCION CIVIL MUXÍA.
✅ Avpc Camariñas

05/10/2026

Comenzamos semana informando á veciñanza das 🏪farmacias de garda dispoñibles durante esta semana, co obxectivo de facilitar o acceso á atención farmacéutica fóra do horario habitual.
Farmacia Quintáns

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no seu último boletín dun fenómeno meteorolóxico adverso por choiva de...
05/10/2026

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no seu último boletín dun fenómeno meteorolóxico adverso por choiva de nivel laranxa🟠, que afectará o Interior da Coruña e ao Centro e Montaña de Lugo desde primeiras horas da tarde do día 06/10/2026.

⚠️Desta maneira, é necesario seguir as recomendacións necesarias para evitar complicacións relacionadas coa meteoroloxía adversa.

Ás 🕑 12:45 horas deste mediodía fomos requiridos polo 112 Galicia para intervir na asistencia a unha persoa que se atopa...
04/10/2026

Ás 🕑 12:45 horas deste mediodía fomos requiridos polo 112 Galicia para intervir na asistencia a unha persoa que se atopaba indisposta na zona da rampla do porto de Muxía.
Ata o lugar mobilizamos o equipo de garda 🚔 e o axente da Policía Local fora de servizo, e así mesmo, os xestores do 112 Galicia mobilizaron efectivos do @061 Urxencias Sanitarias de Galicia 🚑, Garda Civil 👮 e o helicóptero medicalizado 🚁 H3 con base en Santiago.
Unha vez no punto, comprobouse que se trataba dunha muller, que se atopaba bañándose na zona e que, ao parecer, sufrira unha indisposición, sendo avistada flotando no mar, boca arriba.
Tras ser rescatada por un veciño da vila, a vítima foi trasladada ata a base de Protección Civil, onde se lle prestaron os primeiros auxilios e se realizaron as manobras necesarias para a súa reanimación, ata a chegada e intervención dos efectivos sanitarios.
A muller unha peregrina portuguesa, tras a rápida intervención e a asistencia recibida, conseguiu ser estabilizada.
O helicóptero medicalizado 🚁 desprazouse ata Muxía para participar no dispositivo, aínda que finalmente non foi necesaria a evacuación por vía aérea.
A vítima foi trasladada en ambulancia 🚑 ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para a súa valoración e revisión médica.
Dende a nosa agrupación desexámoslle unha pronta e satisfactoria recuperación.
Efectivos intervenientes:
▶️ AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXÍA 🚔
▶️ Garda Civil 👮
▶️ 061 Urxencias Sanitarias de Galicia 🚑
▶️ HelicoSantiago 🚁

⚠️ A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos que afectará a ...
28/09/2026

⚠️ A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos que afectará a Galicia durante o martes 29 de setembro.
🌧️ MUXÍA – NIVEL LARANXA🟠 POR CHOIVAS.
Ao atoparse Muxía na zona Oeste da Coruña, prevese unha acumulación de precipitación de ata 80 l/m² en 12 horas.
💨 Ademais, existe aviso por vento na provincia da Coruña, con refachos que poden acadar os 80 km/h.
👉 Desde Protección Civil de Muxía recomendamos extremar as precaucións:
🏠 Asegura ou retira macetas, mobiliario e outros obxectos que poidan ser desprazados polo vento.
🚗 Conduce con precaución e evita zonas con acumulación de auga.
🌊 Mantente afastado de zonas costeiras expostas durante os momentos de maior adversidade.
📲 Mantente informado a través das canles oficiais.
☎️ ANTE CALQUERA EMERXENCIA: 112
PROTECCIÓN CIVIL DE MUXÍA

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO – FENÓMENOS COSTEIROS 🌊💨A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenóm...
28/09/2026

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO – FENÓMENOS COSTEIROS 🌊💨
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos costeiros adversos para este martes 29 de setembro.
📍 MUXÍA atópase incluída na zona do litoral da Coruña Oeste, para a que se establece AVISO LARANXA🟠, entre a media mañá e a primeira hora da tarde.
🌬️ Prevese vento do sur de 50 a 61 km/h (forza 7) e condicións adversas no mar, con mar combinada do sur ou suroeste de 4 a 5 metros. Na contorna de Fisterra, durante as horas centrais do día, as condicións poden ser máis adversas.
👉 Desde Protección Civil de Muxía recomendamos extremar as precaucións, especialmente nas zonas costeiras.
Evitade achegarvos a cantís, praias, espigóns e outros lugares expostos ao mar, e non vos arrisquedes para observar ou fotografar a ondada.
🚧 Respectade sempre a sinalización, os peches e as indicacións dos servizos de emerxencias.
📞 Ante calquera emerxencia, chamade ao 112.
PRECAUCIÓN NO LITORAL 🌊
A SEGURIDADE É RESPONSABILIDADE DE TODOS.

Compartimos unha galería de imaxes do Dispositivo de Risco Previsible (DRP), da Romaría da Virxe da Barca, no que Protec...
25/09/2026

Compartimos unha galería de imaxes do Dispositivo de Risco Previsible (DRP), da Romaría da Virxe da Barca, no que Protección Civil de Muxía participou para contribuír á seguridade e ao bo desenvolvemento dunha das celebracións máis importantes do noso concello.
Foron xornadas de intenso traballo, coordinación e prevención, nas que os distintos efectivos estiveron presentes nos principais puntos e actividades da romaría, prestando apoio e atención ante calquera incidencia que puidese producirse.
Desde Protección Civil de Muxía queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as Agrupacións de Voluntarios de Protección de;
AVPC Laxe
AVPC Ferrol
AVPC Bergondo
AVPC Mazaricos
AVPC Noia
AVPC Camariñas
AVPC Negreira
AVPC Dumbría
AVPC Malpica
AVPC Corcubión,
que se desprazaron ata Muxía para colaborar connosco durante o operativo. 🤝🧡
Queremos poñer especialmente en valor o compromiso da Asociación Provincial de AVPC da Coruña, ao asumir a responsabilidade de coordinar o Dispositivo de Risco Previsible (DRP) durante a Romaría da Virxe da Barca, prestando en todo momento un apoio constante e decidido.
A vosa dispoñibilidade, profesionalidade e compañeirismo son fundamentais para poder afrontar con garantías dispositivos destas características.
Grazas tamén a todos os organismos, servizos e profesionais implicados no operativo e, por suposto, á veciñanza e ás persoas visitantes pola súa colaboración.
Grazas a todas e todos por sumar e por facer equipo.
🚨 Protección Civil Muxía
🧡 Ao servizo da veciñanza.

Ás 19:00 horas desta tarde, fomos mobilizados polo 112 Galicia para colaborar no operativo de busca dunha persoa, un var...
03/09/2026

Ás 19:00 horas desta tarde, fomos mobilizados polo 112 Galicia para colaborar no operativo de busca dunha persoa, un varón nonagenario, que faltaba da súa vivenda en Muxía desde facía varias horas, tras ser comunicada a súa desaparición pola súa familia.
Acto seguido de ter coñecemento da desaparición e tras a súa comunicación ás forzas de seguridade, activouse un operativo conxunto de busca, no que participaron efectivos da Garda Civil, Policía Local, Voluntarios da Protección Civil de Muxía, familiares e veciños, sumándose tamén medios aéreos mediante drons da AVPC Protección Civil Muxía e da Policía Local.
Lamentablemente, sobre as 22:00 horas deste xoves, a persoa foi localizada sen vida na zona da Baiuca / Figueiras (parroquia de Moraime), a uns dous quilómetros da súa casa, por unha veciña que participaba nas labores de busca.
Desde Protección Civil Muxía e a Policía Local, queremos trasladar o noso máis sentido pésame á familia e achegados, así como todo o noso cariño e apoio nestes momentos tan difíciles.
D.E.P. CHUCHO. 🖤

📢 Comeza a conta atrás para a Romaría da Virxe da Barca!Dende Protección Civil Muxía lembrámosvos que mañá comeza a Nove...
02/09/2026

📢 Comeza a conta atrás para a Romaría da Virxe da Barca!
Dende Protección Civil Muxía lembrámosvos que mañá comeza a Novena Previa á Romaría da Virxe da Barca, con oficios ás 09:00 e ás 19:00 horas.
🚗 Para facilitar a seguridade e a mobilidade durante estes días, todos os vehículos deberán acceder á zona do Santuario polo acceso principal, pola Rúa Virxe da Barca.
⛔ Queda prohibido o acceso pola Rúa Atalaia.
🙏 Agradecemos a colaboración de todas e todos para que estas celebracións se desenvolvan con seguridade e tranquilidade.
Protección Civil Muxía | Policía Local Muxía 🚨

Dirección

Calle Virxe Dá Barca 26
Mugia
15124

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir