Bng As Neves

Cómo llegar Página web

Bng As Neves Páxina oficial do BNG das Neves.

📍No BNG reiteramos o noso compromiso co rural e traballamos sempre na súa defensa. Esta semana, con motivo da negociació...
18/10/2026

📍No BNG reiteramos o noso compromiso co rural e traballamos sempre na súa defensa.
Esta semana, con motivo da negociación do orzamento europeo para os anos 2028-2034, achegamos a nosa visión a Bruxelas a través da nosa Concelleira Alba Casas; grazas ao convite da nosa Eurodeputada Ana Miranda .
👉Deixamos claro que nós defendemos unha PAC ao servizo do rural, que os fondos cheguen aos concellos e que o 10% do FEDER se dedique a loitar contra o despoboamento.

No rural hai vida, hai futuro e hai alternativa.

18/10/2026

📍Esta semana a nosa Concelleira Alba Casas estivo no Parlamento Europeo en representación do BNG As Neves, xunto a alcaldesas, concelleiras e representantes do rural galego, convidadas pola eurodeputada Ana Miranda . Foron porque en Bruxelas estase a negociar o orzamento europeo para 2028-2034, e o que se propón afecta directamente a nosa vida no rural:

🔸 Centralización: os fondos decídense en Madrid e en Bruxelas, lonxe dos concellos e de quen coñece o territorio.
🔸 A PAC desaparece como política propia e dilúese nun macrofondo nacional. Ademais, proponse eliminar os FEADER e recortar a pesca.
🔸 Máis cartos para defensa e seguridade, á conta da agricultura, da gandería e dos servizos públicos.
🔸 Unha “simplificación administrativa” que suprime informes ambientais e abre a porta a novas minas e proxectos extractivos.

Pola contra, nós defendemos unha PAC ao servizo do rural, que os fondos cheguen aos concellos e que o 10% do FEDER se dedique a loitar contra o despoboamento.

O rural non está baleiro: baléirano. Aquí hai vida, hai futuro e hai alternativa. Loitemos por un futuro no rural, polo noso dereito a permanecer e contra as desigualdades territoriais.

13/10/2026

🎥 Este sábado proxectamos o documental '1846 Revolución Galega' na Caniza.

📆 Sábado 17 ás 19:30 no Auditorio da Casa da Cultura da Caniza.

🗣 Coloquio posterior co seu director, César Caramês.

08/10/2026

O BNG lamenta profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG, de quen foi voceiro nacional e portavoz no Parlamento de Galiza durante dúas décadas.

Queremos trasladar o noso cariño e o noso pesar á súa familia, amizades e persoas próximas. A súa voz, o seu pensamento político e económico e o seu compromiso con Galiza forman parte xa do patrimonio e da memoria colectiva do noso país.

Que a terra lle sexa leve.

05/10/2026
15/09/2026

🔥 RUEDA TEN QUE CESAR AO CONSELLEIRO DE EMPREGO.
Unha adega da familia do conselleiro explotaba persoas migrantes sen papeis na vendima.
Non é admisíbel que quen ten que velar polos dereitos das traballadores e dos traballadoras teña vinculación con con estas prácticas laborais.

O PP das Neves publicou unha resposta a esta crítica nosa sobre o estado das obras da Escola Unitaria de Rubiós. E VOLVE...
09/09/2026

O PP das Neves publicou unha resposta a esta crítica nosa sobre o estado das obras da Escola Unitaria de Rubiós. E VOLVEU MENTIR!
Din que apartamos a valla de obra para facer as fotos, e a valla ESTÁ na propia foto, na parte inferior dereita.
Acúsannos de xerar alarmismo e de non dicir a verdade, pero a realidade é que os nenos e nenas van ter que convivir co polvo e o ruído; sen poder abrir as ventás durante as obras pendentes que se están facendo. Demandar que se rematen os traballos pola falta de seguridade que xeran, non é alarmismo, é realismo!
DEIXEN DE FACER OPOSICIÓN Á OPOSICIÓN É PÓÑANSE A TRABALLAR!

‼En xullo advertimos de que ían tarde e este martes volvemos preguntar polas obras na Escola Unitaria de Rubiós. Xa nos ...
06/09/2026

‼En xullo advertimos de que ían tarde e este martes volvemos preguntar polas obras na Escola Unitaria de Rubiós.
Xa nos acostumamos a escoitar mentiras por parte do alcalde, pero pedimos a máxima responsabilidade coa xestións das obras nunha zona onde van estar nenas e nenos de 3 a 5 anos.

🚨COMUNICADO🚨Aclaramos o acontecido despois da nova mentira contada polo alcalde, desta vez sobre a actuación de Pablo Mé...
03/09/2026

🚨COMUNICADO🚨
Aclaramos o acontecido despois da nova mentira contada polo alcalde, desta vez sobre a actuación de Pablo Méndez o pasado mes de agosto.

Dirección

Rúa Esperanza, 2 2º Andar, Porta 2
Nieves
36440

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bng As Neves publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir