Concello de Neda

Cómo llegar Página web

Concello de  Neda Paxina temporal do Concello de Neda, un acolledor municipio cunha poboación de ao redor de 5.000 habitantes.

Aquí atoparás información sobre os servizos e actividades da Administración local.

📣O Pleno do Concello aprobaba hoxe solicitar ás administracións autonómica e central, competentes en materia de atención...
30/03/2026

📣O Pleno do Concello aprobaba hoxe solicitar ás administracións autonómica e central, competentes en materia de atención á dependencia, avancen cara ao financiamento íntegro dende o 2027 do Servizo de Axuda no Fogar, recurso clave para facilitar que moitos maiores con problemas de autonomía persoal poidan ficar nos seus domicilios👴👵. O asunto debatido na sesión plenaria deste mediodía a proposta dos nacionalistas concitou o respaldo de todos os grupos agás do PP. O rexedor sinalou que a recente suba da contía autonómica outorgada por hora resulta insuficiente, e reclamou que a Xunta asuma dunha vez por todas a prestación do servizo.

👉Prosperaron ademais asuntos como a adhesión a un convenio entre Fegamp e Xunta para dar soporte á administración dixital; cambios “técnicos” nos proxectos de mellora da rede de abastecemento de auga que se incluídos nos POS+ Adicional, a normativa de participación nas redes sociais oficiais; e a moción dos nacionalistas a prol da igualdade e fronte ao rearmamento do machismo.

Máis info en https://acortar.link/KHyfK0 🔗

📣O Concello de   convoca un proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, para nomear, de forma urxente, a un funci...
30/03/2026

📣O Concello de convoca un proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, para nomear, de forma urxente, a un funcionario ou funcionaria interina para a praza de traballador social a tempo parcial 📑. As persoas interesadas, que dispoñan do título de Grao universitario en Traballo Social, diplomado en traballo social ou titulación universitaria de grao equivalente, terán dende este martes ata o 6 de abril para presentar a súa candidatura e a correspondente documentación. Valorarase experiencia previa e formación relativa ao posto de traballo✅.

👉Consulta aquí as bases e descarga o modelo oficial de instancia https://acortar.link/jyt5qo 🔗

🎭O grupo de teatro inclusivo da Asociación Sociocultural ASCM  vén de cumprir 20 anos de traxectoria nos escenarios. Un ...
30/03/2026

🎭O grupo de teatro inclusivo da Asociación Sociocultural ASCM vén de cumprir 20 anos de traxectoria nos escenarios. Un aniversario que a compañía, que integra a persoas con e sen discapacidade e bota man da dramaturxia como “vía de convivencia e de transformación social”, celebraba este venres😊. As concelleiras de Cultura e Sanidade de Neda acompañaban, xunto a representantes doutros concellos, ao grupo nesta cita representación especial en Caranza. Parabéns 👏

🙋‍♀️O Concello pechaba hoxe a programación deseñada para conmemorar o   coa “Xuntanza de mulleres de  ” no centro cívico...
29/03/2026

🙋‍♀️O Concello pechaba hoxe a programación deseñada para conmemorar o coa “Xuntanza de mulleres de ” no centro cívico da localidade. 🤝A concelleira de Igualdade, Ángeles Puentes, acompañada das edís de Cultura, Marián Bello, e Sanidade, Margarita Díaz, daba a benvida ás participantes, entre elas, directivas e integrantes de diferentes entidades do municipio como a Asociación de Mulleres Rurais Val do Belelle ou a Asociación de Amas de Casa, das que destacaba o seu compromiso e traballo a favor da dinamización sociocultural de Neda. 👉Facía tamén balance deste mes, no que o Concello desplegou unha morea de accións deportivas, educativas, culturais, sanitarias... no marco do programa do Día Internacional da Muller, ratificando o compromiso de continuar neste camiño de igualdade os 365 días do ano. 🍽️E tras a súa breve intervención, daba comezo o xantar e os momentos para compartir ao redor da mesa. Un espazo de encontro que se estenderá ao longo da tarde con tempo para o baile ao son da música en directo de Eli Avero 🎤

Alumnado de primeiro de bacharelato e da terceiro ESO do IES Fernando Esquío visitaban esta mañá as instalacións de Gali...
27/03/2026

Alumnado de primeiro de bacharelato e da terceiro ESO do IES Fernando Esquío visitaban esta mañá as instalacións de Galicia Textil 🧵e, da man do seu director, coñecían polo miúdo o proceso de produción da firma, especializada na actualidade nos tecidos profesionais👨‍🚒. Ademais ao longo do percorrido, que a rapazada de secundaria acabou con música, tiveron ocasión de descubrir curiosidades sobre a orixe e a historia desta colonia fabril, xurdida a finais do século XVIII como Real Fábrica de Cobrería. As visitas para dar a coñecer esta parte do patrimonio industrial de Neda están promovidas polo Concello ✅.

📖A Biblioteca Municipal de Neda está a piques de alcanzar os mil socios e socias📈. O espazo cultural sumou durante o pas...
27/03/2026

📖A Biblioteca Municipal de Neda está a piques de alcanzar os mil socios e socias📈. O espazo cultural sumou durante o pasado ano un total de 39 novas altas. Un incremento que situou o número de fichas de usuarios do espazo cultural, que conta ao longo do ano cun intenso calendario de presentacións e cun activo club de lectura📚, en 987. Trátase dun público cunha notable afección lectora. De feito, un informe da Rede de biblioteca de Galicia, sitúa á nedense como a cuarta biblioteca pública da comunidade por número de préstamos por cada 1.000 habitantes👏.

🙋‍♂️O Concello de   pechaba esta mañá as acción educativas incluídas na programación especial do  . E facíao con obradoi...
27/03/2026

🙋‍♂️O Concello de pechaba esta mañá as acción educativas incluídas na programación especial do . E facíao con obradoiros para o alumnado de terceiro e cuarto de primaria do CEIP Maciñeira sobre os estereotipos e roles de xénero👧🧒. Unha ferramenta para que a rapazada tome conciencia sobre ideas preconcibidas sobre as características, actitudes e aptitudes de homes e mulleres como paso para eliminalos😊. A actividade finánciase con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

⚽️Este sábado, última xornada, antes do parón de Semana Santa, da Liga sénior Concello de  . Os afeccionados e afecciona...
26/03/2026

⚽️Este sábado, última xornada, antes do parón de Semana Santa, da Liga sénior Concello de . Os afeccionados e afeccionadas ao fútbol sala terán ocasión de desfrutar no pavillón municipal Ale de Paz dunha gran tarde deportiva, con catro partidos consecutivos. O primeiro encontro, que enfrontará ao Galicia de Caranza co Estrella del muelle, arrincará ás 17 horas.

📣O salón de sesións da Casa consistorial de   acollerá o próximo luns, 30 de marzo, a partir das 12:00 horas, sesión ord...
26/03/2026

📣O salón de sesións da Casa consistorial de acollerá o próximo luns, 30 de marzo, a partir das 12:00 horas, sesión ordinaria do pleno do Concello. Unha convocatoria aberta á veciñanza, na que os concelleiros e concelleiras da corporación local abordarán os asuntos que figuran na seguinte orde do día 👇👇

🎭As persoas afeccionadas ao teatro terán unha cita imprescindible o 9 de maio en  . A Casa da Cultura acollerá, de 10 a ...
26/03/2026

🎭As persoas afeccionadas ao teatro terán unha cita imprescindible o 9 de maio en . A Casa da Cultura acollerá, de 10 a 17 horas, un obradoiro intensivo de interpretación, a cargo de dous profesionais de ampla traxectoria: o actor, dramaturgo Juan Anillo e o experto en teatro clásico Nortan Palacio 😊. Unha proposta gratuíta para a que se abren inscrición na biblioteca municipal (☎ 981390233).

🙋‍♂️¿Os contidos? Estrutura, linguaxe e estilos teatrais; manexo da voz; uso do escenario; a expresión corporal; xestión de emocións; a improvisación... Unha iniciativa que chega da man da Deputación da Coruña 🤝, e que , sen dúbida espertará vocacións😉.

Dirección

Avenida De Alxeciras, 34
Neda
15510

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Neda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría