23/10/2026
🏹 Taboadela recoñece o éxito deportivo de Marta Dopazo Grande
O Concello de Taboadela realizou hoxe un acto de recoñecemento a Marta Dopazo Grande, polo seu título de campioa de España 2026 de tiro con arco tradicional, na categoría feminina absoluta, por comunidades autónomas, formando parte da selección galega.
Un logro froito do esforzo, da constancia e do traballo realizado, que supón un motivo de orgullo para o deporte galego e para todas as persoas que forman parte do Club Lumelar.
Desde o Concello queremos trasladarlle os nosos parabéns a Marta por este importante éxito e agradecer ao Club Lumelar o seu labor no fomento do tiro con arco.
Parabéns, Marta! 👏🏹