Partido Popular de Noia

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Partido Popular de Noia Benvidos á páxina oficial do Partido Popular de Noia. Aquí atoparedes información útil e as últimas novidades que afectan ao noso Concello e ao partido.

Ademais poderedes contarnos as vosas inquedanzas e suxerencias. Populares Noia

🌊🐚 COMEZA A NOVA CAMPAÑA MARISQUEIRA NA NOSA RÍAHoxe deu comezo unha nova campaña marisqueira na nosa ría, unha activida...
13/10/2026

🌊🐚 COMEZA A NOVA CAMPAÑA MARISQUEIRA NA NOSA RÍA

Hoxe deu comezo unha nova campaña marisqueira na nosa ría, unha actividade fundamental para a economía de Noia e para moitas familias que viven do mar 💙

Moita sorte e boa campaña para todo o sector do noso mar! 🐚🌊

🇪🇸  𝗢 𝗣𝗣 𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗜𝗔 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗡𝗔 𝗖𝗘𝗟𝗘𝗕𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗢 𝗗𝗜́𝗔 𝗗𝗢 𝗣𝗜𝗟𝗔𝗥Hoxe, varios concelleiros e o presidente do Partido Popular de...
12/10/2026

🇪🇸 𝗢 𝗣𝗣 𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗜𝗔 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗘 𝗡𝗔 𝗖𝗘𝗟𝗘𝗕𝗥𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗢 𝗗𝗜́𝗔 𝗗𝗢 𝗣𝗜𝗟𝗔𝗥

Hoxe, varios concelleiros e o presidente do Partido Popular de Noia participaron nos actos de celebración do Día da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil.

Unha xornada especial, o día da hispanidade, na que quixemos acompañar aos membros da Garda Civil e ás súas familias, amosándolles o noso recoñecemento e agradecemento polo seu traballo diario ao servizo da cidadanía 👮‍♂️🇪🇸

Parabéns a toda a familia da Garda Civil no día da súa patroa e feliz día da hispanidade! 🇪🇸

30/09/2026

Pretenden aprobar decretos dun tema fundamental como é a vivenda… e nin a propia Ministra os coñece.

𝗘𝗻 𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝘀𝗮 𝗱𝗮 𝗰𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗼 𝗲𝗻𝘀𝗶𝗻𝗼⁣👉 Concelleiros e militantes do Partido Popular de Noia  participamos na xornada “O   ga...
06/09/2026

𝗘𝗻 𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝘀𝗮 𝗱𝗮 𝗰𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗼 𝗲𝗻𝘀𝗶𝗻𝗼⁣
👉 Concelleiros e militantes do Partido Popular de Noia participamos na xornada “O galego ante o impacto da (2021-2026)”, celebrada na Cidade da Cultura de Galicia.⁣
🗣️ Unha gran oportunidade para escoitar falar a prestixiosos profesionais (profesores, directores, inspectores de educación...) sobre as problemáticas que xera a actual lei orgánica de educación impulsada polo Goberno do Estado:⁣
❌ Redución da calidade do ensino⁣
❌ Desaparición da cultura do esforzo entre a mocidade⁣
❌ Prexuízos para o profesorado, que ve como aínda non se abordou a mellora da carreira profesional docente⁣
👏👏👏Por sorte, Galicia segue nadando contracorrente fronte a esta lei e continúa sumando medidas e escoitando as propostas de comunidade educativa para paliar os seus numerosos defectos. Entre outras medidas, o conselleiro Román Rodríguez ;
✅ este curso a Xunta de Galicia porá en marcha un 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗽𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗱𝗲 𝗿𝗲𝗳𝗼𝗿𝘇𝗼 𝗲𝘅𝘁𝗿𝗮𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮𝗿 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗳𝗮𝗰𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗿 𝗮 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗣𝗿𝗶𝗺𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗮 𝗦𝗲𝗰𝘂𝗻𝗱𝗮𝗿𝗶𝗮.⁣
✅ continuará co Plan MEGA de Mellora educativa, con medidas específicas de 𝗿𝗲𝗳𝗼𝗿𝘇𝗼 𝗱𝗮 𝗹𝗲𝗰𝘁𝘂𝗿𝗮, 𝗱𝗮𝘀 𝗺𝗮𝘁𝗲𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗲 𝗱𝗲 𝗮𝗽𝗼𝗶𝗼 𝗮𝗼 𝗮𝗹𝘂𝗺𝗻𝗮𝗱𝗼 𝗲𝘀𝘁𝗿𝗮𝗻𝘅𝗲𝗶𝗿𝗼.⁣
✅ próxima posta en marcha da Oficina de Atención ao Docente, para 𝗿𝗲𝗳𝗼𝗿𝘇𝗮𝗿 𝗮 𝗳𝘂𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗼𝗳𝗲𝘀𝗼𝗿𝗮𝗱𝗼 𝗲 𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝗮𝘂𝘁𝗼𝗿𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲, apoiando aos equipos directos dos centros educativos.⁣
👉 Un labor onde ten a sorte de contar con Santi Freire, como director territorial da EduXunta na Coruña.⁣

𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗦𝗘𝗟𝗟𝗘𝗥𝗜́𝗔 𝗗𝗘 𝗦𝗔𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘, 𝗖𝗢𝗡 𝗡𝗢𝗜𝗔⁣Esta mañá acompañamos ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na súa vis...
03/09/2026

𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗦𝗘𝗟𝗟𝗘𝗥𝗜́𝗔 𝗗𝗘 𝗦𝗔𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘, 𝗖𝗢𝗡 𝗡𝗢𝗜𝗔⁣
Esta mañá acompañamos ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na súa visita á Unidade de Condutas Adictivas de . Unha visita chea de compromisos co noso municipio:⁣
💉 A Xunta de Galicia reforzará a atención ás adiccións na nosa vila destinando un de 170 m2 no futuro centro de saúde e poñendo en marcha específicas no novo Plan de Saúde Mental 2026-2030.⁣
🏥 Ademais, o conselleiro mantén o seu compromiso co Goberno do Partido Popular de Noia de investir máis de 10 millóns de euros no novo centro de saúde noiés. Un edificio que duplicará a superficie do actual: 4.200 m2 fronte aos actuais 1.780 m2. Gómez Caamaño confirmou que o proxecto continúa a avanzar na súa tramitación, polo que será aprobado nos vindeiros meses.

🇪🇸 Ceuta tamén merece o apoio de NoiaA FEMP pediu aos concellos de toda España que se sumasen mañá, 2 de setembro, ás 20...
01/09/2026

🇪🇸 Ceuta tamén merece o apoio de Noia

A FEMP pediu aos concellos de toda España que se sumasen mañá, 2 de setembro, ás 20:00 horas, ás concentracións de apoio á cidade de Ceuta.

Moitos concellos xa convocaron os seus veciños para mostrar a súa solidariedade. En Noia, en cambio, o Goberno municipal decidiu non facelo.

Non falamos de siglas nin de partidos. Falamos de solidariedade, unidade e apoio a unha cidade española e aos seus veciños nun momento especialmente complicado.

Desde o PP de Noia lamentamos que o Goberno municipal non considerase necesario convocar á veciñanza, cando a propia Federación Española de Municipios e Provincias fixo un chamamento aos concellos.

👉 Noia tamén debería estar.

Porque ante situacións como esta, hai momentos nos que estar unidos está por riba de calquera diferenza política.

🇪🇸

📍 Última fin de semana de agosto e, un ano máis, a Carballeira de San Xusto foi o punto de encontro para dar inicio ao c...
29/08/2026

📍 Última fin de semana de agosto e, un ano máis, a Carballeira de San Xusto foi o punto de encontro para dar inicio ao curso político.

Un curso político marcado polo cambio. Polo compromiso de devolverlle o sentidiño ao noso país e tamén ao noso concello 💙

O presidente Alberto Núñez Feijóo dixo que está preparado, e nós tamén 💪

🎪𝗤𝘂𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗮 𝗽𝗮𝘀𝗮𝗿 𝗰𝗼𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗮𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀?🤔A realidade a pé de rúa comeza a destapar un serio problema; un afán desmesurado p...
14/07/2026

🎪𝗤𝘂𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗮 𝗽𝗮𝘀𝗮𝗿 𝗰𝗼𝗮𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗮𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀?🤔
A realidade a pé de rúa comeza a destapar un serio problema; un afán desmesurado por criticalo todo, querelo controlar absolutamente todo, e unha soberbia que estraga o traballo de anos.

As probas de que este "modelo" non funciona seguen a acumularse:
🎈 O "caso" do BoloFest: Un festival que naceu en Noia e que levaba anos celebrándose aquí con grande éxito.

𝗤𝘂𝗲 𝗽𝗮𝘀𝗼𝘂 𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗮𝗻𝗼? o festival acabou escapando e celebrándose no concello veciño de Lousame por un afán de control...O que supón un perxuizo para a hostelería e o comercio noiés.

🤫 E cando o tema acabou nas redes, en lugar de asumir responsabilidades, a reacción do "desgoberno" foi facer pataleta para tentar apagar o lume e silenciar as críticas.

⚔️ 𝗔 𝗙𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗠𝗲𝗱𝗶𝗲𝘃𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗡𝗼𝗶𝗮 𝗻𝗼 𝗮𝗶𝗿𝗲:
A vindeira cita clave é a Feira Medieval, e os síntomas de improvisación xa son preocupantes. Na propia rolda de prensa de presentación imperaban os nervios. Moito vender a novidade do "desembarco", pero cando se preguntaba polas actividades tradicionais de sempre (coma os cabaleiros e os torneos), as respostas foron esquivas e sen concretar.

🚫 O máis triste é que se está a prescindir de colectivos e grupos locais que viñan participando activamente desde hai anos. 𝗖𝗼𝗺𝗼 𝘀𝗲 𝘃𝗮𝗶 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗙𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗠𝗲𝗱𝗶𝗲𝘃𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗡𝗼𝗶𝗮 𝗱𝗮́𝗻𝗱𝗼𝗹𝗹𝗲 𝗮𝘀 𝗰𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗮́ 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗶𝗮 𝘅𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝗡𝗼𝗶𝗮?

Gobernar unha vila non é impoñer, controlar nin enfadarse cando as cousas non saen ben. Gobernar é sumar, contar co tecido asociativo local e potenciar o que xa funciona🔵📉

Os compañeiros/as de agrupación,  Laura Salgado xunto, David M. Neira e Beatriz Rosende, acompañaron á directora xeral d...
09/07/2026

Os compañeiros/as de agrupación, Laura Salgado xunto, David M. Neira e Beatriz Rosende, acompañaron á directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Paz Rodríguez, nunha visita moi especial ás instalacións de Dubraseda.

Esta firma local é un claro exemplo de orgullo e dinamismo: unha empresa galega que se dedica con grande éxito á elaboración de produtos tradicionais, tanto doces como salgados, cunha base artesanal de panadaría e pastelaría.

🥖 Dubraseda foi beneficiaria das axudas europeas LEADER (financiadas con fondos FEADER), deseñadas especificamente para fixar poboación e xerar emprego no medio rural.
⚙️ Grazas á subvención outorgada para a adquisición de nova maquinaria, a empresa puido optimizar procesos e aumentar de xeito moi significativo a súa capacidade de produción.

Á directora xeral pareceulle un proxecto sumamente interesante e estratéxico, tanto foi así que a finais de ano programarase unha nova visita institucional.

Dende o queremos darlle os parabéns a todo o equipo de polo seu gran traballo. Seguiremos apoiando e facilitando que a cooperación entre a Xunta de Galicia e os nosos emprendedores siga traducíndose en riqueza, emprego e futuro para Noia. 📈🔵

💼 𝗙𝗿𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗮 𝗱𝗶𝗳𝗮𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗮𝘁𝗼𝘀.Santi Freire  pon os datos sobre a mesa na entrevista de COPE  para defende...
21/06/2026

💼 𝗙𝗿𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗮 𝗱𝗶𝗳𝗮𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗮𝘁𝗼𝘀.
Santi Freire pon os datos sobre a mesa na entrevista de COPE para defenderse da campaña de desprestixio e ataques persoais que o bipartito sostén.
O noso presidente local defendeu a súa solvencia e bagaxe na nova responsabilide como Director Territorial de Educación da Coruña. 📈

Como el mesmo aclarou rotundamente: "Non se trata de ir dar clases, trátase de xestión administrativa". E se algo demostrou Freire tras anos de servizo público e alcaldías, é que sabe xestionar.

Fronte ao relato inventado que usaron para xustificar unha moción de censura baseada na vinganza e nas mentiras, 𝗮 𝗵𝗲𝗺𝗲𝗿𝗼𝘁𝗲𝗰𝗮 𝗲 𝗼𝘀 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗲𝘀 𝗼𝗳𝗶𝗰𝗶𝗮𝗶𝘀 𝗳𝗮𝗹𝗮𝗻 𝗽𝗼𝗿 𝘀𝗶 𝘀𝗼́𝘀:
💰O actual goberno herdou un concello solvente, contas saneadas con máis de 1 millón.
🏗️ Tramitados máis de 6.6 millóns en proxectos que agora eles intentan pasar por novos.
🛑 En 10 meses de desgoberno, o único que logrou o foi perder máis de 1 millón de euros de Portos de Galicia para a fachada marítima por votar en contra no pleno.

𝗢 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗡𝗼𝗶𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗼 🔵O PP de Noia ten un obxectivo claro, devolverlle aos noieses o rigor, a estabilidade e os grandes proxectos como o novo centro de saúde ou o centro de día.

As mentiras caen polo seu propio peso; o traballo e a xestión útil permanecen💪

𝗔𝗰𝗰𝗲𝗱𝗲 𝗮 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝘃𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗹𝗲𝘁𝗮: https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/noticias/santiago-freire-defiende-criticas-nombramiento-director-territorial-educacion-coruna-no-trata-dar-clases-gestion-20260615_3384407.html?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAYnJpZBExdm04U1o4MFVRZVpxR1V6RnNydGMGYXBwX2lkEDIyMjAzOTE3ODgyMDA4OTIAAR51X7zVx9yJJimUTCh2hN3e24klcakuosWhG_XyC_9NRnPAe5ZRyDNBXhIg9w_aem_lF8fv5Lz-npqs_9DcqrKJw

Dirección

Rúa Luis Cadarso, 92, Noia
Noya

Horario de apertura

Lunes 10:30 - 13:00
Martes 10:30 - 13:00
Miércoles 10:30 - 13:00
Jueves 10:30 - 13:00
Viernes 10:30 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Partido Popular de Noia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Partido Popular de Noia:

Atajos

Compartir