BNG de Oleiros

Cómo llegar Página web

BNG de Oleiros Páxina da Asemblea Local do BNG de Oleiros Moitas das iniciativas que hoxe identifican a imaxe de Oleiros como única debémosllas a eles.

O BNG constituíu en 1997 a súa primeira asemblea local en Oleiros e concorreu por vez primeira, con candidatura de seu, ás eleccións municipais en 1999, tendo desde aquela representación ininterrompida na corporación municipal. Entre 2003 e 2006 fixemos parte do goberno municipal de Oleiros, responsabilizándonos das áreas de de Xuventude, Turismo, Deportes e Normalización Lingüística. Naqueles 3 anos, malia o tempo escaso, demostramos, con humildade, a nosa capacidade de gobernar, a nosa creatividade e a nosa aposta por innovar, buscando sempre a participación da sociedade nas tarefas de goberno. Todo isto sen esquecermos, e sen deixar de sentirmos orgullo, das concelleiras e concelleiros de militanza nacionalista que fixeron parte dos gobernos democráticos de Oleiros desde 1979. Na actualidade, o BNG está representado no Concello por Xurxo Martínez Caño, veciño de Lorbé.

Moitas son xa as veces nas que temos sinalado o da mobilidade como un dos grandes problemas estruturais sen resolver, ta...
22/10/2026

Moitas son xa as veces nas que temos sinalado o da mobilidade como un dos grandes problemas estruturais sen resolver, tanto en Oleiros como en toda a comarca da Coruña.

Dentro da cuestión da mobilidade entendida na súa globalidade a situación do transporte público merece un capítulo diferenciado pola cantidade de problemas que acumula e a sensación de precariedade e abandono que padece calquera persoa que o utilice de maneira habitual.

O aumento de poboación experimentado por Oleiros -e por outros concellos da comarca coruñesa- ao longo dos últimos anos tivo como consecuencia directa un aumento do número de coches circulando cada día. Mais ese crecemento, nun concello onde o 90% da poboación en idade activa ten que desprazarse ao menos 2 veces ao día, non foi acompañado nin dunha ampliación da rede viaria nin dunha mellora substancial do transporte público como alternativa cómoda e funcional ao desprazamento en coche. É máis: a sensación xeral é que o servizo empeorou nos últimos anos e que, en calquera caso, está moi lonxe de responder ás necesidades da xente.

No BNG de Oleiros celebramos que a xente, cansa de aturar incomodidade, retrasos, horarios insuficientes ou falta de información, decida organizarse e pasar á acción. Iniciativas como a da veciñanza de Sada do ano pasado, a da nosa veciña Yoli de Santa Cristina coa iniciativa que vén de lanzar en Change: https://www.change.org/p/mejorar-el-servicio-de-buses-a-la-universidad-de-a-coru%C3%B1a?source_location=search
ou agora a plataforma , que mañá venres bota a andar na parroquia cullerdense de Sueiro significan que hai moita xente que quere que o transporte público na nosa comarca funcione, funcione ben e sexa o centro das políticas da mobilidade metropolitana.

A deputada do BNG e veciña nosa Iria Taibo volveu levar este mércores ao Parlamento da Galiza a caótica e constante situ...
07/10/2026

A deputada do BNG e veciña nosa Iria Taibo volveu levar este mércores ao Parlamento da Galiza a caótica e constante situación que padece a diario o transporte público metropolitano en toda a nosa comarca.

Acompañárona, desde a tribuna do público, convidadas pola nosa deputada, persoas de diferentes concellos da comarca que padecen a diario un modelo de mobilidade en transporte público que nunca ten en conta as necesidades das persoas usuarias.

De novo, como xa é habitual, enfrente está un goberno que nega a realidade simplemente porque non a quere ver. E non a quere ver por que quen toma as decisións sobre a mobilidade e o transporte público é xente que non tivo que coller un bus na súa vida.

E, o que aínda é máis grave, porque o goberno da Xunta deixa que sigan as tomar as decisións as empresas concesionarias, que reciben diñeiro público a mancheas sen cumprir nin sequera coas condicións dos servizos que teñen concesionados.

Iria Taibo reclámalle ao Goberno de Rueda que se centre nas necesidades de quen usa un servizo fundamental e non nos intereses das empresas

O BNG organizou un roteiro pola Ría do Burgo para reivindicar a súa rexeneración, e para lembrar o noso traballo neste á...
22/09/2026

O BNG organizou un roteiro pola Ría do Burgo para reivindicar a súa rexeneración, e para lembrar o noso traballo neste ámbito, mais tamén que a dragaxe non é suficiente e que se fixo con moitos problemas técnicos.

Acompañados da nosa compañeira, eurodeputada nacionalista Ana Miranda, un grupo de militantes do BNG fixo o percorrido do paseo marítimo desde Perillo até A Barcala. O BNG séntese protagonista dun traballo constante de décadas que, da man de movementos sociais de base (veciñais, ecoloxistas, marisqueiros, sindicais...), situou no debate público a nivel de rúa e no debate político a nivel institucional (en Compostela, Madrid e Bruxelas) a necesidade e a viabilidade de actuar na ría do Burgo cando para moitos parecía unha quimera.

As melloras no paseo e, sobre todo, a dragaxe que se executou, están moi lonxe do que debe ser unha verdadeira rexeneración da Ría do Burgo, para o que se precisan novas investigacións e asesoramento técnico, investimentos e plans de actuación dirixidos a recuperar o seu potencial como un espazo natural cunha biodiversidade semellante á que tivo no pasado. Debemos lembrar que, non hai tantos anos, eran arredor de 2000 persoas as que vivían da actividade produtiva na Ría do Burgo, e hoxe non chegan a 100.

Alén disto, o paseo perimetral existente debe completarse cun paso inferior para peóns e ciclistas na actual ponte da Pasaxe para, aproveitando a estrutura existente, unir ambas as ribeiras á altura dos actuais paseos. Deste xeito, ocasionaríase o menor impacto visual e esta obra contribuiría a desbotar a proposta do PP para a construción dunha pasarela entre As Xubias e Santa Cristina, que é puro terrorismo ambiental.

O BNG aproveitou este roteiro para lembrar o noso traballo en todas as institucións, tanto da man de Ana Miranda no Parlamento Europeo como no Congreso dos Deputados, no Parlamento Galego e nos concellos. O BNG non deixará de demandar onde sexa preciso que se leve a cabo unha verdadeira rexeneración da Ría do Burgo e unhas obras que permitan que a cidadanía da comarca poida aproveitar e vivir unha ría saneada a todos os niveis.

Este sábado, imos ter connosco alguén moi especial, alguén a quen no BNG de Oleiros admiramos e queremos moito: a nosa e...
14/09/2026

Este sábado, imos ter connosco alguén moi especial, alguén a quen no BNG de Oleiros admiramos e queremos moito: a nosa eurodeputada Ana Miranda ❤️

Aínda que o seu nome non se pronuncie en todas esas inauguracións e fotos institucionais que hai agora e en todas esas obras que teñen que acabar ás carreiras para que non se perdan as subvencións, o incabsábel traballo de Ana Miranda desde o Parlamento europeo foi fundamental todos estes anos para que a rexeneración da ría puidese iniciar o seu camiño. Unha ría, por certo, para pasear por ela, mais tamén unha ría na que vivir e da que vivir. Esa é unha loita que non imos abandonar nunca!

En concreto, o que vos propomos é un roteiro en bicicleta ou a pé, ao gusto de cada quen, pola propia ría, para lembrarmos ese traballo incansábel de Ana e de todo o BNG para conseguir unha ría saneada e produtiva.

Vémonos ás 13:30 no paseo, a carón da Ponte da Pasaxe, e remataremos cuns petiscos, nos que tamén agardamos contar convosco, na Marisqueira, na Barcala, a partir da 14:30.

Sexa en bicicleta ou a pé, vémonos este sábado con Ana Miranda na Ría!

23/08/2026

Un encontro na Casa do Pobo de Oleiros enxalza a memoria de Alexandre Bóveda na semana do 17 de agosto e traxectoria de Caridad Mateo, cunha importante ...

Vémonos mañá domingo ao mediodía na praza da Liberdade en Nós como cada agosto desde hai 30 anos. Se rescatamos os feito...
22/08/2026

Vémonos mañá domingo ao mediodía na praza da Liberdade en Nós como cada agosto desde hai 30 anos.

Se rescatamos os feitos non deixaremos que volvan!

Hai 30 anos inaugurabamos na parroquia de Nós en Oleiros un monolito en recoñecemento dos asasinados no 1936.
Este domingo ás 12:30h, en colaboración co BNG, faremos un acto de lembranza e homenaxe.
Con Laura Rei, Iria Taibo, Sol Agra e a música de Miro Casabella.

Este ano fanse 30 anos da conmemoración ininterrompida do Día da Galiza Mártir en Oleiros, sempre (agás un ano) na praza...
21/08/2026

Este ano fanse 30 anos da conmemoración ininterrompida do Día da Galiza Mártir en Oleiros, sempre (agás un ano) na praza da Liberdade de Nós.

Un acto que desde hai xa bastantes anos dedicamos á recuperación da memoria histórica democrática local: nomes e voces, feitos e lugares que desde Oleiros -ou puntos próximos da comarca- loitaron por unha sociedade máis xusta e libre desde as posibilidades que a etapa da República daba.

Foi Oleiros naqueles anos, como levamos moitos agostos recordando en Nós, un concello especialmente fecundo en proxectos populares de todo tipo para comezar a soñar e construír ese mundo novo. Foi Oleiros tamén o lugar da comarca, despois da propia cidade da Coruña, onde máis se asañou o fascismo en borrar todas aquelas pegadas despois do 18 de xullo de 1936. E dentro do noso concello foi a parroquia de Nós onde máis cruel foi toda aquela violencia. Porque foi onde máis lonxe o pobo se atrevera a chegar. Por iso alí a praza da Liberdade, a carón dunha Casa do Pobo que naceu, precisamente, soñada (e comezada a construír) naqueles luminosos anos republicanos. Por iso alí o monumento a Alexandre Bóveda. Por iso alí o monumento erguido na memoria de Xaquín Taboada e dos seus compañeiros.

Este domingo 23 ao mediodía volvémonos xuntar en Nós como desde hai 30 anos para seguirmos recuperando nomes e historias locais, xuntando neste caso ideais e arquitectura. Facémolo contando coa inestimábel colaboración de quen hai 30 anos iniciou todo isto (e sempre estivo aí): a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, que ademais este ano festexa o seu medio século de vida.

Farémolo contando coa música do Miro Casabella, quen muito ten a ver coa historia mesma do lugar (da Casa do Pobo de Nós e da praza da Liberdade), e coa palabra de Laura Rei, Iria Taibo, deputada do BNG no Parlamento de Galiza e veciña de Oleiros e Sol Agra, deputada provincial do BNG responsábel da área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña.

Agardámosvos!

O acto, organizado polo BNG de Oleiros e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, terá lugar este domingo na Praza da Liberdade de Nós

25/07/2026
25/07/2026
Común temos a Patria. O 25 de xullo e cada día 🩵
25/07/2026

Común temos a Patria. O 25 de xullo e cada día 🩵

Dirección

Oleiros
15173

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG de Oleiros publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros Organizaciones Políticas en Oleiros

Ver Todo