29/10/2026
Cata a Arte celebra a súa XII edición en novembro cunha proposta que une viño, música e solidariedade
A iniciativa desenvolverase os días 5, 12, 19 e 26 de novembro, coa participación de adegas e entidades do sector vitivinícola, actuacións musicais e un compromiso solidario coa Fundación Diego González Rivas.
Cata a Arte celebra este mes de novembro a súa XII edición, consolidándose como unha proposta que une cultura, viño, música e solidariedade. A iniciativa ofrecerá catro encontros nos que o público poderá g***r dunha experiencia que combina a degustación de viños coa música e o compromiso cunha causa solidaria.
A programación desenvolverase os días 5, 12, 19 e 26 de novembro, coa participación de distintas adegas e entidades representativas do sector vitivinícola. A primeira cita, o día 5, contará coa presenza de Casal do Canteiro e Adega Pousadoiro e coa actuación musical de Iago Vázquez. O día 12 será a quenda do CRDO Ribeiro, nunha sesión que contará con Lois Alonso . O 19 participará Casal de Armán, cunha actuación de Soul&Roll, mentres que a programación pecharase o día 26 coa participación da Bodega Alanís, nunha sesión que contará con Álvaro Alonso como DJ
Ao longo destas doce edicións, Cata a Arte aposta polo encontro entre a cultura vitivinícola e as propostas musicais, creando un espazo de convivencia no que descubrir viños, g***r da música e compartir experiencias. A iniciativa contribúe así á difusión da riqueza enolóxica galega e á dinamización da actividade cultural.
Unha edición marcada pola solidariedade
A dimensión solidaria volve ser unha das protagonistas desta edición. A iniciativa destinará a súa recadación solidaria á Fundación Diego González Rivas, apoiando a labor humanitaria que desenvolve esta entidade.
As entradas terán un prezo de 9 euros e poderán adquirirse a través da plataforma en liña Entradium.
Con esta XII edición, Cata a Arte reafirma o seu compromiso cunha cultura aberta, participativa e solidaria, na que o viño e a música se converten nun punto de encontro para g***r da cultura e colaborar cunha boa causa.