15/10/2026
👷🌳 𝗡𝗢𝗩𝗢 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗗𝗢𝗜𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗚𝗢 𝗧𝗘𝗥𝗥𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗟𝗘𝗡𝗚Ü𝗘𝗟𝗟𝗘 𝗜𝗜
O alcalde de Oroso, Alex Doval, participou na inauguración do novo obradoiro de emprego 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗟𝗲𝗻𝗴ü𝗲𝗹𝗹𝗲 𝗜𝗜, unha iniciativa conxunta dos concellos de Oroso, Trazo, Tordoia e Cerceda que combina formación, emprego e mellora dos espazos públicos.
👥 Durante 𝟵 𝗺𝗲𝘀𝗲𝘀, un total de 𝟮𝟬 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗱𝗲𝘀𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲𝗴𝗮𝗱𝗮𝘀 recibirán formación nas especialidades de conservación e mellora de montes e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
🌿 O programa contempla 𝟯𝟱 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 nos catro municipios, con traballos de mantemento, limpeza, roza, plantación e acondicionamento de diferentes espazos públicos.
👉 𝗡𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝘃𝗮𝗶 𝗱𝗲 𝗹𝗲𝘅𝗶𝘀𝗹𝗮𝘁𝘂𝗿𝗮, 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝟯𝟬 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗢𝗿𝗼𝘀𝗼 𝘅𝗮 𝗽𝗮𝘀𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗽𝗼𝗿 𝗼𝘀 𝗼𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲𝗴𝗼, adquirindo formación e experiencia profesional para mellorar as súas oportunidades laborais.
Dende o Concello de Oroso agradecemos a colaboración entre administracións e desexámoslle moito éxito ao alumnado nesta nova etapa. 👏