Concello de O Irixo

Cómo llegar Página web

Concello de O Irixo Benvidos o Concello de O Irixo, onde a natureza é arte. Atopa mais información do noso concello na web: www.irixo.gal

🏗️ A NOVA NAVE MUNICIPAL DO IRIXO, NA RECTA FINALAs obras da nova nave municipal están xa preto de rematar. Unha infraes...
13/10/2026

🏗️ A NOVA NAVE MUNICIPAL DO IRIXO, NA RECTA FINAL

As obras da nova nave municipal están xa preto de rematar. Unha infraestrutura moi necesaria, que non podía agardar máis, e que supón un paso importante para conservar mellor a maquinaria, facilitar o traballo dos servizos municipais e ofrecer unha mellor atención á veciñanza.

Durante anos, a maquinaria do Concello permaneceu á intemperie, exposta á choiva, ao frío e ao deterioro. Unha situación que cumpría resolver, especialmente nun momento no que seguimos ampliando os medios propios para atender as necesidades dos nosos núcleos.

🚜 Ao tractor novo adquirido sumáronse unha minipala cargadora, un rolo especial de limpeza e un remolque. Máis medios para traballar que precisan tamén dun espazo axeitado para a súa conservación e mantemento.

A nova nave permitirá:

✅ Gardar a maquinaria e os vehículos municipais a cuberto, prolongando a súa vida útil e reducindo o deterioro.

✅ Facilitar o mantemento e as pequenas reparacións, para ter os equipos nas mellores condicións.

✅ Dispoñer de espazo para o acopio de materiais e o almacenamento de ferramentas.

✅ Ofrecer unhas instalacións dignas e funcionais aos traballadores municipais.

O Irixo merece unha infraestrutura á altura das súas necesidades, executada para durar e preparada para o futuro. Resolver unha carencia de tantos anos esixía algo máis ca un galpón improvisado para saír do paso. Os recursos públicos deben investirse con responsabilidade, pensando na súa utilidade e evitando que as solucións precarias de hoxe se convertan nos problemas de mañá.

Porque a maquinaria municipal, antes de converterse en peza de museo, ten aínda moito traballo que facer polos nosos pobos. E para iso necesita coidados, mantemento e un lugar axeitado onde gardala.

🤝 Esta actuación conta cun investimento de 140.000 euros e coa colaboración económica da Deputación de Ourense, cunha achega de 77.549,06 euros a través do programa CooperOU. Agradecemos o seu apoio para facer realidade este proxecto.

Cómpre destacar tamén o empeño e a perseveranza da alcaldesa, Rosa María Dalama Lousado, para sacar adiante unha infraestrutura que responde a unha necesidade real do Concello e dos seus traballadores, e cuxos beneficios repercutirán no conxunto da veciñanza.

Coidar a maquinaria é protexer o patrimonio de todos e todas. Mellorar os medios municipais é mellorar os servizos que recibe a veciñanza.

IV Bullada de Outono 🍂O vindeiro 17 de outubro de 2026, o Polideportivo O Irixo encherase de música, tradición e ambient...
10/10/2026

IV Bullada de Outono 🍂

O vindeiro 17 de outubro de 2026, o Polideportivo O Irixo encherase de música, tradición e ambiente festivo para g***r dunha xornada inesquecible. 

Programación do evento:

18:00 h – Obradoiro de baile tradicional da man de Ismael Rodríguez. 

19:00 h – Foliada de grupos invitados coa participación de Ferreñas do Testeiro, Xúa, De Pé Feito, Os Trasnos de Doade, Os Biruxes, Ponte da Prata, Sete Estralos e as Pandeireteiras de Zobra. 

23:00 h – Gran concerto de Xisco Feijóo presentando o seu espectáculo “Traede Ferrallada”. 
E para pechar a xornada... Foliada libre ó remate! 

Unha oportunidade perfecta para compartir, bailar e manter viva a nosa cultura. Non faltedes!

Contratación dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil – Programa TR350E (convocatoria 2026)O C...
08/10/2026

Contratación dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil – Programa TR350E (convocatoria 2026)

O Concello de O Irixo foi beneficiario dunha subvención de 16.902,64 € da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 (DOG núm. 108, do 11 de xuño), para a contratación dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Esta actuación está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro da prioridade de Emprego xuvenil. O 40 % restante procede de fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal.

Con esta axuda, o Concello contrata a xornada completa durante nove meses unha persoa moza desempregada como auxiliar administrativa, que desenvolve tarefas de reforzo administrativo na actualización e organización dos servizos municipais.

O obxectivo é mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral das persoas mozas do municipio, proporcionándolles unha experiencia e práctica profesional no ámbito administrativo.

⚠️ AVISO IMPORTANTE: Alerta amarela por choivas 🌧️A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alertou dun episodio de fe...
06/10/2026

⚠️ AVISO IMPORTANTE: Alerta amarela por choivas 🌧️

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alertou dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos.

Nivel de alerta: Amarelo.

Tipoloxía: Choiva.

Desde o Concello do Irixo solicitamos á veciñanza que adopte as medidas preventivas necesarias.

Lembramos que, ante calquera emerxencia, debes chamar ao 112.

Podes consultar máis información nas páxinas web oficiais de AEMET, CIAE 112 e MeteoGalicia.

🎄Lotería de Navidad / Comisión de fiestas Santiago de Corneda
06/10/2026

🎄Lotería de Navidad / Comisión de fiestas Santiago de Corneda

🏃 COMEZAN AS ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS MUNICIPAIS!O vindeiro 1 de outubro comezan as actividades físico-deportivas m...
29/09/2026

🏃 COMEZAN AS ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS MUNICIPAIS!

O vindeiro 1 de outubro comezan as actividades físico-deportivas municipais do curso 2026-2027, que se desenvolverán no Pavillón Municipal do Irixo.

🤸 Xerontoximnasia
📅 Luns e xoves
🕕 18:00 h

💪 Ximnasia de mantemento
📅 Luns e xoves
🕖 19:00 h

📝 INSCRICIÓNS

As inscricións poderán realizarse:

* 🏛️ Presencialmente no Concello do Irixo.
* 💻 A través da Sede Electrónica do Concello.
* 📅 No Pavillón Municipal, no momento da actividade.

📍 Lugar: Pavillón Municipal do Irixo

Animádevos a participar!

A furgoneta da campaña itinerante Xeración EMPRENDE chega ao noso concello! 🚐💡  Este programa, enmarcado na “Ruta Rural ...
24/09/2026

A furgoneta da campaña itinerante Xeración EMPRENDE chega ao noso concello! 🚐💡 

Este programa, enmarcado na “Ruta Rural do Emprendemento Xuvenil”, ten como obxectivo achegar o emprendemento á mocidade e ás mulleres do rural galego.

Achégate para g***r das actividades e recibir asesoramento personalizado para impulsar as túas ideas e proxectos. 

Toma nota dos detalles:

📅 Cando: Martes, 29 de setembro 

🕒 Horario: De 17:00 a 19:00 h. 

📍 Onde: Praza Manuel Penedo Nº10 (Praza do concello) 

Anímate a participar, ademais levarás un agasallo! 🎁 

🩸 O Irixo, doa sangue e dá un alento de vida!Informámosvos de que a unidade móbil de doazón de sangue visitará o noso mu...
24/09/2026

🩸 O Irixo, doa sangue e dá un alento de vida!

Informámosvos de que a unidade móbil de doazón de sangue visitará o noso municipio o vindeiro mércores, 30 de setembro.

Achégate á Praza do Concello, onde estarán atendendo dende as 16:00 ata as 17:30 horas.

Podes consultar toda a información no cartel adxunto ou chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. 

A túa solidariedade é moi importante, contamos contigo! ❤️

🌰🔥 MAGOSTO EN SANTIAGO DE CORNEDA 🔥🌰A Comisión de Festas de Santiago de Corneda organiza un ano máis o tradicional Magos...
23/09/2026

🌰🔥 MAGOSTO EN SANTIAGO DE CORNEDA 🔥🌰

A Comisión de Festas de Santiago de Corneda organiza un ano máis o tradicional Magosto e convídavos a todos e todas a compartir unha xornada de castañas, boa compaña e festa! 🍂

📅 Sábado 31 de outubro
🕑 Ás 14:00 h
📍 Na carpa do Campo da Festa

22/09/2026

O xove deportista do Irixo Roi Freixedo vén ven de proclamarse Campión de España no Campionato de España de Armas Olímpicas, ao conseguir a medalla de ouro no Campionato de España de Armas Olímpicas, na modalidade de pi***la velocidade na súa categoría ‘junior’. Este triunfo supón o bi...

Dirección

Praza Manuel Penedo 10
Orense
32530

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de O Irixo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir