Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Inorde Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico. Organismo autónomo dependente da Deputación Pro Progreso, 53 1º 32003 Ourense

🥾⛰️A Ruta do Pan de Entrimo de hoxe foi unha andaina pensada para conectar co noso patrimonio rural, percorrendo paisaxe...
11/10/2026

🥾⛰️A Ruta do Pan de Entrimo de hoxe foi unha andaina pensada para conectar co noso patrimonio rural, percorrendo paisaxes únicas e descubrindo o legado dos antigos muíños. 💚

🍯🍞Para pechar a mañá os participantes gozaron dunha degustación cos produtos máis típicos.

Este roteiro formou parte de no xeodestino Xeodestino Terra Celanova Serra Xurés, actividade promovida coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia

Provincia Ourense Deputación de Ourense

Vilar de Barrio acolleu hoxe a 47ª edición da  , cultivo ao que o   do   presta unha atención especial e que contaba hox...
11/10/2026

Vilar de Barrio acolleu hoxe a 47ª edición da , cultivo ao que o do presta unha atención especial e que contaba hoxe con un stand na exposición atendido polo persoal especializado.

O presidente, Rosendo Fernánde, participou no acto institucional, xunto ao alcalde da municipalidade, Manuel Conde, e alcaldes doutros concellos da Limia.

O técnico responsable, Servando Álvarez, impartiu tamén unha conferencia no marco do programa profesional.

Esta celebración é unha das iniciativas apoiadas pola liña de promoción de produtos locais.

Deputación Ourense

Esta fin de semana os usuarios do   están a participar na Feira Revive de Ribadavia, destinada ao consumidor consciente ...
11/10/2026

Esta fin de semana os usuarios do están a participar na Feira Revive de Ribadavia, destinada ao consumidor consciente ♻️

🍏🌰🍯Nun posto ubicado na igrexa da Madalena é posible adquirir zumes, meles, froitos secos e novidades en elaborados de outono froito das pequenas producións propias dos usuarios, transformadas no Centro Colaborativo Cantoña que foi impulsado por Deputación Ourense

Gracias polo voso traballo! 💚

10/10/2026

RUTA ETNOGRÁFICA DA BOLA – PÉ DO MONTE DE SAN CIBRAO

Hoxe percorreuse no concello de A Bola unha nova ruta do programa «Rutas que Rexeneran» do Xeodestino no marco do convenio coa Axencia de Turismo de Galicia! 🥾💚

🌲 Natureza e paisaxe: Camiñamos entre frondosos bosques de ribeira autóctonos e ascendemos polas ladeiras do maxestoso Monte de San Cibrao, que nos agasallou con unhas vistas espectaculares do val.

🏛️ Patrimonio e arquitectura popular: percorremos aldeas tradicionais descubrindo fornos comunitarios, lavadoiros e construcións de pedra que gardan a verdadeira esencia do rural galego.

📜 Camiños con historia: calamos vellas pegadas e antigos camiños de orixe medieval que historicamente conectaban e daban vida aos distintos núcleos de poboación.

🧺 Sabores da nosa terra: Como peche de ouro a unha mañá de sendeirismo e convivencia, ao rematar o percorrido gozaremos dunha merecida degustación de produtos locais. A mellor recompensa para poñer en valor o noso produto de proximidade!

Moitas grazas a todos os que nos acompañastes hoxe nesta experiencia que rexenera o corpo, a mente e o noso territorio! 🤝✨

A provincia de   promove os nosos recursos turísticos en  , o salón de referencia para as viaxes do mercado emisor de Po...
10/10/2026

A provincia de promove os nosos recursos turísticos en , o salón de referencia para as viaxes do mercado emisor de Portugal de cara a próxima tempada de inverno.

Chus Labrador, oficial de promoción de desprazouse a Lisboa para informar ao público final luso sobre os recursos cabeceira do noso territorio, presentes en diversos productos turísticos:

🍇 Enogastronomía
💦 Termalismo
🏰 Patrimonio
🥾 Natureza



de Galicia Deputación de Ourense

💚 Compartimos esta iniciativa desenvolvida por AEVA, Asociación Empresarial de Valdeorras no marco da liña de   destinad...
08/10/2026

💚 Compartimos esta iniciativa desenvolvida por AEVA, Asociación Empresarial de Valdeorras no marco da liña de destinada a asociacións para a dinamización do comercio local. 🌱

🥾🌿 Este outubro, seguimos percorrendo o Xeodestino Terras de Celanova- Serra do Xurés!De cara a esta fin de semana longa...
08/10/2026

🥾🌿 Este outubro, seguimos percorrendo o Xeodestino Terras de Celanova- Serra do Xurés!

De cara a esta fin de semana longa lembramos as próximas citas de «Rutas que Rexeneran», unha iniciativa para coñecer o patrimonio natural, cultural e etnográfico do noso territorio, enmarcada no convenio coa de Turismo de Galicia

📅 Estas son as rutas programadas:

📍 Sábado, 10 de outubro | A Bola
Ruta Etnográfica de A Bola – Pé do Monte de San Cibrao.
Un percorrido para achegarse ao patrimonio etnográfico da zona, que rematará cunha degustación de produtos locais.

📍 Domingo, 11 de outubro | Entrimo
Ruta do Pan.
Unha oportunidade para coñecer a tradición vinculada ao pan e ao patrimonio local. Ao finalizar, haberá unha degustación de produtos da zona.

📍 Luns, 12 de outubro | Verea
Ruta dos Fornos de Bangueses.
Un itinerario para coñecer os fornos tradicionais e parte da historia e das tradicións deste territorio.

📍 Luns, 12 de outubro | Celanova
Ruta «Unha vila, mil historias».
Un percorrido pola historia e o patrimonio de Celanova que inclúe unha cata de queixos, viños e mel.

💚 Prezo: 5 € por ruta.
🏡 Gratuíto para as persoas aloxadas nun establecemento do Xeodestino Terras de Celanova- Serra do Xurés.

🔗 Non quedes sen a túa praza! Consulta toda a información e inscríbete en:
www.rutasquerexeneran.gal

🥩 Montederramo prepárase para celebrar a ###I Festa da Carne!O vindeiro 12 de outubro, o municipio acolle unha nova edic...
08/10/2026

🥩 Montederramo prepárase para celebrar a ###I Festa da Carne!

O vindeiro 12 de outubro, o municipio acolle unha nova edición desta cita que forma parte do calendario festivo e gastronómico da provincia e que chega este ano á súa 31ª edición.

Unha xornada para achegarse a Montederramo e poñer en valor a súa tradición gandeira, a gastronomía local e un produto estreitamente vinculado ao territorio.

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, apoia iniciativas que contribúen á promoción dos produtos locais e á dinamización económica e turística do rural ourensán.

📅 12 de outubro
📍 Montederramo

🌿🚶‍♂️Ruta da Canle do Ruca no Concello A Merca  🚶‍♀️🌿O vindeiro 17 de outubro convidámoste a vivir unha experiencia únic...
07/10/2026

🌿🚶‍♂️Ruta da Canle do Ruca no Concello A Merca 🚶‍♀️🌿

O vindeiro 17 de outubro convidámoste a vivir unha experiencia única entre natureza, patrimonio e historias que marcaron o desenvolvemento de Galicia.

Percorreremos un roteiro interpretado de 9 quilómetros polo espectacular trazado da Canle do Ruca, unha impresionante obra de enxeñaría dos anos 30 que se abre paso entre bosques, túneles escavados na rocha, antigas infraestruturas hidráulicas e miradoiros con vistas inesquecibles sobre o canón do río Arnoia. 💧⛰️

Ao longo do camiño descubriremos as aldeas de Rubillós e Entrambosríos, a historia de Francisco Conde-Valvís "O Ruca" e os segredos dun proxecto que soñou con aproveitar a forza das augas do Arnoia para xerar enerxía.

🍯 E para rematar a xornada da mellor maneira, gozaremos dunha degustación das meles artesás deMel Do Caminero, unha auténtica mostra dos sabores da Merca.

📍 Rubillós (A Merca)
🕤 Recepción: 09:30 h
🥾 Distancia: 9 km
⏱️ Duración aproximada: 4 horas (con paradas)
🔄 Percorrido circular

Inscricións en: https://www.conocegalicia.es/excursion/rutas-que-rexeneran-ruta-unha-vila-mil-historias.htm

Dirección

Progreso 53
Orense
32003

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Inorde publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Inorde:

Atajos

Compartir