EASD Antonio Faílde

Cómo llegar Página web

EASD Antonio Faílde Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde. Ourense

A Escola de Arte e Superior de Deseño “Antonio Failde” de Ourense é un centro público que depende da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. Tódalas nosas titulacións son de carácter oficial e posibilitan acollerse ao sistema de bolsas que ofrece a lexislación educativa. As especialidades que ofrecemos pertencen ás ensinanzas artísticas de réxime especial e permiten obter niveis diferentes de titulación: as Ensinanzas Profesionais de Deseño (de matrícula gratuíta) cuxa titulación é a de Técnico/a Superior de Artes Plásticas e Deseño; e as Ensinanzas Superiores de Deseño cuxa titulación é, a tódolos efectos, equivalente a un grao universitario. Contamos ademais con programas de mobilidade de ERASMUS + e con convenios de prácticas cun amplo número de empresas de toda Galicia.

“Sketchbook: o meu verán” é o primeiro libro de Uxía Rodríguez, alumna de 3º de Deseño Gráfico e anteriormente titulada ...
20/10/2026

“Sketchbook: o meu verán” é o primeiro libro de Uxía Rodríguez, alumna de 3º de Deseño Gráfico e anteriormente titulada en Ilustración.

Publicado nunha coidada edición por Cuarto de Inverno, o libro relata, cunha linguaxe que hibrida banda deseñada e caderno de campo e coa frescura que caracteriza o traballo de Uxía, as súas vivencias no verán de 2023. Un evocador canto á xuventude co que comeza o que a bo seguro vai ser unha fermosa carreira.

Estes días foron varias as compañeiras e profes que se achegaron a pedir unha dedicatoria. Como podedes ver, as súas compis de 3ºB están todas orgullosas.

Moitos parabéns, Uxía!!

u x i a 👺
Cuarto de Inverno
faildeilustracion

“Sketchbook: o meu verán” é o primeiro libro de Uxía Rodríguez, alumna de de 3º curso de Deseño Gráfico e anteriormente ...
20/10/2026

“Sketchbook: o meu verán” é o primeiro libro de Uxía Rodríguez, alumna de de 3º curso de Deseño Gráfico e anteriormente titulada en Ilustración.

Vén de ser publicado nunha coidada edición por Cuarto de Inverno e nel recolle, nun formato que hibrida o caderno de campo e a banda deseñada e coa frescura que caracteriza o seu traballo, as súas vivencias no verán de 2023. Un evocador canto á xuventude co que comeza o que a bo seguro será unha fermosa carreira.

Estes días foron varias as compañeiras e profes que se achegaron a pedirlle unha dedicatoria. Como podedes ver, as súas compañeiras de 3ºB están ben orgullosas.

Moitos parabéns, Uxía!

u x i a 👺
Cuarto de Inverno
faildeilustracion

📢 Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos Premios Fin de Carreira das Ensinanzas Artíst...
19/10/2026

📢 Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos Premios Fin de Carreira das Ensinanzas Artísticas Superiores de Galicia do curso 2025/26.

🗓️ As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días para presentar reclamacións.

🔗 Consulta a listaxe completa na ligazón da bio.

01/10/2026
Onte os alumnos de Ebanistería da EASD Antonio Faílde participaron na 2ª edición do “Somos Gou Fest 2026” organizado por...
26/09/2026

Onte os alumnos de Ebanistería da EASD Antonio Faílde participaron na 2ª edición do “Somos Gou Fest 2026” organizado por Cruz Roja Ourense .Este evento, que ten como obxectivo central visibilizar o traballo e talento dos xóvenes en distintos ámbitos laborais, se desenvolveu no exterior do pavillón dos Remedios ao longo da mañá do venres.

Ebanistería Easd Ourense

Unha mirada á nosa visita a Viñetas desde o Atlántico.Este xoves percorremos co alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de...
25/09/2026

Unha mirada á nosa visita a Viñetas desde o Atlántico.
Este xoves percorremos co alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Ilustración da EASD Antonio Faílde as exposicións de Viñetas desde o Atlántico, entre as que se atopaba a do noso compañeiro Jacobo Fernández. Disfrutamos vendo os orixinais: fixarse nos detalles das láminas, no trazo a lapis e na narrativa visual de cada viñeta. Moita inspiración e talento para recibir o curso coas pilas cargadas!

Exposicion

Dirección

Avenida Da Universidade, Nº 18/OURENSE
Orense
32005

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando EASD Antonio Faílde publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría