Concello de Noia

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Noia Este é o perfil informativo do Concello de Noia. Dende esta páxina trasladaremos toda a información do traballo do día a día e noticias de actualidade.

Sede benvidos e benvidas!

🌰🎶 VOLVE O MAGOSTO POPULAR A NOIA!O vindeiro sábado 7 de novembro, a partir das 18:00 h, a rúa do Curro encherase de mús...
22/10/2026

🌰🎶 VOLVE O MAGOSTO POPULAR A NOIA!

O vindeiro sábado 7 de novembro, a partir das 18:00 h, a rúa do Curro encherase de música, xogos e castañas asadas para celebrar unha nova edición do Magosto Popular!

Unha festa que organizamos no marco da campaña de dinamización do comercio local MercaEnNoia e na que contaremos coa importante colaboración das ANPA dos colexios da Barquiña e de Bergondo, ás que queremos agradecer a súa implicación nesta iniciativa. 👏

🌰 Castañas asadas para celebrar o magosto.
🎶 Música en directo con Jaitas Blues.
🎲 Xogos tradicionais de madeira para os máis pequenos, con Xoaniña Animación.

❤️ Este ano, ademais, o magosto terá un significado especial: coincidirá coa homenaxe que a 27ª Mostra de Curtas Vila de Noia dedicará a Serafín, o Castañeiro, unha persoa moi querida na nosa vila e que tantos recordos nos trae arredor das castañas.

📅 Sábado 7 de novembro
🕕 A partir das 18:00 h
📍 Rúa do Curro, Noia

🙌 Animamos a toda a veciñanza, ás familias e a quen nos visite a achegarse ao Curro para compartir unha tarde de festa, tradición e boa compañía.

Agardámosvos!

📢🐺  CAMBIO DE LUGAR | «Salvaxe, salvaxe»A proxección do documental de Emilio Fonseca, «Salvaxe, salvaxe»,  prevista na C...
22/10/2026

📢🐺 CAMBIO DE LUGAR | «Salvaxe, salvaxe»

A proxección do documental de Emilio Fonseca, «Salvaxe, salvaxe», prevista na Casa da Cultura, trasládase ao Teatro Coliseo Noela.

Mantéñense o día e a hora: mañá, venres 23 de outubro, ás 20:00 h.

🎬 A entrada é de balde. Agardámosvos!

🛍️👧 MENTRES TI COMPRAS EN NOIA, ELES E ELAS DESFRUTAN! 🎨🎈Dentro da campaña Merca na Vila, poñemos en marcha un servizo g...
22/10/2026

🛍️👧 MENTRES TI COMPRAS EN NOIA, ELES E ELAS DESFRUTAN! 🎨🎈

Dentro da campaña Merca na Vila, poñemos en marcha un servizo gratuíto de conciliación infantil para que as familias poidan facer as súas compras no comercio local mentres os máis pequenos se divirten con xogos, obradoiros e actividades.

📍 Casino de Noia

📅 Todos os sábados:

24 e 31 de outubro

7 e 14 de novembro

🕙 De 10:00 a 14:00 horas

🎟️ TOTALMENTE GRATUÍTO! Só tes que presentar un tícket de compra dun establecemento do comercio local.

💙 Queremos poñerllo máis fácil ás familias, apoiar o noso comercio e seguir facendo de Noia unha vila con vida.

🛍️ Ti mercas en Noia, eles e elas pásano en grande!

🐺 Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura...!O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de ...
21/10/2026

🐺 Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura...!

O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de «Salvaxe, salvaxe», de Emilio Fonseca.

Un documental que percorre os montes de Galicia e do norte de Portugal tras as pegadas do lobo ibérico e a súa relación coas persoas.

🎬 Premiado como mellor documental no Festival de Málaga de 2024 e como mellor filme galego no Play-Doc.

Agardámosvos!

📢 AVISO | ADIAMENTO DE TEATROA representación de «Balas», de Carauta Teatro, prevista para este sábado 24 de outubro ás ...
21/10/2026

📢 AVISO | ADIAMENTO DE TEATRO

A representación de «Balas», de Carauta Teatro, prevista para este sábado 24 de outubro ás 20:30 h no Teatro Coliseo Noela, queda adiada ao 16 de xaneiro.

Desculpade as molestias e grazas pola comprensión.

🎬 𝐃𝐎 𝟑 𝐀𝐎 𝟏𝟒 𝐃𝐄 𝐍𝐎𝐕𝐄𝐌𝐁𝐑𝐎, 𝐍𝐎𝐈𝐀 𝐕𝐎𝐋𝐕𝐄 𝐒𝐄𝐑 𝐂𝐀𝐏𝐈𝐓𝐀𝐋 𝐃𝐎 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀❗A XXVII Mostra de Curtas Vila de Noia xa está aquí! E este an...
20/10/2026

🎬 𝐃𝐎 𝟑 𝐀𝐎 𝟏𝟒 𝐃𝐄 𝐍𝐎𝐕𝐄𝐌𝐁𝐑𝐎, 𝐍𝐎𝐈𝐀 𝐕𝐎𝐋𝐕𝐄 𝐒𝐄𝐑 𝐂𝐀𝐏𝐈𝐓𝐀𝐋 𝐃𝐎 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀❗

A XXVII Mostra de Curtas Vila de Noia xa está aquí! E este ano chega máis grande ca nunca: máis días, máis programación e novas propostas para seguir facendo medrar un festival que xa é todo un referente.

📅 Do 3 ao 14 de novembro de 2026.

🎥 54 curtametraxes seleccionadas entre máis de 1.300 propostas recibidas.

👧👦 Arredor de 4.000 escolares participarán nas actividades de Curtacativa.

🎞️ Estreas, encontros, actividades para todos os públicos e un novo espazo profesional, o Curtas Noia Industry Lab.

❤️ Ademais, esta edición terá un recordo moi especial para Serafín, o noso castañeiro, que forma parte da memoria de tantas xeracións de noieses e noiesas.

A cultura tamén é vida para Noia. Son días nos que as nosas rúas, a hostalaría e o comercio reciben visitantes e profesionais do audiovisual. E, sobre todo, son días nos que podemos g***r do cinema na nosa vila.

Parabéns a toda a organización polo enorme traballo que hai detrás desta Mostra!

📰 Deixámosvos a noticia de La Voz de Galicia para coñecer todas as novidades desta edición:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/noia/2026/10/20/span-langgl-mostra-curtas-noia-medraspan/0003_202610B20C6995.htm

AVISO | O PUNTO DE LIMPO DE NOIA NON ABRIRÁ O MÉRCORES 21 DE OUTUBRO Informamos á veciñanza de que o Punto Limpo de Noia...
20/10/2026

AVISO | O PUNTO DE LIMPO DE NOIA NON ABRIRÁ O MÉRCORES 21 DE OUTUBRO

Informamos á veciñanza de que o Punto Limpo de Noia permanecerá pechado mañá, mércores 21 de outubro.

📅 O xoves 22 de outubro retomará a súa actividade no horario habitual.

🙏 Pedimos desculpas polas molestias que este peche poida ocasionar e agradecemos a comprensión das persoas usuarias.

20/10/2026

🏰🛍️ Hoxe comeza MercaNaVila: É a hora de MercaEnNoia!

O noso peregrino ía cara a Santiago… pero o Apóstolo pode esperar, así que acabou de compras en Noia! 😉

Ti tamén podes conseguir ata 100 € en descontos nos establecementos de Noia adheridos á campaña da Deputación da Coruña.

💶 Como funcionan os descontos?

🛍️ 10 € de desconto en compras de 20 € a menos de 30 €.

🛍️ 20 € de desconto en compras de 30 € a menos de 50 €.

🛍️ 30 € de desconto en compras de 50 € ou máis.

📲 Descarga o teu bono en www.mercanavila.gal e presenta o código QR ao pagar. Vivas onde vivas, podes usalo na nosa vila!

👏 Grazas a Yanira e a Serafín pola súa axuda para facer posible este vídeo!

📅 Ata o 20 de novembro ou ata esgotar o crédito do programa.

🎀 Hoxe, 19 de outubro, é o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha data para lembrar a importancia da detección precoz...
19/10/2026

🎀 Hoxe, 19 de outubro, é o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha data para lembrar a importancia da detección precoz e da investigación para avanzar nos tratamentos e mellorar a vida das persoas afectadas.

Onte, as mulleres da Asociación Contra o Cancro estiveron repartindo folletos informativos e sensibilizando á veciñanza sobre esta enfermidade. Grazas polo voso traballo e dedicación!

Hoxe, atendendo á súa petición, a Casa do Concello brilla de rosa en solidariedade con todas as persoas que padecen cancro de mama e para dar visibilidade a esta causa.

🍴 Tes un local de hostalería en Noia? Xa podes anotarte no Vai de Tapas 2026!Os días 6, 7 e 8 de novembro volve unha cit...
19/10/2026

🍴 Tes un local de hostalería en Noia? Xa podes anotarte no Vai de Tapas 2026!

Os días 6, 7 e 8 de novembro volve unha cita para dar a coñecer a túa cociña e animar a veciñanza e visitantes a saír de tapas pola nosa vila.

🍽️ Tapas a 3 €, de elaboración libre e preferentemente con produtos locais.
🏆 Concurso para elixir a mellor tapa, coa votación do público e dun xurado.
🎁 Sorteos entre as persoas participantes.
📣 Promoción dos establecementos en prensa e redes sociais.

Ademais, o Vai de Tapas coincidirá co Merca na Vila, o Festival de Curtametraxes e o Magosto. Unha fin de semana chea de actividade para desfrutar de Noia!

📝 Inscribe o teu establecemento:
https://forms.gle/7DkBgSsAZ7xZf2DF7

Súmate e ponlle sabor a Noia! 🍷

Dirección

Rosalía De Castro, 2
Noya
15200

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981842100

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Noia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Noia:

Atajos

Compartir