Concello do Valadouro

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello do Valadouro Páxina Oficial do Concello do Valadouro

🎃👻 CONTOS DE MEDO... OU NON! 👻🎃😱😱😱Este venres, 23 de outubro, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura do Valadouro acollerá un...
22/10/2026

🎃👻 CONTOS DE MEDO... OU NON! 👻🎃
😱😱😱
Este venres, 23 de outubro, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura do Valadouro acollerá un espectáculo moi especial como preludio do tempo de Samaín. 🌙🕯️

📖 A gran narradora PAULA CARBALLEIRA chega con «Contos de medo... ou non», unha proposta chea de misterio, humor e historias que non vos deixarán indiferentes.
💬 «Os contos de medo non son para dar medo, máis ben para quitalo... de momento».
Porque os contos de medo son deses que primeiro nos fan rir e despois nos deixan cóxegas no estómago... sabendo que volveremos lembrarnos deles cando chegue a noite! 🌚✨

📅 Venres, 23 de outubro de 2026
🕗 20:00 horas
📍 Casa da Cultura do Valadouro (Ferreira)

📚 Esta actividade enmárcase no programa Ler Conta Moito, de promoción da lectura e dinamización das bibliotecas da Xunta de Galicia.

🎃 Atrevédesvos a vir escoitar?

Ídevos preparando para ter medo ou non...O próximo venres 23 de outubro ás 20:00 horas na Casa da Cultura, veremos un es...
14/10/2026

Ídevos preparando para ter medo ou non...O próximo venres 23 de outubro ás 20:00 horas na Casa da Cultura, veremos un espectáculo preludio do tempo de Samaín.
A gran narradora Paula Carballeira presenta Contos de Medo...ou non.
Os contos de medo non son para dar medo, máis ben para quitalo... de momento.
Os contos de medo son os que dan risa primeiro e deixan cóxegas no estómago, porque sabemos que imos lembrarnos deles ... pola noite.

Este evento enmárcase no programa Ler Conta Moito de promoción e divulgación das bibliotecas da Xunta de Galicia.

🍯 ###IX FEIRA DO MEL DO VALADOURO | RESTRICIÓNS DE TRÁFICO E ESTACIONAMENTO 🚫Con motivo da celebración da ###IX Feira do...
08/10/2026

🍯 ###IX FEIRA DO MEL DO VALADOURO | RESTRICIÓNS DE TRÁFICO E ESTACIONAMENTO 🚫
Con motivo da celebración da ###IX Feira do Mel, o vindeiro sábado, 10 de outubro de 2026, na vila de Ferreira, estableceranse as seguintes restricións de circulación e estacionamento para facilitar o desenvolvemento da feira e das actividades programadas.
🚫 PROHIBICIÓN DE CIRCULACIÓN
📍 Rúa Andrés López Palmeiro e Praza de Santa María.
📅 Venres, 9 de outubro: de 08:00 a 15:00 h.
📅 Sábado, 10 de outubro: de 08:00 a 22:00 h.
🅿️ PROHIBICIÓN DE ESTACIONAMENTO
⛔ Desde o venres, 9 de outubro, ás 07:00 h:
• Praza de Santa María.
• Rúa Andrés López Palmeiro.
⛔ O sábado, 10 de outubro, tamén estará prohibido estacionar no Parque Concepción Arenal, debido á reubicación dos postos do mercado semanal.
🍯 A ###IX Feira do Mel contará con exposición e venda de mel e produtos derivados, produtos de tempada, degustacións e diversas actividades para todos os públicos.
🙏 Agradecemos a colaboración e comprensión da veciñanza, así como o respecto á sinalización provisional e ás restricións establecidas

«𝓐 𝓐𝓻𝓽𝓮 𝓭𝓸 𝓗𝓲𝓭𝓻𝓸𝓶𝓮𝓵: 𝓗𝓲𝓼𝓽𝓸𝓻𝓲𝓪, 𝓣𝓻𝓪𝓭𝓲𝓬𝓲𝓸́𝓷 𝓮 𝓔𝓵𝓪𝓫𝓸𝓻𝓪𝓬𝓲𝓸́𝓷»Charla-cata divulgativa sobre a historia da hidromel, a súa pre...
06/10/2026

«𝓐 𝓐𝓻𝓽𝓮 𝓭𝓸 𝓗𝓲𝓭𝓻𝓸𝓶𝓮𝓵: 𝓗𝓲𝓼𝓽𝓸𝓻𝓲𝓪, 𝓣𝓻𝓪𝓭𝓲𝓬𝓲𝓸́𝓷 𝓮 𝓔𝓵𝓪𝓫𝓸𝓻𝓪𝓬𝓲𝓸́𝓷»

Charla-cata divulgativa sobre a historia da hidromel, a súa presenza e mitoloxía nas culturas antigas, anécdotas históricas e o seu vínculo coas raíces castrexas ou celtas en Galicia, así como a análise deste produto na actualidade. Este acto de acceso gratuíto será programado ás 11 da mañá o sábado 10 de outubro no marco da Feira do Mel do Concello do Valadouro

LEMBRADE apuntarse na Casa da Cultura para seguir esta charla, dado o seu aforo limitado, podes facelo por teléfono 982571516, no correo [email protected] ou presencialmente en horario de mañás e tardes.

🚜 INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLASO vindeiro luns, 19 de outubro de 2026, unha Unidade Móbil de ITV desprazaras...
06/10/2026

🚜 INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
O vindeiro luns, 19 de outubro de 2026, unha Unidade Móbil de ITV desprazarase ao Concello do Valadouro para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas.
📍 Lugar: Explanada do antigo Matadoiro.
🕘 Horario:
• Mañá: de 9:00 a 13:30 h
• Tarde: de 15:15 a 18:00 h
📅 É necesario solicitar CITA PREVIA:
• ☎️ Por teléfono: 981 92 80 80
• 🌐 A través de www.sycitv.com → Cita Previa
Recoméndase solicitar a cita con antelación.

🚧 CORTE DE RÚAS POR OBRASO Concello do Valadouro informa de que, con motivo das obras de mellora da rede de saneamento, ...
03/10/2026

🚧 CORTE DE RÚAS POR OBRAS
O Concello do Valadouro informa de que, con motivo das obras de mellora da rede de saneamento, a partir do luns, 5 de outubro de 2026, será necesario realizar cortes de tráfico e prohibir o estacionamento nos seguintes treitos:
📍 Rúa Xistral
Desde o cruzamento coa rúa José Antonio Ferreiro González ata a avenida de Viveiro.
📍 Rúa José Antonio Ferreiro González
Desde o cruzamento coa rúa Xistral ata a rúa Leandro Buján.
📍 Rúa Fonte Nova, no acceso á rúa Xistral.
⛔ Queda prohibida a circulación e o estacionamento nos treitos afectados.
🚗 Permitirase o acceso aos garaxes, sempre que o desenvolvemento das obras e as condicións de seguridade o permitan.
⚠️ Prégase retirar os vehículos estacionados nas zonas afectadas antes do inicio das obras e respectar en todo momento a sinalización provisional e as indicacións do persoal.
📅 Inicio: luns, 5 de outubro de 2026
🛠️ Duración: ata o remate das obras
O Concello do Valadouro agradece a colaboración e comprensión da veciñanza e pide desculpas polas molestias ocasionadas.

Impartición de charla-cata divulgativa sobre a historia e esencia do hidromel ás 11:00 do sábado 10 de outubro no marco ...
02/10/2026

Impartición de charla-cata divulgativa sobre a historia e esencia do hidromel ás 11:00 do sábado 10 de outubro no marco da Feira do Mel. Por ser aforo limitado hai que inscribirse na Casa da Cultura presencialmente ou por teléfono 982571516 de luns 5 a venres 9 de outubro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

𝟯𝟵ª 𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗗𝗢 𝗠𝗘𝗟 🐝🍯🐝Sábado 10 outubro10:00 horas. Apertura da Feira do Mel na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreir...
02/10/2026

𝟯𝟵ª 𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗗𝗢 𝗠𝗘𝗟 🐝🍯🐝

Sábado 10 outubro
10:00 horas. Apertura da Feira do Mel na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira.
Exposición de debuxos presentados ao certame da 39ª Feira do Mel

11:00 Charla-Cata sobre o Hidromel (aforo limitado-inscricións na Casa da Cultura)

11:00 Obradoiro de Velas a cargo de Devalo.

12:00 Actuación da man de AC Amado Lar

Degustación de ecocócteles (avisarase con antelación na praza)

13:00 Batukada por AC Fandangueiros

13:00 Degustación de Filloas con Mel

14:30 Primeiro Sorteo dun Lote de Produtos da feira.

17:00 Contacontos musical MUMÁXICA a cargo de Iseo a Moura

18:00 Charanga Noroeste

18:30 Degustación de castañas

19:00 Segundo Sorteo dun Lote de Produtos da feira.

🏃 V CARREIRA POPULAR ALFOZ–VALADOURO📅 Sábado, 3 de outubro de 2026O vindeiro sábado celébrase a V Carreira Popular Alfoz...
02/10/2026

🏃 V CARREIRA POPULAR ALFOZ–VALADOURO
📅 Sábado, 3 de outubro de 2026
O vindeiro sábado celébrase a V Carreira Popular Alfoz–Valadouro, con saída en Alfoz e meta no Pavillón Polideportivo Municipal do Valadouro. A proba transcorrerá polas principais vías da vila.
Por este motivo, estableceranse RESTRICIÓNS DE TRÁFICO E PROHIBICIÓNS DE APARCAR durante a mañá:
🔹 AVENIDA DA VEIGA
Desde o cruce dos Pinos ata o cruce coa Avda. Rosalía de Castro.
⏰ 10:00–12:00 h
↔️ Circulación en dobre sentido regulada por un único carril.
🔹 AVENIDA ROSALÍA DE CASTRO
⏰ 10:00–12:00 h
↔️ Circulación en dobre sentido regulada por un único carril.
Durante a carreira realizaranse cortes puntuais.
Non se poderá cruzar a estrada á altura do parque, agás con autorización do persoal coordinador da carreira ou de Protección Civil.
🔹 RÚA ANDRÉS LÓPEZ PALMEIRO
⏰ 10:00–12:00 h
⛔ Circulación e estacionamento prohibidos en toda a rúa, incluído o aparcadoiro municipal.
🔹 AVENIDA DE VIVEIRO
⏰ 10:00–13:00 h
🚗 Circulación nun único sentido, cara a Viveiro.
⛔ Prohibido aparcar no tramo comprendido entre o Camiño da Cruz e a rotonda da Avenida de Viveiro.
🔹 RÚA JOSÉ ANTONIO FERREIRO GONZÁLEZ
⏰ 10:00–13:30 h
⛔ Circulación e estacionamento prohibidos en toda a rúa ata o cruce con Leandro Buján.
🔹 RÚA LEANDRO BUJÁN
⏰ 10:00–13:30 h
⛔ Circulación e estacionamento prohibidos en toda a rúa.
🚫 Durante este período tampouco estará permitida a saída dos garaxes.
🔹 AVENIDA DEPUTACIÓN
➡️ Circulación en dirección á Avenida da Veiga para os vehículos procedentes da dirección de Viveiro.
⛔ Prohibido aparcar fronte ao CEIP Santa María do Valadouro.
Permitirase o acceso aos garaxes dos números 1 e 3 da Avenida Deputación, respectando en todo momento o sentido e as normas de circulación establecidos.
🔹 CAMIÑO DA GRANDA
⏰ 11:00–13:30 h
➡️ Circulación nun único sentido, desde a dirección de Viveiro cara á Avenida Deputación.
🚫 Non se poderá cruzar a estrada, agás con autorización do persoal coordinador da carreira ou de Protección Civil.
🅿️ APARCADOIRO MUNICIPAL A CARÓN DOS SUPERMERCADOS
O acceso e a saída realizaranse unicamente pola rúa Xistral, respectando o seu sentido habitual de circulación.
⚠️ IMPORTANTE
Os horarios indicados son orientativos e poderán variar en función do desenvolvemento da proba e das indicacións da organización, autoridades e Protección Civil.
Unha vez rematada a actividade, restableceranse progresivamente a circulación e o estacionamento habituais.
👏 Animamos a veciños, veciñas e visitantes a achegarse a desfrutar da proba e agradecemos de antemán a colaboración e o respecto ás indicacións da organización, autoridades e membros de Protección Civil.

𝐄𝐝𝐮𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐞𝐧 𝐅𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚 O programa Educando en Familia, centrado no benestar infantil, a educación emocional e o fortaleceme...
25/09/2026

𝐄𝐝𝐮𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐞𝐧 𝐅𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚

O programa Educando en Familia, centrado no benestar infantil, a educación emocional e o fortalecemento dos vínculos familiares, presenta unha nova convocatoria para dar a coñecer os seus servizos ás familias.
📅 martes 29 de setembro 🕔 17:00 h 📍 IES Alfoz-Valadouro

NOVO SERVIZO DE ACOMPAÑAMENTO PSICOPEDAGÓXICO ÁS FAMILIAS
Como novidade, o programa incorpora un servizo especializado de atención individualizada para a detección temperá, orientación e acompañamento ante dificultades relacionadas co desenvolvemento, a aprendizaxe e o benestar emocional das crianzas.

Ofrece apoio en cuestións como as necesidades específicas de apoio educativo, a regulación emocional, a autonomía e as habilidades sociais, así como asesoramento ás familias e coordinación cos centros educativos.

A quen vai dirixido?
A familias con crianzas de 0 a 6 anos, nais xestantes, avós e coidadores e familias que precisen apoio ou orientación educativa.

☎ Máis información sobre o novo servizo: 676 259 076 www.educandoenfamilia.org

Dirección

Feira Nova
Nº1
27770

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello do Valadouro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello do Valadouro:

Atajos

Compartir