Concello de Oleiros

Cómo llegar Página web

Concello de Oleiros Páxina oficial de facebook do Concello de Oleiros

🩷 CANCRO DE MAMA || Mesa solidaria e informativa📅 Luns 19 de outubro🕦 De 12:00 a 18:00 horas📌 Avda. Santa Cristina
16/10/2026

🩷 CANCRO DE MAMA || Mesa solidaria e informativa

📅 Luns 19 de outubro

🕦 De 12:00 a 18:00 horas

📌 Avda. Santa Cristina

⚽️ INSTALACIÓNS DEPORTIVAS || Contratadas as obras de construción de gradas no Campo de fútbol do Redondo por 1,5 millón...
16/10/2026

⚽️ INSTALACIÓNS DEPORTIVAS || Contratadas as obras de construción de gradas no Campo de fútbol do Redondo por 1,5 millóns

Antes de finalizar o ano comezarán as obras de mellora do Campo Municipal do Redondo, en Montrove. O Concello acaba de contratar por 1.579.019 euros a construción dunha nova bancada cuberta e novos vestiarios para modernizar esta instalación deportiva.

As novas infraestruturas mellorarán as condicións de uso para os xogadores e xogadoras do Atlético Perillo e do Unión Campestre, que desenvolven habitualmente a súa actividade neste campo, ofrecendo un espazo máis cómodo, funcional e adaptado ás súas necesidades.

Con esta obra, o Concello continúa impulsando a mellora da rede de instalacións deportivas municipais, favorecendo a práctica do deporte de base e ofrecendo espazos de maior calidade para a veciñanza.

🟢🟢 Acto público: inauguración Paseo Pepe Mujica🗓 Sábado 17 de outubro⌚️12:00 horas📍O Paraíso, rúa Rosa Parks
15/10/2026

🟢🟢 Acto público: inauguración Paseo Pepe Mujica

🗓 Sábado 17 de outubro

⌚️12:00 horas

📍O Paraíso, rúa Rosa Parks

🥇Manu Taibo, campión do mundo de patinaxe de velocidade en 3.000 metros por relevos. Parabéns 👏👏👏👏👏
14/10/2026

🥇Manu Taibo, campión do mundo de patinaxe de velocidade en 3.000 metros por relevos. Parabéns 👏👏👏👏👏

🎶 Encontro musical en Perillo📅 Sábado 17 de outubro🕦 19:00 horas📌 A Fábrica, Perillo
13/10/2026

🎶 Encontro musical en Perillo

📅 Sábado 17 de outubro

🕦 19:00 horas

📌 A Fábrica, Perillo

Fina Paulos ingresa no Consello da Cultura Galega, na sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade. Parabéns 👏👏👏👏👏
13/10/2026

Fina Paulos ingresa no Consello da Cultura Galega, na sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade. Parabéns 👏👏👏👏👏

🥾 ANDARES POR GALICIA ||  O Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Costa da Morte para g***r do solpor máis occiden...
12/10/2026

🥾 ANDARES POR GALICIA || O Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Costa da Morte para g***r do solpor máis occidental da península.

📅 Sábado 24 de outubro

Ofértanse 40 prazas para cada unha das saídas cun prezo público de 23 euros.

✍️ PREINSCRICIÓNS: preferentemente a través da web municipal a partir do martes 13 de outubro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

A ruta parte da praia de Nemiña seguindo a costa cara ao norte ata o faro de Touriñán, atravesando unha paisaxe agreste e natural. Durante o percorrido visitaranse puntos de interese como Ría de Lires, Vaosilveira, areal de Nemiña, ZEC Costa da Morte, aldea de Touriñán, monte de Sombelo, praia de Moreiras, cabo e faro de Touriñán; para rematar cunha visita cultural ao faro máis occidental de Galicia e da España peninsular para g***r do serán.

ℹ Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico [email protected]

Manu Taibo,  7º clasificado no Campionato do mundo de patinaxe de velocidade, na proba de 5.000 puntos. Parabéns 👏👏👏
12/10/2026

Manu Taibo, 7º clasificado no Campionato do mundo de patinaxe de velocidade, na proba de 5.000 puntos. Parabéns 👏👏👏

🩰  DANZA CONTEMPORÁNEA || “NGOMA”, de La Guajira📅 Sábado 17 de outubro🕛 20:30h📌 Auditorio Gabriel García Márquez, Mera🎟 ...
12/10/2026

🩰 DANZA CONTEMPORÁNEA || “NGOMA”, de La Guajira

📅 Sábado 17 de outubro

🕛 20:30h

📌 Auditorio Gabriel García Márquez, Mera

🎟 Entradas: giglon.com ou na billeteira do auditorio desde unha hora antes ao comezo do espectáculo.

ℹ NGOMA é un espectáculo de danza contemporánea e novas linguaxes que emerxe desde a memoria corporal afrodescendente, atravesada pola enerxía vital do entroido de Santiago de Cuba. A obra propón unha viaxe física e simbólica a través do movemento, onde un pai e unha filla sosteñen o vínculo que habita na transmisión interxeracional, explorando a conexión entre ritmo, identidade e memoria e reivindicando o ancestral desde unha mirada contemporánea.

Ngoma é tambor, pero tamén é rito, é corpo. É unha cerimonia danzada que volve a mirada á orixe para reencontrarse co presente

O espectáculo está dirixido público maior de 12 anos e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada está dispoñible a partir do domingo 11 de outubro ás 12.00 horas a través de www.giglon.com, e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.

💃 BAILE PARA MAIORES || Actividade 65+📅 Sábado 17 de outubro🕝 17:00-20:00 horas📌 Centro Cívico, Santa Cruz
12/10/2026

💃 BAILE PARA MAIORES || Actividade 65+

📅 Sábado 17 de outubro

🕝 17:00-20:00 horas

📌 Centro Cívico, Santa Cruz

Dirección

Praza De Galicia, 1
Oleiros
15173

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Oleiros publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría