BNG Ordes

Cómo llegar

BNG Ordes Páxina oficial do Bloque Nacionalista Galego de Ordes.

Dende o BNG de Ordes lamentamos profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, referente indiscutible do nacionalismo ...
08/10/2026

Dende o BNG de Ordes lamentamos profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, referente indiscutible do nacionalismo galego e peza clave na historia de Galiza e do propio BNG.

Enviamos unha aperta á súa familia e ás súas amizades nestes momentos. O seu pensamento e o seu compromiso co país seguirán connosco.

Que a terra lle sexa leve.

O BNG lamenta profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG, de quen foi voceiro nacional e portavoz no Parlamento de Galiza durante dúas décadas.

Queremos trasladar o noso cariño e o noso pesar á súa familia, amizades e persoas próximas. A súa voz, o seu pensamento político e económico e o seu compromiso con Galiza forman parte xa do patrimonio e da memoria colectiva do noso país.

Que a terra lle sexa leve.

Cada detalle importa ✅Na rúa de Mundito había un farol sen tapa de rexistro, cos cables á vista e ao alcance de calquera...
07/10/2026

Cada detalle importa ✅

Na rúa de Mundito había un farol sen tapa de rexistro, cos cables á vista e ao alcance de calquera persoa ou animal. Desde o BNG, presentamos un rogo para que se revisasen os farois da rúa e se repuxesen as tapas onde fose preciso.

Resultado: farol arranxado. 👏

A seguridade das veciñas e dos veciños está nos pequenos detalles. Seguiremos traballando para mellorar Ordes, rogo a rogo.

29/09/2026

O venres levamos ao pleno municipal unha moción pola defensa dunha AP-9 galega e gratuíta.

Celebramos os votos a favor por parte do PSOE de Ordes, mais a moción non saíu adiante polos votos en contra do PP municipal.

Votaron en contra de:

❌ Facer efectiva a transferencia da AP-9 a Galiza
❌ Poñer fin ás peaxes da AP-9
❌ Que o Estado revise e anule a prórroga da concesión

En definitiva: desde o PP votaron en contra dos intereses dos veciños e veciñas de Ordes.

24/09/2026

Este venres levamos ao pleno de Ordes unha moción para defender unha AP-9 galega e gratuíta.

A transferencia a Galiza xa é lei. Agora toca facela efectiva, sen atrancos, e reclamar a fin das peaxes.

E facemos un chamamento claro ao PSOE e ao PP de Ordes para que voten a favor da moción no pleno de mañá.

🟢 Porque votar a favor desta petición, é votar a favor dos intereses de todos os veciños e veciñas de Ordes.

Aínda non liches a última edición do noso voceiro? 📩No boletín informativo de agosto falamos de:📚 As deficiencias da bib...
21/09/2026

Aínda non liches a última edición do noso voceiro? 📩

No boletín informativo de agosto falamos de:

📚 As deficiencias da biblioteca municipal.
📍 O retraso nas concentracións parcelarias.
🛣️ O proxecto rolda Sur-Oeste e como o melloraríamos.
📃 As prioridades dos orzamentos do Concello e cales serían as nosas.
➡️ As tarefas de rozas, o transporte público... e moito máis!

📬 Revisa a túa caixa do correo e non te perdas a nosa publicación mensual.

⚠️ Esta semana, os contedores de papel de Ordes volveron presentar unha imaxe que non debería ser habitual: rebordando, ...
18/09/2026

⚠️ Esta semana, os contedores de papel de Ordes volveron presentar unha imaxe que non debería ser habitual: rebordando, sen capacidade para depositar máis residuos.

Esta situación supón unha incomodidade para a veciñanza, que se atopa cos contedores cheos á hora de depositar correctamente os residuos, ademais de provocar a acumulación de lixo na vía pública.

O servizo de recollida debe funcionar coa asiduidade necesaria, para evitar que se chegue a situacións coma esta. Desde o BNG pedimos ao goberno municipal que actúe e esixa ás empresas responsables que presten un servizo adecuado, garantindo a frecuencia necesaria na recollida do papel.

👉 E esta non é a única incidencia. No pasado pleno de xullo xa formulamos unha pregunta polas deficiencias na recollida do vidro, especialmente nas parroquias do concello, ante as queixas trasladadas pola veciñanza.

♻️  O Concello debe garantir o correcto funcionamento dun servizo tan esencial como é a recollida do lixo.

O pasado 15 de setembro transcendía aos medios unha vertedura de xurro gandeiro procedente dunha balsa con capacidade pa...
18/09/2026

O pasado 15 de setembro transcendía aos medios unha vertedura de xurro gandeiro procedente dunha balsa con capacidade para 1,3 millóns de litros no concello de Tordoia. O vertido, notificado o día 14 e estimado inicialmente entre os 300.000 e os 400.000 litros ascendería a uns 600.000 litros segundo fontes da Consellería de Medio Ambiente.

Non é a primeira vez que se produce un suceso destas características na zona nos últimos 5 anos, pois en 2021 e 2022 vimos como un incidente similar nunha explotación de Trazo chegou ao Tambre, provocando a morte de milleiros de peixes e danos na flora e fauna até a súa desembocadura na ría de Noia. Este tipo de incidentes esixen unha reflexión sobre o estado das augas, da vixilancia e control periódico e das medidas de control, inspección e contención deste tipo de balsas e outros mecanismos co potencial de causar un incidente destas dimensións.

Tamén é preciso reflexionar sobre a coordinación, a información pública e o impulso das medidas de contención que se debe facer diante deste tipo de acontecementos que transcenden os lindes municipais e que teñen unha afectación potencial a varios concellos e comarcas.

Desde o BNG, propoñemos unha serie de cambios no proxecto de accesibilidade previsto para o núcleo urbano de Ordes, elab...
07/09/2026

Desde o BNG, propoñemos unha serie de cambios no proxecto de accesibilidade previsto para o núcleo urbano de Ordes, elaborado a partir do informe do Estudio Técnico Galego e presentado posteriormente polo goberno municipal.

📍 Entre as propostas que presentamos no pasado pleno están:

✅ Crear un paso de peóns na rúa de Galicia, na intersección con Cidade Xardín, especialmente necesario pola proximidade da escola infantil Herminio Rial. Unha solicitude que xa é unha realidade 👏

➡️ Mellorar a actuación prevista na rúa Mestre Nicolás del Río Castelo, ampliando as beirarrúas cara as zonas de aparcadoiro para facilitar o xiro e mellorando a seguridade do paso de peóns.

➡️ Planificar a actuación da rúa Viriato Lamas tendo en conta que se debera substituír o actual illote por unha rotonda e, mentres non se acometa esa modificación, instalar un paso peonil paralelo ao actual.

Desde o BNG instamos ao goberno municipal a modificar o proxecto incorporando todas as propostas e pedimos que se revisen ben as actuacións antes de executalas.

01/09/2026

🐟 A finais de xuño, a aparición de numerosas troitas mortas no río Ca**ón, augas abaixo da EDAR de Ordes, fixo saltar as alarmas.

Desde o BNG, pedimos ao goberno municipal que investigase o sucedido e seguimos esperando unha explicación. Pero esta situación tamén nos levou a poñer o foco no rego da Fraga e comprobar cal é o seu estado.

👉 Neste vídeo, Óscar e Pablo explican a situación do rego, as medidas que se deberían estar tomando e o que estamos comprobando sobre o terreo.

Porque o que atopamos é preocupante: cheiros, depósitos no leito, restos nas cañotas e sinais de falta de mantemento nas instalacións da EDAR de Ordes.

O rego da Fraga está catalogado por Augas de Galicia cun estado ecolóxico deficiente. Ante esta situación, existen medidas previstas para reducir a contaminación e actuar sobre as infraestruturas de saneamento e depuración.

Desde o BNG levamos tempo reclamando a ampliación e modernización da EDAR de Ordes, unha actuación fundamental para garantir o correcto tratamento das augas residuais.

💧 Coidar o noso ecosistema é coidar o futuro de Ordes.

Volvemos cun novo antes e despois. ✅A beirarrúa da Rúa do Laranxal, en Ordes, estaba levantada nun tramo, provocando que...
25/08/2026

Volvemos cun novo antes e despois. ✅

A beirarrúa da Rúa do Laranxal, en Ordes, estaba levantada nun tramo, provocando que varias persoas tropezasen e mesmo chegasen a caer ao chan. Por iso, no pasado pleno, presentamos un rogo instando ao alcalde e ao goberno municipal a actuar para solucionar esta situación.

Celebramos que xa se tomasen as medidas oportunas. 👏

📩 No BNG de Ordes temos sempre as mensaxes abertas. Se detectades algunha problemática no concello, facédenola chegar: podemos levala ao pleno e esixir que se lle dea resposta.

Dirección

Rúa Mediodía
Ordes
15680

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Ordes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir