PSdeG-PSOE de ORDES

Cómo llegar

PSdeG-PSOE de ORDES Socialistas de Ordes

02/10/2026
🏫 Melloras necesarias no CEIP Mesón do VentoNo pleno ordinario de setembro solicitamos que se dea traslado á Consellería...
30/09/2026

🏫 Melloras necesarias no CEIP Mesón do Vento

No pleno ordinario de setembro solicitamos que se dea traslado á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da necesidade de reparar e, cando sexa necesario, substituír as portas do CEIP Mesón do Vento.

Falamos dunha reivindicación antiga da comunidade educativa, que leva tempo reclamando unha actuación para solucionar o estado destas portas e garantir unhas instalacións adecuadas para o alumnado e para toda a comunidade educativa.

Desde o Concello debemos seguir trasladando estas necesidades á administración competente e insistindo para que se acometan as actuacións necesarias.

26/08/2026

O PSOE de Ordes celebra o remate da intervención, pero considera 'inaceptable' que unha reparación necesaria nun centro sanitario tardase tantos anos en chegar

Un logro que chega tras máis de 10 anos de espera. 🏥👧👦Unha das consultas de Pediatría do Centro de Saúde de Ordes levaba...
18/08/2026

Un logro que chega tras máis de 10 anos de espera. 🏥👧👦

Unha das consultas de Pediatría do Centro de Saúde de Ordes levaban máis dunha década sufrindo problemas de goteiras.

Desde o Partido Socialista insistimos unha e outra vez para que se solucionase: no Pleno municipal e tamén no Parlamento de Galicia, a través dos nosos compañeiros e compañeiras do grupo parlamentario.

Hoxe, por fin, parece que a intervención está rematada. Alegrámonos de que se mellorasen as condicións nas que se atende aos nenos e nenas de Ordes. ❤️

Pero tamén hai que dicilo claro: isto é inaceptable. Non é normal que unha reparación necesaria nun centro sanitario teña que agardar máis de 10 anos e que haxa que insistir tanto para conseguir unha solución.

Seguiremos facendo o que nos corresponde: estar ao lado dos veciños e veciñas, reclamar e non deixar de insistir ata que os problemas se solucionen. 🌹

📍 Este é simplemente un exemplo das múltiples deficiencias detectadas pola veciñanza e polo Grupo Municipal Socialista.O...
11/08/2026

📍 Este é simplemente un exemplo das múltiples deficiencias detectadas pola veciñanza e polo Grupo Municipal Socialista.

O Goberno municipal asegura ter sempre todo baixo control. O curioso é que, na práctica, somos nós quen temos que comunicar deficiencias que levan meses sen solucionar… e, despois de facelas públicas, aparecen as solucións. Casualidades da vida. 😉

No pasado pleno, o alcalde recoñeceu que considera que a Corporación municipal está sobredimensionada e que se podería gobernar con menos concelleiras e concelleiros.

E, sinceramente, pensamos que ten razón. Entendemos que se refería, sobre todo, ao seu propio equipo de goberno.

Porque hai que estar bastante illado da realidade para non coñecer o estado das rúas, as necesidades da veciñanza, o mal funcionamento da biblioteca, as listas de agarda do centro de saúde, a falta de servizos no rural…

Se para gobernar hai que estar pendente de que a oposición lles diga onde están os problemas, igual o que está sobredimensionada non é a Corporación.

🌳 Se por algo non destaca o PP de Ordes é pola súa política de mantemento e coidado dos espazos públicos. O Parque do Pa...
04/08/2026

🌳 Se por algo non destaca o PP de Ordes é pola súa política de mantemento e coidado dos espazos públicos. O Parque do Paraíso é un exemplo máis do abandono ao que o goberno local somete instalacións que utilizan a diario moitas familias.

👉 Bancos sucios.
👉 Fontes avariadas e inutilizables.
👉 Árbores sen podar que dificultan o tránsito.
👉 Arbustos secos.
👉 Xogos infantís deteriorados.
👉 Mobiliario oxidado, incompleto ou vandalizado.
👉 Cartelería en mal estado.

Desde o Grupo Municipal Socialista presentamos un rogo para que o Concello actúe de inmediato e acometa unha posta a punto integral do parque, reparando os elementos deteriorados, mellorando o mantemento e garantindo un espazo seguro e agradable para a veciñanza.

Porque gobernar tamén é coidar o día a día. E cando falla o máis básico, o abandono acaba converténdose na imaxe do concello.

04/08/2026
03/08/2026

Incluye la construcción de una senda peatonal para separar el tráfico rodado de los viandantes

03/08/2026
🚨 Quen se fai cargo da recollida dos residuos no Centro de Saúde?No último pleno, desde o Grupo Municipal Socialista sol...
27/07/2026

🚨 Quen se fai cargo da recollida dos residuos no Centro de Saúde?

No último pleno, desde o Grupo Municipal Socialista solicitamos mellorar a recollida e a xestión dos residuos no Centro de Saúde de Ordes para evitar a imaxe de caixas e desperdicios amoreados na entrada e garantir un entorno máis limpo e ordenado. 🏥📦

❌ A resposta da concelleira Ana María Soneira foi que esa responsabilidade correspondía ao SERGAS.

🔎 Pero decidimos comprobalo.

Tras consultar o organismo competente, a realidade é ben distinta: a recollida e xestión deste tipo de residuos corresponde ao Concello.

🤔 Polo tanto, só hai dúas explicacións:
➡️ Ou mentiu no pleno, ou
➡️ Descoñece as competencias do Concello do que forma parte.

Dirección

Ordes

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE de ORDES publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir