Concello de Narón

Cómo llegar Página web

Concello de Narón Páxina institucional oficial do Concello de Narón Páxina de Facebook oficial do Concello de Narón.

🏹🎯🏆 O XXI "Trofeo de tiro con arco Cidade de Narón" reuniu no pavillón da Gándara a preto de cen deportistas procedentes...
24/10/2026

🏹🎯🏆 O XXI "Trofeo de tiro con arco Cidade de Narón" reuniu no pavillón da Gándara a preto de cen deportistas procedentes de dezaseis clubs de Galicia e un de Asturias, repartidos en catorce categorías (desde prebenxamín ata absoluta).

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro José Oreona asistiron á entrega de trofeos deste torneo organizado polo do Club ARCO NARÓN.

👵👴💬🕰️🎨🧠 Poñemos en macha en Pedroso o programa “Volver compartir a vida”, unha iniciativa do Servizo Sociocomunitario pe...
23/10/2026

👵👴💬🕰️🎨🧠 Poñemos en macha en Pedroso o programa “Volver compartir a vida”, unha iniciativa do Servizo Sociocomunitario pensada para previr a soidade non desexada. Está dirixida a persoas maiores de 70 anos, sen ningún outro requisito, e as sesións combinarán a conversa e o coñecemento mutuo con dinámicas de grupo, actividades creativas, exercicios para manter a memoria en forma e momentos de lecer, entre outras accións, sempre nun grupo pequeno cun máximo de doce participantes.

As sesións comezarán este domingo, día 26 de outubro, e rematarán o 30 de novembro, tendo lugar cada luns e domingo de 17:00 a 19:00 h no centro cívico social de Pedroso.

Esta nova proposta foi presentada pola concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, quen recalcou que non fai falta saber nada nin traer nada, tan só querer asistir, e que é totalmente de balde, pero cómpre reservar praza.

ℹ Máis info:
💻 https://naron.gal/cat/gal/novas/get/7197
📞 981337700, ext 1108 e 1109
📲 698122420

🎃👻🎶🎉🕯️🎬 Prepárate para vivir un Samaín de medo en Narón! Este ano, temos unha programación chea de actividades para toda...
23/10/2026

🎃👻🎶🎉🕯️🎬 Prepárate para vivir un Samaín de medo en Narón! Este ano, temos unha programación chea de actividades para toda a familia que non vos podedes perder.

Comezamos o sábado 31 de outubro no Centro Cívico Social de San Mateo de Trasancos. Ás 18:00 h inauguraremos unha exposición de cabazas e ofreceremos un obradoiro con xogos temáticos de Samaín, abriendo quince minutos despois e ata as 23:00 h as portas da Casa do Terror para os máis valentes.🎃

A partir das 19:00 h, a Comitiva das Luces e Tebras iluminará as inmediacións nun paseo cheo de sorpresas 🕯️. A música comezará ás 19:30 horas coa actuación de A Banda do Verán 🎶. Non vos esquezades de probar o delicioso caldo e os liscos que preparará a Agrupación Veciñal de San Mateo a partir das 20:15 h, cunha ración a tan só 2,5 euros. A festa continuará na carpa ata as 23:00 h 🎉.

Ademais, o venres 30 de outubro, poderemos g***r do filme “Monstruos, S. A.” no Pazo da Cultura, dentro do ciclo Samaín de Cine 🎬, con entrada é de balde.

A actividade foi presentada por Marián Ferreiro, alcaldesa de e presidenta do Padroado da Cultura, xunto con María Porto, da Agrupación Veciñal San Mateo de Trasancos, e Alberto Pena, do Cineclube Serie B.

ℹ https://naron.gal/cat/gal/novas/get/7196

🎶🎉🌟🎸🤝🎤 Presentamos a Primeira Experiencia Promocional de Incluson, o Festival Musical Accesible e Inclusivo do Camiño, q...
22/10/2026

🎶🎉🌟🎸🤝🎤 Presentamos a Primeira Experiencia Promocional de Incluson, o Festival Musical Accesible e Inclusivo do Camiño, que se celebrará no Paseo Marítimo de Xuvia, parte da Ruta Xacobea! 🚶‍♀️🗺️

O sábado 7 de novembro, desde as 11:00 ata as 24:00 h, viviremos unha xornada chea de música, inclusión e diversión para todas e todos, polo que a accesibilidade será clave neste evento. O festival contará con interpretación en lingua de signos, mochilas vibratorias, espazo de calma e moito máis para garantir que cada persoa poida vivir a súa propia experiencia. Ademais, o recinto será totalmente accesible para persoas con mobilidade reducida e ofreceremos apoio e acompañamento para quen o necesite.

Non vos perdades as actuacións de Só Elas, Chungo Pastel, Fran ReiyDJ, Mas Music DJs, DiversidArte, Marcos Mella, Batalha, e Nuevo Plan! 🎶 Ademais, poderedes g***r de deliciosas opcións gastronómicas nos food trucks e descubrir artesanía local.

O evento foi presentado por Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, María Lorenzo e Natalia Hermida, concelleiras de Benestar Social e de Turismo, respectivamente, e Rosa María Echevarría, Daniel Ríos e Sergio Viñas, de I'tics, e conta tamén co patrocinio da Xunta de Galicia, Xacobeo 2027 e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Agardámosvos! 💫

ℹ https://naron.gal/cat/gal/novas/get/7193
---------------------
🎶🎉🌟🎸🤝🎤 ¡Presentamos la Primera Experiencia Promocional de Incluson, el Festival Musical Accesible e Inclusivo del Camiño, que se celebrará en el Paseo Marítimo de Xuvia, parte de la Ruta Jacobea! 🚶‍♀️🗺️

El sábado 7 de noviembre, desde las 11:00 hasta las 24:00 h, viviremos una jornada llena de música, inclusión y diversión para todas y todos, por lo que la accesibilidad será clave en este evento. El festival contará con interpretación en lengua de signos, mochilas vibratorias, espacio de calma y mucho más para garantizar que cada persona pueda vivir su propia experiencia. Además, el recinto será totalmente accesible para personas con movilidad reducida y ofreceremos apoyo y acompañamiento para quien lo necesite.

No os perdáis las actuaciones de Só Elas, Chungo Pastel, Fran ReiyDJ, Mas Music DJs, DiversidArte, Marcos Mella, Batalha, y Nuevo Plan! 🎶 Además, podréis disfrutar de deliciosas opciones gastronómicas en los food trucks y descubrir artesanía local.

El evento fue presentado por Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, María Lorenzo y Natalia Hermida, concejalas de Bienestar Social y de Turismo, respectivamente, y Rosa María Echevarría, Daniel Ríos y Sergio Viñas, de I'tics, y cuenta también con el patrocinio de la Xunta de Galicia, Xacobeo 2027 y la Asociación de Ayuntamientos del Camiño Inglés.

¡Os esperamos! 💫

🏹🎯🏆 Preto de cen deportistas procedentes de dezaseis clubs de Galicia e un de Asturias, repartidos en catorce categorías...
22/10/2026

🏹🎯🏆 Preto de cen deportistas procedentes de dezaseis clubs de Galicia e un de Asturias, repartidos en catorce categorías (desde prebenxamín ata absoluta), participarán este sábado no XXI "Trofeo de tiro con arco Cidade de Narón", que se celebrará ao longo de todo o día no pavillón da Gándara.

A proba foi presentada esta mañá pola alcaldesa, Marián Ferreiro, acompañada por polo vicepresidente do Club ARCO NARÓN, Anxo Grandal, e o tesoureiro da entidade, Víctor Matesanz.

ℹ https://naron.gal/cat/gal/novas/get/7192
-----------------
🏹🎯🏆 Cerca de cien deportistas procedentes de dieciséis clubes de Galicia y uno de Asturias, repartidos en catorce categorías (desde prebenjamín hasta absoluta), participarán este sábado en el XXI "Trofeo de tiro con arco Cidade de Narón", que se celebrará a lo largo de todo el día en el pabellón de A Gándara.

La prueba fue presentada esta mañana por la alcaldesa, Marián Ferreiro, acompañada por por el vicepresidente del Club Arco Narón, Anxo Grandal, y el tesorero de la entidad, Víctor Matesanz.

🌿🏅💚🏞️🌍👩‍💼 A Xunta de Galicia entregounos hoxe, por segundo ano consecutivo, unha "Bandeira Verde de Galicia" en recoñece...
21/10/2026

🌿🏅💚🏞️🌍👩‍💼 A Xunta de Galicia entregounos hoxe, por segundo ano consecutivo, unha "Bandeira Verde de Galicia" en recoñecemento ás boas prácticas medioambientais que levamos a cabo en Narón e á nosa dedicación cara a un futuro sostible. 🌱💪

Entre os proxectos máis destacados están a senda fluvial do río Freixeiro, a pacificación do tráfico, a eliminación de barreiras arquitectónicas arredor do CEIP Piñeiros e na praza do Concello de Xuvia, a xestión do lixo (coa recollida de biorresiduos, con 52 puntos de achega, e os programas de compostaxe doméstica), o mantemento de máis de 400.000 metros cadrados de zonas verdes, a posta en valor da Ruta dos Muíños e do Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX), a mellora da rede de abastecemento de auga, a extensión do alumeado LED e a educación ambiental (cos obradoiros nos colexios e o proxecto Guizo).

A alcaldesa Marián Ferreiro, desprazouse ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, acompañada polo xefe de Servizos básicos e mantemento, Jairo Orjales, para recoller esta distinción.

ℹ️ https://naron.gal/cat/gal/novas/get/7191
-----------------
🌿🏅💚🏞️🌍👩‍💼 La Xunta de Galicia nos entregó hoy, por segundo año consecutivo, una "Bandeira Verde de Galicia" en reconocimiento a las buenas prácticas medioambientales que llevamos a cabo en Narón y a nuestra dedicación hacia un futuro sostenible. 🌱💪

Entre los proyectos más destacados están la senda fluvial del río Freixeiro, la pacificación del tráfico, la eliminación de barreras arquitectónicas alrededor del CEIP Piñeiros y en la plaza do Concello de Xuvia, la gestión de la basura (con la recogida de biorresiduos, con 52 puntos de aportación, y los programas de compostaje doméstico), el mantenimiento de más de 400.000 metros cuadrados de zonas verdes, la puesta en valor de la Ruta dos Muíños y del Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX), la mejora de la red de abastecimiento de agua, la extensión del alumbrado LED y la educación ambiental (con los talleres en los colegios y el proyecto Guizo).

La alcaldesa Marián Ferreiro, se desplazó al Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, acompañada por el jefe de Servicios básicos y mantenimiento, Jairo Orjales, para recoger esta distinción.

📡📶 A despregadura do servizo móbil de nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz dos principai...
21/10/2026

📡📶 A despregadura do servizo móbil de nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz dos principais operadores móbiles, tecnoloxía prestada sobre estas bandas de frecuencia anteriormente utilizadas pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), pode levar consigo a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de TDT. En caso de que isto ocorra, é preciso contactar coa empresa llega700 para resolver calquera posible problema no teléfono de atención gratuíto 900833999.

ℹ️ https://www.llega700.es
--------------------
📡📶 El despliegue del servicio móvil de nueva generación 4G y 5G sobre las bandas de frecuencia de 700 y 800 MHz de los principales operadores móviles, tecnología prestada sobre estas bandas de frecuencia anteriormente utilizadas por la Televisión Digital Terrestre (TDT), puede llevar consigo la aparición de determinadas afectaciones en la recepción de la señal de TDT. En caso de que esto ocurra, es preciso contactar con la empresa llega700 para resolver cualquier posible problema en el teléfono de atención gratuito 900833999.

❌💧 Atención, debido á realización de tarefas de mantemento será necesario realizar un corte de auga que afectará ás segu...
20/10/2026

❌💧 Atención, debido á realización de tarefas de mantemento será necesario realizar un corte de auga que afectará ás seguintes zonas do Polígono de Río do Pozo:

🗓️ Venres 23 de outubro
🕤🕟 De 9:30 a 16:30 h
📌 Avenida Gonzalo Navarro (desde Hotel Valcarce ata Megamalla)
📌 Rúa Ferreiros
📌 Rúa Telleiros
📌 Rúa Carpinteiros

🛍️🌟🗣️📈📅🔔 ÚLTIMOS DÍAS para anotarse á iniciativa “En que podo axudarche?” de apoio ao comercio local de Narón e fomento ...
19/10/2026

🛍️🌟🗣️📈📅🔔 ÚLTIMOS DÍAS para anotarse á iniciativa “En que podo axudarche?” de apoio ao comercio local de Narón e fomento do uso do galego, tanto na atención ao público como nas redes sociais, para que sexa a lingua de referencia ao atender a clientela e ao comunicarnos en liña! 📲

Os negocios que participen deberán cumprir dous retos entre o 25 de outubro, Día
Internacional do Comercio Local, e o 11 de novembro, Día Mundial das Compras. O primeiro reto é atender en galego, mantendo a lingua a menos que a clientela prefira outra. O segundo consiste en publicar contido en galego nas redes sociais. 🌐

Ademais, ofreceremos formación e recursos a través do Servizo de Normalización Lingüística Concello de Narón para que poidan sentirse cómodos ao utilizar a nosa lingua. Os negocios que logren os retos poderán participar nun vídeo publicitario e nun curso sobre márketing, titulado “O idioma como elemento diferenciador”, impartido por Xosé Luis Reza Pérez. 🎥📚

📧 Para participar, só hai que escribir a [email protected] ata o 22 de outubro. Os establecementos participantes poderán identificarse cunha chapa e un adhesivo que informan á clientela de que serán atendidos en galego. 💬

ℹ️ https://naron.gal/cat/gal/novas/get/7180

🥇🥈🥉 Dous ouros, catro pratas e sete bronces resumen a extraordinaria participación da ADC Bombeiros Narón nos XI Xogos E...
19/10/2026

🥇🥈🥉 Dous ouros, catro pratas e sete bronces resumen a extraordinaria participación da ADC Bombeiros Narón nos XI Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, celebrados en Vigo, os nosos parabéns!! 👏🏻👏🏻👏🏻

Dirección

Plaza Galicia, S/N
Narón
15570

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 13:30
Martes 08:30 - 13:30
Miércoles 08:30 - 13:30
Jueves 08:30 - 13:30
Viernes 08:30 - 13:30

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Narón publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir