Concello de Neda

Cómo llegar Página web

Concello de Neda Páxina oficial do Concello de Neda, un acolledor municipio cunha poboación de ao redor de 5.000 habitantes.

Aquí atoparás información sobre os servizos e actividades da Administración local

🙋‍♂️Lembramos que esta madrugada toca cambio de hora. Haberá que atrasar o reloxo. E así, ás 3:00 volverán ser as 2:00 h...
24/10/2026

🙋‍♂️Lembramos que esta madrugada toca cambio de hora. Haberá que atrasar o reloxo. E así, ás 3:00 volverán ser as 2:00 h.

Este luns, a partir das 12 horas, haberá sesión extraordinaria e urxente do Pleno do Concello na Casa Consistorial. Comp...
23/10/2026

Este luns, a partir das 12 horas, haberá sesión extraordinaria e urxente do Pleno do Concello na Casa Consistorial. Compartimos a orde do día da reunión que, como sempre, está aberta á veciñanza.

📅Apuntade en axenda. O sábado 31, de 19 a 21 horas,   celebra o samaín e o seu tradicional magosto. O núcleo urbano cent...
23/10/2026

📅Apuntade en axenda. O sábado 31, de 19 a 21 horas, celebra o samaín e o seu tradicional magosto. O núcleo urbano centralizará a programación festiva, cunha renovada “Senda das ánimas” 🧟‍♂️🎃, destinada ao público infantil (acompañado por adultos) e xuvenil, como principal aposta. Desta volta, o percorrido pola Rúa Real sumará ás escenas teatralizadas e sustos, probas que haberá que superar para avanzar. Cada poucos minutos, arrincará unha quenda con 20 valentes😉.

👉De luns a mércores, ábrese un prazo de inscrición na biblioteca municipal ( ☎ 981390233) exclusivo para a rapazada nedense. E o xoves e venres, poderán apuntarse visitantes ata cubrir as 480 prazas dispoñibles.

🌰De forma simultánea, haberá magosto, con animación musical, na Casa das Palmeiras. Unha cita aberta ao conxunto da cidadanía.

⌛Ata fin de mes é posible apuntarse nos cursos gratuítos de prevención de riscos no fogar e primeiros auxilios para maio...
23/10/2026

⌛Ata fin de mes é posible apuntarse nos cursos gratuítos de prevención de riscos no fogar e primeiros auxilios para maiores de 👴👵, que o Concello ten previsto levar a cabo durante o mes de novembro co apoio da Deputación da Coruña 🤝. Impartiranse -sempre que haxa grupo- en Anca e no Roxal (luns e mércores, ás 16 e 18 h, respectivamente), e na Casilla do Puntal e no centro cívico, os martes e xoves nos mesmos horarios.

👉Inscricións na Casa do Concello ou chamando ao ☎ 981380039.

📅O próximo martes, nova cita co IX Ciclo nacional de Cine y Mujeres rurales, que impulsa o Ministerio de Agricultura e n...
22/10/2026

📅O próximo martes, nova cita co IX Ciclo nacional de Cine y Mujeres rurales, que impulsa o Ministerio de Agricultura e no que colabora o Concello🤝. Nesta segunda entrega, proxectarase na Casa da Cultura o filme “La buena letra” 🎞. Unha película de Celia Rico, ambientada na posguerra española, e centrada nas relacións familiares e no papel das mulleres dentro dunha contorna onde muchos sacrificios quedan ocultos tras a aparente normalidade. 🕗A cita, con entrada libre, terá lugar a partir das 20 horas .

🎭Neda retomará en novembro as escolas municipais de teatro. A rapazada afeccionada ao mundo da interpretación volverá te...
22/10/2026

🎭Neda retomará en novembro as escolas municipais de teatro. A rapazada afeccionada ao mundo da interpretación volverá ter na vila a oportunidade de formarse e de pisar por primeira vez as táboas dos escenarios😊. O Concello abre dende xa o prazo de inscrición, chamando ao ☎ 981390233, para sumarse ás súas agrupacións infantil, de 6 a 12 anos, e xuvenil, de 13 a 18 anos, que volverán contar como mestra con Marián Rei.

👉Ao estar os grupos asentados, as prazas son limitadas. O ensaio do máis pequenos terá lugar na Casa da Cultura todos os mércores, de 17:30 a 19:00 h, e o dos maiores, os venres, de 17:00 a 20:00 h. A actividade prolongarase ata xuño.

🌰Lembramos que ata fin de mes, os maiores de   poden apuntarse de balde nos Servizos Sociais para asistir ao Magosto da ...
22/10/2026

🌰Lembramos que ata fin de mes, os maiores de poden apuntarse de balde nos Servizos Sociais para asistir ao Magosto da Terceira idade 👴👵, que terá lugar o venres 6 de novembro (18 h) no centro cívico. A actividade de lecer incluirá a tradicional merenda con castañas asadas, boliños preñados e proia, e animación musical en directo🎶.

📣Esgotados os convites para o espectáculo “Enredadas no Camiño” co que este venres en   a humorista Leti Da Taberna pech...
21/10/2026

📣Esgotados os convites para o espectáculo “Enredadas no Camiño” co que este venres en a humorista Leti Da Taberna pecha a súa xira, iniciada en agosto, por dez localidades situadas nas rutas de peregrinación a Compostela. A proposta incluída no ciclo municipal "Tempo para o teatro", chega á vila da man do programa O teu Xacobeo, da Xunta.
-

🎞 🕗Esta tarde, a partir das 20:00 horas, cita na Casa da Cultura de   co “IX Ciclo nacional de cine y mujeres rurales”. ...
21/10/2026

🎞 🕗Esta tarde, a partir das 20:00 horas, cita na Casa da Cultura de co “IX Ciclo nacional de cine y mujeres rurales”. Proxéctase a película “Lo que queda de ti”, escrita e dirixida por Gala Gracia. Entrada libre. Non faltedes!! 😉

ESTRENO EN CINES 16 DE MAYO DE 2025Más info: https://karmafilms.es...

📣 Cumprindo o anunciado no pleno do mes de agosto, o Concello de Neda iniciaba estes días os traballos de limpeza do río...
16/10/2026

📣 Cumprindo o anunciado no pleno do mes de agosto, o Concello de Neda iniciaba estes días os traballos de limpeza do río Basteiro entre os lugares das Augas e Santa María 🎋🌿. A administración local, conforme ao autorizado por Augas de Galicia, está a facer unha “roza de maleza de carácter leñoso e herbácea localizada no leito do regato e nos muros da canle”, ademais de retirar a vexetación das marxes, vexetación morta e lixo.

👉A diminución do caudal e da velocidade da corrente da auga do regato, tras as obras de eliminación do azud de Pontegrande, son propicias para a colonización rápida do leito por plantas halófilas. Neste contexto, o Concello pretende levar a cabo dúas limpezas ao ano✅.

Dirección

Avenida De Alxeciras, 34
Neda
15510

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Neda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría