28/09/2026
🌿🍅𝐂𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥𝐥𝐞 𝐦𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐚 𝐬𝐮́𝐚 𝐫𝐢𝐪𝐮𝐞𝐳𝐚 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥, 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐞 𝐠𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨𝐧𝐨́𝐦𝐢𝐜𝐚 𝐧𝐨 𝐌𝐞𝐫𝐠𝐮́𝐥𝐥𝐚𝐭𝐞 𝐧𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐎𝐮𝐫𝐞𝐧𝐬𝐞!☺
O pasado sábado, 26 de setembro, Cartelle foi escenario dunha nova proposta do programa «Mergúllate na Comarca de Ourense», promovido polo Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou , cunha xornada para descubrir e poñer en valor parte do noso patrimonio.
🥾 A actividade comezou coa ruta interpretativa dos Muíños do Río Gato e a Torre de Sande, un percorrido de 9 quilómetros que permitiu ás persoas participantes coñecer e desfrutar da paisaxe e do patrimonio da contorna.
Durante a ruta tamén houbo ocasión para achegarse ás Adegas de Mogos e coñecer de primeira man a tradición do Entroido das Bonitas de Sande.
🎭 E aquí queremos facer un agradecemento moi especial á Asociación AC Entroido As Bonitas de Sande, pola súa implicación e colaboración. Non só colaboraron na interpretación desta ruta , senón que ofreceron unha fantástica demostración do senlleiro Entroido de Sande, co protagonismo das Bonitas, a vaca e o oso, permitindo ás persoas participantes coñecer unha das expresións máis singulares da nosa identidade e tradición.
🍷 A xornada rematou cunha xenerosa degustación de produtos locais no Bar Katy, preparada con agarimo polo seu persoal, e cunha pequena feira na que participaron diferentes asociacións de Cartelle —Costureiras do Forrollo, Asociación de Mulleres Rurais A Feira e Traza - Xabón Natural— mostrando os seus proxectos e produtos artesáns.
💚 Desde o Concello de Cartelle queremos agradecer a ADERCOU, a os guías de Surbia Natura, aos veciños que acompañaron, ao Bar Katy e a todas as persoas que fixeron posible esta xornada por contribuír a poñer en valor o noso patrimonio, os nosos produtos, as nosas tradicións e, sobre todo, o traballo da nosa xente.
Porque coñecer Cartelle é tamén mergullarse na súa natureza, na súa cultura e nas súas xentes. 😍
Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou | Surbia Natura | AC Entroido As Bonitas de Sande |