22/10/2026
🐠 O proxecto Relevo xeracional: O Futuro do Mar participa en EDUGAL 2026, o Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, que se celebra do 21 a o 23 de outubro no Recinto Ferial de Pontevedra. A iniciativa conta cun stand propio para dar a coñecer a diversidade de profesión vinculadas ao mar e as diferentes vías de formación e acceso ao emprego, desde a Formación Profesional e a FP Dual ata as titulacións e acreditacións especificas do sector.
👉 Hoxe, xoves 22 de outubro, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, visitou o stand do proxecto acompañada por varios representantes dos GALP e de IGAFA.
Alumnado e outras persoas visitantes puideron coñecer os recursos divulgativos do proxecto e probar as gafas de realidade virtual cedidas pola ‘Confraría da Illa de Arousa e a OPP 20’.
Unha experiencia, que sen dúbidas, mostra a importancia de participar en espazos educativos como EDUGAL para resolver dúbidas, dar a coñecer os itinerarios formativos e contribuir a que a mocidade contemple as profesións do mar como unha opción de futuro.
📍 EDUGAL continua mañá de 10 a 14h