Sergas Ourense

Llamar Cómo llegar Página web

Sergas Ourense Canle de Comunicación da Área Sanitaria do de , e Servizo Galego de Saúde Ourense

No Día Mundial do Cancro de Mama, o Hospital Universitario de Ourense acolleu unha nova entrega dos 💚corazóns solidarios...
19/10/2026

No Día Mundial do Cancro de Mama, o Hospital Universitario de Ourense acolleu unha nova entrega dos 💚corazóns solidarios, confeccionados polas voluntarias do Espazo +60 de Afundación

🪡 Estas almofadas, feitas a man, axudan a protexer a zona operada, aliviar as molestias e facilitar o descanso. Pero tamén transmiten unha mensaxe de apoio ás pacientes.

🎶 O encontro contou coa música de Lorena Álvarez e María Ramos e co emotivo testemuño de Isabel Cousiño, paciente e voluntaria do hospital, que compartiu a súa experiencia.

💕 Grazas ás voluntarias e aos profesionais que fan posible esta iniciativa desde hai tres anos.

19/10/2026

💉 A anestesia é moito máis que durmir durante unha operación, é coidar das persoas antes, durante e despois da cirurxía.

👩‍⚕️👨‍⚕️ No Día Mundial da Anestesia poñemos en valor o traballo dos profesionais que acompañan na preparación dunha intervención ata a recuperación, velando pola seguridade, benestar e control da dor.

🏥 No Hospital Universitario de Ourense temos unha longa traxectoria na anestesioloxía con unha das primeiras unidades de Reanimación creadas en Galicia, en 1972, ademáis da decana das unidades da dor, que cumprirá 50 anos en 2027.

17/10/2026

💚 Máis de 160 parellas inscritas no Torneo Solidario de Mus do Hospital Universitario de Ourense!

Grazas pola extraordinaria resposta a esta iniciativa, que une lecer e solidariedade e que nesta edición destina integramente a recadación á Asociación Bicos de Papel , para apoiar o seu labor de acompañamento e axuda aos nenos e nenas con enfermidades oncolóxicas e ás súas familias.

👏 O noso agradecemento a todas as persoas participantes, á Muse Asociación Cultural Museiros de Ourense, a APeTéCeMe e a todos os que fan posible esta iniciativa solidaria.

Porque cada partida conta e a solidariedade sempre gaña! 💚

12/10/2026

Neste Día do Pilar, compartimos algúns dos momentos da visita da Garda Civil ao Hospital Universitario de Ourense 📸💚.

Os nenos e nenas de Pediatría e as voluntarias que nos acompañan no día a día achegáronse o seu traballo, a algunhas das súas responsabilidades menos coñecidas, e recibiron información directa dalgúns temas que nos interesan a todos 🚗🛴⛑️e disfrutaron dunha xornada de aprendizaxe mutua, na que os cans tamén conquistaron miradas 🐾.

Grazas a todos os axentes da Comandancia de Ourense 💚por achegarse ao hospital, pola súa proximidade e polo tempo compartido. 🎊Parabéns no día da vosa patroa! 🤝

No Día mundial da Saúde Mental alzamos a voz 🔊contra o estigma e sumámonos ás persoas usuarias do Hospital de Día de Saú...
10/10/2026

No Día mundial da Saúde Mental alzamos a voz 🔊contra o estigma e sumámonos ás persoas usuarias do Hospital de Día de Saúde Mental, que comparten, coas súas palabras e a súa pancarta, unha mensaxe: a saúde mental importa ⚠️e falar dela axuda a comprender e a combater os prexuízos.

Detrás dun diagnóstico hai persoas con historias, capacidades, soños e moito que achegar.

O estigma tamén se combate cos xestos de cada día: 👂escoitar, comprender 🤔e acompañar 🤝

➕Máis empatía➖Menos prexuízos�➕Máis persoas➖Menos etiquetas�➕Máis saúde mental➖Menos estigma

09/10/2026

O Novoa Santos viviu con emoción esta semana a despedida de María José Fernández del Estal, enfermeira e coordinadora do Centro de Saúde onde traballou preto de 40 anos. Natural de Santander, practicamente toda a súa carreira está vencellada a Ourense, onde tamén traballou no Centro de Saúde da Carballeira. 💙

Ao longo destes anos, impulsou o desenvolvemento profesional do seu equipo, ampliou o ámbito de actuación e responsabilidade da enfermería e promoveu a saúde comunitaria, achegando os coidados á vida das persoas. Unha traxectoria que deixa pegada nos compañeiros e compañeiras e na comunidade á que dedicou o seu traballo. 🤝

Grazas, María José, por tantos anos de coidados e por axudar a medrar aos que compartimos contigo este camiño. Moita sorta nesta nova etapa

09/10/2026

O mus volve ao Hospital Universitario de Ourense da man de Museiros Ourense e APeTéCeMe cunha causa solidaria. A terceira edición do torneo recadará fondos para a Asociación Bicos de Papel , que ofrece aloxamento, apoio psicolóxico e axudas ás familias de nenos e nenas con cancro de Ourense e Vigo💛

📅 Sábado 17 de outubro, de 10.00 a 22.30 h, na cafetería de persoal do novo edificio de hospitalización. Inscricións en Mustotal: 15 € por persoa. Aberto a profesionais, pacientes, familiares e cidadanía. Tamén podes colaborar coa fila cero 🤝

07/10/2026

O Comité de Tumores Dixestivos do Hospital Universitario de Ourense reúne semanalmente a especialistas de Oncoloxía Médica, Oncoloxía Radioterápica, Cirurxía Xeral, Dixestivo, Radioloxía e Anatomía Patolóxica para analizar conxuntamente cada caso e consensuar a estratexia terapéutica máis adecuada a cada paciente.

Este de tumores colo -rectais é un dos comités seleccionados para pilotar o novo aplicativo de xestión do Sergas, que permitirá integrar a información clínica, mellorar a trazabilidade e coordinación do proceso, e avanzar cara ao intercambio de coñecemento e ao traballo en rede, entre os comités das distintas áreas sanitarias, como parte da estratexia do Centro de Coidado Integral do Cancro de Galicia, concibido como unha rede para compartir coñecemento e avanzar cara a unha atención oncolóxica coordinada en toda a comunidade.

Neste marco, ao comité multidisciplinar ven de incorporarse tamén un profesional de Farmacia Hospitalaria, xunto a unha enfermeira xestora de casos.

Decidir xuntos para tratar mellor

05/10/2026

💜 Dar visibilidade á vida cunha ostomía axuda a combater os prexuízos e o estigma que aínda afrontan moitas persoas.

Hoxe, no Hospital Universitario de Ourense, pacientes e profesionais compartiron experiencias nunha xornada organizada pola Consulta de Estomaterapia, cunha mesa informativa e un taller de relaxación 🤝

Unha bolsa de ostomía pode salvar unha vida. Coñecer esta realidade e escoitar a quen convive con ela é un paso para normalizar e acompañar.

Dirección

Rúa Ramón Puga 52-54
Orense
32005

Teléfono

+34988385500

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Sergas Ourense publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir